Walter Gropius
Walter Gropius | |
---|---|
![]() |
|
Nome completo | Walter Adolf Georg Gropius |
Nacemento | 18 de maio de 1883 |
Berlín | |
Falecemento | 5 de xullo de 1969 |
Boston | |
Nacionalidade | Alemaña |
Ocupación | arquitecto e pedagoga |
Cónxuxe | Alma Mahler-Werfel e Ise Gropius |
Fillos | Manon Gropius |
Premios | Knight Commander's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Royal Gold Medal, Prêmio Goethe, Ernst Reuter Medal e Albert Medal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Walter Adolph Georg Gropius, nado o 18 de maio de 1883 en Berlín e falecido o 5 de xullo de 1969 en Boston, foi un arquitecto alemán[1], fundador da Bauhaus.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
As súas primeiras realizacións, antes da Primeira Guerra Mundial como a fábrica Fagus, amosan a súa preferencia por unha arquitectura sinxela e lóxica arredada dos estilos históricos. Gropius fundou en 1919 a Bauhaus de Weimar, trasladada en 1925 a Dessau, e foi o seu director ata 1928. Escola e obradoiro ó mesmo tempo, a Bauhaus foi unha das creacións culturais máis significativas e trascendentes do período de entreguerras, caracterizábase polo traballo en equipo e a colaboración de mestres creadores, a combinación de programas teóricos e prácticos, a produción de obxectos en materiais ben variados con destino á industria, o que puña ós alumnos en contacto directo co mundo do traballo.
Tras deixar a dirección da Bauhaus, Gropius proxectou barriadas en Alemaña caracterizadas a distribución de unidades de moitos pisos distanciadas entre si. A partir de 1934 viviu en Inglaterra e nos Estados Unidos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|