Zorza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zorza servida nun prato tradicional nunha taberna de León na cidade vella (Barrio Húmedo).

A zorza, xorza ou amoado é a carne, xeralmente de porco, picada e adubada, fundamentalmente con pemento, allo e sal, coa que se fan os chourizos[1].

A zorza ademais adoita frixirse en aceite e servirse coma tapa no noroeste peninsular[2].

É un prato típico galego, mais tamén asturiano, leonés, soriano, segoviano, abulensepalentinovalisoletano e burgalés[3], onde se coñece co nome castelán de picadillo. Sérvese como tapa ] quente en pratos acompañado de patacas e dun cacho de pan, viño, sidra ou cervexa.

Rosalía de Castro xa falaba da zorza en 1863 nos seus Cantares gallegos:

  • ...frixolada! Fígado con cebola ben frixida i unha folliña de laurel cheirosa, qu'inda a un morto ben morto dera vida de tan rica, tan tenra e tan sabrosa; Raxo en sorsa[4] cun cheiro que convida, i a sangre das morcillas sustanciosa en fregada caldeira rebotando, a que fagan morcillas convidando.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Definición en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014.  Arquivado 18 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. El Habla de Sandoval de la Reina. Jijas. Arquivado 24 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Julio Alonso Asenjo. 2004-2014
  4. Nota: Rosalía recolle o termo co seseo propio da zona de Santiago.
  5. Texto de Rosalía no Tesouro Informatizado da Lingua Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]