Salsa de tomate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salsa de tomate

A salsa de tomate ou mollo de tomate é unha salsa elaborada cociñando tomates maduros normalmente cun rustrido de allo, cebola ou outros ingredientes[1]. Dependendo do país poden engadirse máis ou menos ingredientes. No caso de Galicia adoita ser o rustrido de allo, cebola e, por veces, pementos. En España e Italia, unha fritura de cebolas, alfábega, sal, aceite, allo e varias especias. En México, por exemplo, engádenselle chiles vermellos, coandro, cebola, vinagre, limón e sal.

A salsa de tomate hoxe en día pode adquirirse envasada en múltiples formas (tomate natural triturado, tomate fritido, salsa de tomate á antiga etc...). Cómpre saber que noutros países de fala inglesa tales como Australia, Nova Zelandia, India e Gran Bretaña o termo salsa de tomate ("tomato sauce") refírese xeralmente ao condimento azucrado a base de tomates denominado en Galicia, ketchup. Nestes países, os mollos feitos con tomate chámanse mollos para pastas, mollo de polo etc., dependendo do seu uso.

Elaboración[editar | editar a fonte]

En xeral en Europa elabórase a salsa do tomate extraendo a polpa dos tomates moi maduros (na industria envasadora empréganse tomates verdes e por esta razón engaden azucre coa intención de eliminar o sabor acedo), adóitase facer un rustrido de cebolas con algunha verdura que inclúe: pemento, allo etc. Adóitase frixir todo xunto, o rustrido e a polpa dos tomates, durante unhas horas até que o mollo reduza o seu volume ás 2/3 partes. O seu emprego vai dende a elaboración de partida doutros mollos, como pode ser a salsa boloñesa, a cíngara etc. ou na elaboración das bases de pizza, ou en propias salsas de tomate envasadas.

Emprego en gastronomía[editar | editar a fonte]

Espaguetes con tomate.

Algunhas gastronomías do mundo empregan a salsa de tomate con grande intensidade, deste xeito tense na cociña grega que se emprega especiada con canela así como acompañada doutras especias gregas.

A cociña italiana emprega este mollo e os seus variantes nos pratos de pasta, como por exemplo os espaguetes á napolitana (spaghetti alla napolitana). Algúns italo-americanos denominan á salsa de tomate co termo "gravy", o "Sunday gravy" trátase dun mollo de tomate que contén carne (a miúdo carne de porco en albóndegas semellante ao ragù italiano) que se identifica como unha cociña italo-americana, este mollo serve xeralmente sobre a pasta.

Mollos derivados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]