Familia Brontë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anne, Emily e Charlotte Brontë, polo seu irmán Branwell (c. 1834). Pintouse tamén entre as súas irmás, máis despois borrou a súa imaxe para non barullar o cadro.
Autorretrato de Branwell Brontë, 1840

A familia Brontë ([ˈ|b|r|ɒ|n|t|i], comunmente {[-|t|eɪ]) foi unha familia literaria do século XIX asociado coa localidade de Haworth en West Riding of Yorkshire, Inglaterra. As irmás, Charlotte (1816–1855), Emily (1818–1848) e Anne (1820–1849), son célebres poetas e novelistas. Como moitas escritoras contemporáneas, publicaron inicialmente as súas obras con pseudónimos masculinos: Currer, Ellis e Acton Bell. As súas historias atraeron atención inmediata pola súa paixón e orixinalidade. Jane Eyre, de Charlotte foi a primeira que coñeceu o éxito, mentres que Wuthering Heights, de Emily, e The Tenant of Wildfell Hall, de Anne, foron aceptadas máis tarde como obras mestras da literatura.

As tres irmás e o seu irmán, Branwell (1817–1848), sentíanse moi próximos, e durante a súa infancia desenvolveron a súa imaxinación, primeiro a través de relatos orais e obras de teatro nun intricado mundo imaxinario, e logo a través da súa escritura colaborativa de historias cada vez máis complexas.

As mortes, primeiro da súa nai, e logo das dúas irmás máis vellas, marcaron a familia profundamente e influíron na súa escritura, como tamén fixo o illamento relativo en que creceron.

A súa casa en Haworth, Yorkshire, converida no Brontë Parsonage Museum, é un lugar de peregrinación para centos de miles de visitantes cada ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]