Charlotte Brontë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlotte Brontë
AlcumeCurrer Bell, Lord Charles Wellesley e Captain Tree
Nacemento21 de abril de 1816 e 1816
Lugar de nacementoThornton, West Yorkshire
Falecemento31 de marzo de 1855 e 1855
Lugar de falecementoHaworth
Causahiperémese gravídica e tuberculose
SoterradaSt Michael and All Angels' Church, Haworth
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo inglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterPensionnat de Demoiselles
Ocupaciónpoeta, novelista, escritora, institutriz e mestra
PaiPatrick Brontë
NaiMaria Branwell
CónxuxeArthur Bell Nicholls
IrmánsEmily Brontë, Anne Brontë, Elizabeth Brontë, Maria Brontë e Patrick Branwell Brontë
Coñecida porJane Eyre, Villette, Shirley, The Professor e Poems by Currer, Ellis, and Acton Bell
Na rede
IMDB: nm0111576 Allocine: 38218 Allmovie: p316202 TCM: 767837 Metacritic: person/charlotte-bronte TV.com: people/charlotte-bront IBDB: 4817
Musicbrainz: 36a14aa2-0dec-4d7e-a843-9ed51ab33d48 Discogs: 597355 IMSLP: Category:Brontë,_Charlotte WikiTree: Brontë-4 Find a Grave: 1708 Genius: Charlotte-bronte Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charlotte Brontë, nada en Thornton (West Yorkshire), o 21 de abril de 1816 e finada en Haworth o 31 de marzo de 1855, foi unha novelista inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brontë filla de Patrick Brontë, crego de orixe irlandesa, e Maria Branwell. Tiña cinco irmáns: Emily, Anne, Maria, Elizabeth e Branwell. En 1820, seu pai foi nomeado reitor do hoxe famoso Haworth, un pobo de Yorkshire, a onde a familia trasladouse a vivir e onde os irmáns comezaron a crear o seu fantástico mundo, escribindo as historias dos reinos imaxinarios de Anglia, de Charlotte e Branwell, e Gondal, propiedade de Emily e Anne. Das crónicas de Anglia consérvanse moitos cadernos, pero de Gondal ningún.

A nai de Charlotte morreu o 21 de setembro de 1821 e, en agosto de 1824, Charlotte e Emily foron enviadas coas súas irmás máis vellas, Maria e Elizabeth, ao colexio de Clergy Daughters, en Cowan Bridge (Lancashire), onde caeron enfermas de tuberculose. Neste colexio inspirouse Charlotte Brönte para describir o sinistro colexio Lowood que aparece na súa novela Jane Eyre. Maria e Elizabeth volveron enfermas a Haworth e morreron de tuberculose en 1825. Por este motivo e polas pésimas condicións do colexio a familia sacou a Charlotte e a Emily do internado.

En 1842 Charlotte e Emily quixeron abrir unha escola privada e, para mellorar o seu francés, ingresaron nun internado privado de Bruxelas, pero ao morrer a súa tía víronse na obriga de volver. Emily quedou como administradora da casa e Anne púxose a traballar como institutriz cunha familia preto de York, na que tamén entrou a traballar o seu irmán de mestre particular. As experiencias que Charlotte viviu en Bruxelas servíronlle ao seu regreso para plasmar a soidade, nostalxia e illamento de Lucy Snow na súa novela Villete (1853). Ao seu irmán Branwell despedírono acusado de namorarse da muller do seu patrón e empezou a recorrer cada vez máis ao opio e a bebida.

Despois, as tres irmás escribiron novelas. A primeira que se publicou foi Jane Eyre (1847), de Charlotte, que tivo un éxito inmediato. Agnes Grey[1], de Anne, e Cumes Torboentos, de Emily, apareceron máis adiante naquel mesmo ano. Ao regresar a Haworth despois de ir un tempo a ver aos seus editores, atoparon a Branwell a piques de morrer. A súa irmán Emily morreu de tuberculose en 1848. Anne tamén morreu da mesma enfermidade en 1849, un ano despois de publicar a súa segunda novela, The Tenant of Wildfell Hall.

Charlotte casou en 1854 co coadxutor do seu pai, Arthur Bell Nicholls, que foi o cuarto home en propoñerllo. O 31 de marzo de 1855, estando embarazada, enfermou e morreu de tuberculose, como as súas irmás.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Traducida ao galego por Ana Rozados e publicada na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego en 2020, e tan só semanas máis tarde publicada en papel por Irmás Cartoné nunha segunda tradución a cargo de Celia Recarey.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]