Efecto Matilda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto Matilda é o prexuízo en contra de recoñecer as achegas de mulleres científicas na investigación, cuxo traballo adoita atribuírselles aos seus compañeiros varóns. O efecto foi descrito por primeira vez pola sufraxista e abolicionista do século XIX, Matilda Joslyn Gage, no seu ensaio Woman as an Inventor.[1] O termo foi acuñado en 1993 pola historiadora de ciencias Margaret W. Rossiter,[2][3] e que segundo Jennifer S. Light faría referencia ao fenoméno polo que

Os individuos no cumio das xerarquías profesionais son obxecto de repetida publicidade e convértense en parte dos rexistros históricos, mentres que os individuos subordinados non o son e desaparecen rapidamente da memoria histórica [4]
Efecto Matilda

O efecto Matilda está relacionado co efecto Mateo, xa que científicos eminentes reciben a miúdo máis crédito que un investigador comparativamente descoñecido, aínda que o seu traballo sexa conxunto ou similar.[3] Rossiter presenta varios exemplos deste efecto: Trótula, unha médica italiana (séculos XI-XII), escribiu libros que foron atribuídos a autores homes despois da súa morte, e a hostilidade cara ás mulleres levou ás profesoras e médicas a negar incluso a súa existencia. Os casos do século XX que ilustran o efecto Matilda inclúen os de Nettie Stevens,[5][6] Maria Skłodowska Curie (foi incluída no Premio Nobel de Física en 1903 só por insistencia dun membro do comité -o matemático sueco Magnus Goesta Mittag-Leffler- e o seu marido Pierre Curie),[7] Lise Meitner,[8] Marietta Blau, Rosalind Franklin[8], Agnes Pockels [8] e Jocelyn Bell Burnell.[9]

Investigacións[editar | editar a fonte]

A partir da análise de máis de mil artigos científicos publicados entre 1991 e 2005 nunha única revista e as citas que estes artigos recibiran demostrouse que os científicos masculinos amosaban unha "tendencia desproporcionada"[10] a citar os traballos de autores masculinos con máis frecuencia que os de autoras femininas, mentres que as autoras non demostraban ter unha preferencia á hora de citar os traballos de colegas masculinos ou femininos.[11] En 2012, dous investigadores da Universidade Radboud Nijmegen demostraron que nos Países Baixos o xénero dos candidatos á praza de profesor inflúe na súa avaliación.[12] Descríbense casos similares nun estudo italiano[13], que corroboraron estudos nos Estados Unidos e España.[14][15]

Un estudo da universidade de Princeton identificou, a través dun experimento no que se valoraba o acceso a unha hipotética praza de laboratorio, o nesgo de xénero como un dos posibles factores que inciden na disparidade de representación do xénero feminino no mundo academico.[16] Os científicos homes dos Estados Unidos reciben máis recoñecementos e premios que as súas compañeiras femininas, incluso con logros similares.[17] Esta diferenza reduciuse: foi máis pronunciada na década de 1990 que na década de 2000.[18] Aos científicos cústalles aceptar o nesgo de xénero que prexudica ás científicas.[19][20]

Ben Barres, que foi neurobiólogo en Stanford e fixo a transición de muller a home, nun artigo para a revista Nature refutou as hipóteses sobre as menores capacidades innatas das mulleres na área STEM e falou da súa experiencia persoal e como el mesmo tardou en recoñecer o nesgo de xénero na academia. Segundo el, o feito de non recoñecer o nesgo de xénero cando existe é tan probable en individuos homes como en mulleres,[21] razón pola que é necesario poñer en marcha estratexias concretas como: asegurar a diversidade no liderado e nos órganos das institucións; asegurar a diversidade nos referentes a seguir dentro do mundo académico, tendo en consideración a calidade e non a cantidade da produción académica á hora de acceder a determinados postos; facer visibles os actos que supoñen unha clara discriminación e asegurar que os procesos competitivos sexan xustos axustando o seu deseño para garantir o acceso en verdadeiras condicións de igualdade.[22][23]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Exemplos famosos de mulleres na historia da ciencia inclúen:

  • Trótula: médica italiana que viviu entre o século XI e o XII, autora de obras que despois da súa morte comezaron a publicarse e atribuírse a autores masculinos.[24] Para dar máis apoio á idea de autoría masculina, cuestionouse a propia existencia da autora.[25]
  • Rosalind Franklin: agora recoñecida como unha das principais responsables de descubrir a estrutura do ADN. Por este descubrimento, Francis Crick e James Dewey Watson recibiron o premio Nobel en 1962, e o traballo de Franklin non recibiu o debido recoñecemento. Franklin estaba morta cando se outorgou ese premio Nobel.
  • Gerty Cori: traballou durante anos como axudante do seu marido a pesar de ter iguais cualificacións para o posto de profesor universitario.
  • Harriet Zuckerman: como resultado do efecto Matilda, Zuckerman non aparecía como coautora no artigo de Robert K. Merton sobre o efecto Mateo.[26][27]
  • Mary Whiton Calkins:[28] foi a inventora da técnica de aprendizaxe por asociación de pares,[29][30] que consiste na asociación de dous elementos para mellorar o recordo dun deles, e nos que xoga un papel importante o estímulo sensorial.[31] Tamén descubriu que a duración da exposición levou a unha mellor memoria. Estes descubrimentos, xunto co seu método de asociación vinculada, foron utilizados posteriormente por Georg Elias Müller e Edward B. Titchener sen dar ningunha credencia a Calkins.[32]
  • Marthe Gautier: agora Gautier é recoñecida polo seu importante papel no descubrimento da anormalidade cromosómica que causa a síndrome de Down, que fora atribuído exclusivamente a Jérôme Lejeune.[33][34][35]
  • Nettie Stevens: os seus estudos cruciais sobre invertebrados demostraron que o sexo dos organismos está determinado por cromosomas máis que por factores ambientais. Stevens influíu enormemente na transición da comunidade científica a esta nova liña de investigación, a determinación do sexo cromosómico.[36] Non obstante, Thomas Hunt Morgan, un distinguido xenetista da época, xeralmente ten crédito para este descubrimento.[37] A pesar do seu extenso traballo no campo da xenética, as contribucións de Stevens ao traballo de Morgan a miúdo son ignoradas.[38]
  • Programadoras do ENIAC: moitas mulleres contribuíron substancialmente ao proxecto, incluíndo Adele Goldstine, Kay McNulty, Betty Jennings, Betty Snyder, Marlyn Wescoff, Fran Bilas e Ruth Lichterman, pero na narrativa contemporánea do ENIAC non adoitan figurar agás contadas ocasións. No ensaio de Jennifer S. Light, When computers were women. faise unha análise da asociación da área de software como unha área menos tecnolóxica en comparación co ensalzamento dos aspectos do hardware e de enxeñaría aplicada do ENIAC. Segundo esta autora, que fai un traballo de contextualización do que significou a segunda guerra mundial no acceso a determinados postos do mercado de traballo ata o daquela reservados ós varóns, na construción desta narrativa os esforzos das traballadoras do ENIAC foron minimizados ao ser disociados dos logros e funcionamento da propia máquina. Considerábase que a tarefa de programación non implicaba o coñecemento do hardware, cando hai documentación que indica que si posuían estes coñecementos e que foron relevantes para o éxito das rutinas de programación.[39]

Exemplos de científicos masculinos favorecidos por científicas femininas no premio Nobel[editar | editar a fonte]

Outros usos[editar | editar a fonte]

Aínda que o efecto Matilda foi acuñado para referirse á invisibilidade das mulleres no eido científico tamén foi empregado recentemente para falar da invisibilidade das fotógrafas galegas.[52]

O fenómeno recorrente, ao longo da historia e na maioría das culturas, de ocultación das mulleres e referentes femininos en diferentes ámbitos da sociedade, especialmente os de maior prestixio foi acuñado como criptoxinia por Begonya Pozo e Carles Padilla, docentes da Universidade de Valencia. Ademais difundiron o termo publicamente por primeira vez o 5 de febreiro de 2020 nun artigo publicado nun diario dixital.[53]

Proxectos para eliminalo[editar | editar a fonte]

En 2021 están activos varios proxectos para procurar eliminar este efectoː campañas de visibilización e asociacións de mulleres científicas entre eles.[54] A inicios de 2021, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) publicou a iniciativa #NoMoreMatildas.[55]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gage, Matilda Joslyn (1883). "Woman as an Inventor". The North American Review 136 (318): 478–489. ISSN 0029-2397. 
  2. Rossiter, Margaret W. (1993-05). "The Matthew Matilda Effect in Science". Social Studies of Science (en inglés) 23 (2): 325–341. ISSN 0306-3127. doi:10.1177/030631293023002004. (require rexistro (?)). 
  3. 3,0 3,1 González García, Marta I. Ciencia, tecnología y género (PDF). Consejo Nacional de Ciencia y Tecnología (CONACYT) - Paraguay. ISBN 978-99967-867-0-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28-05-2020. Consultado o 13-4-2020. 
  4. Cita orixinal:"Individuals at the top of professional hierachies receive repeated publicity and become part of historical records, while subordinates do not, and quickly drop from historical memory" citado en Light, J. (1999). "When Computers Were Women". Technology and Culture 40 (3): 482. (require subscrición (?)).  en referencia a Rossiter, Margaret W. (1993-05). "The Matthew Matilda Effect in Science". Social Studies of Science (en inglés) 23 (2): 325–341. ISSN 0306-3127. doi:10.1177/030631293023002004. (require rexistro (?)). 
  5. Resnick, Brian (2016-07-07). "Nettie Stevens discovered XY sex chromosomes. She didn't get credit because she had two X’s.". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  6. Martínez Pulido, Carolina (2005). "Una científica pionera en la historia de la biología: Nettie María Stevens". Clepsydra (en castelán) (4). ISSN 1579-7902. 
  7. 7,0 7,1 "Marie Curie - Recognition and Disappointment (1903-1905)". history.aip.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-13. 
  8. 8,0 8,1 8,2 García Dauder, Silvia; Pérez Sedeño, Eulalia (2017). Las "mentiras" científicas sobre las mujeres. Madrid: Catarata. ISBN 978-84-9097-265-6. OCLC 979888125. 
  9. Azancot, Nuria. "Científicas invisibles: el efecto Mathilda". El Cultural (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  10. Cita orixinal:" Male scholars indeed showed a disproportionated preference for citing male scholars, whereas female scholars did not show a preference for citing male or female scholars" p. 21
  11. Knobloch-Westerwick, Silvia; Glynn, Carroll J. (2011-08-23). "The Matilda Effect—Role Congruity Effects on Scholarly Communication". Communication Research (en inglés) 40 (1): 3–26. ISSN 0093-6502. doi:10.1177/0093650211418339. 
  12. van den Brink, Marieke; Benschop, Yvonne (2011-07-29). "Gender practices in the construction of academic excellence: Sheep with five legs". Organization (en inglés) 19 (4): 507–524. ISSN 1350-5084. doi:10.1177/1350508411414293. (require subscrición (?)). 
  13. Cerroni, Andrea; Simonella, Zenia (2012-05-24). "Ethos and symbolic violence among women of science: An empirical study". Social Science Information (en inglés) 51 (2): 165–182. ISSN 0539-0184. doi:10.1177/0539018412437102. (require subscrición (?)). 
  14. Hegarty, Peter; Walton, Zoe (2012-01). "The Consequences of Predicting Scientific Impact in Psychology Using Journal Impact Factors". Perspectives on Psychological Science (en inglés) 7 (1): 72–78. ISSN 1745-6916. doi:10.1177/1745691611429356. (require subscrición (?)). 
  15. Jiménez-Rodrigo, María Luisa; Martínez-Morante, Emilia; García-Calvente, María del Mar; Álvarez-Dardet, Carlos (2008-06-01). "Through gender parity in scientific publications". Journal of Epidemiology & Community Health (en inglés) 62 (6): 474–475. ISSN 0143-005X. PMID 18477742. doi:10.1136/jech.2008.074294. (require subscrición (?)). 
  16. Moss-Racusin, Corinne A.; et al. (2012-10-09). "Science faculty's subtle gender biases favor male students". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 109 (41): 16474–16479. ISSN 1091-6490. PMC 3478626. PMID 22988126. doi:10.1073/pnas.1211286109. 
  17. Lincoln, Anne E.; Pincus, Stephanie; Koster, Janet Bandows; Leboy, Phoebe S. (2012-04). "The matilda effect in science: awards and prizes in the US, 1990s and 2000s". Social Studies of Science 42 (2): 307–320. ISSN 0306-3127. PMID 22849001. doi:10.1177/0306312711435830. 
  18. Crettaz von Roten, Fabienne (2010-08-18). "Gender Differences in Scientists’ Public Outreach and Engagement Activities". Science Communication (en inglés) 33 (1): 52–75. ISSN 1075-5470. doi:10.1177/1075547010378658. (require subscrición (?)). 
  19. Handley, Ian M.; et al. (2015-10-27). "Quality of evidence revealing subtle gender biases in science is in the eye of the beholder". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 112 (43): 13201–13206. ISSN 0027-8424. PMC 4629390. PMID 26460001. doi:10.1073/pnas.1510649112. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2020. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  20. "Algunos detalles del sesgo de género en la ciencia". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-04-17. Consultado o 2020-04-18. 
  21. Cita orixinal: "Remarkably, women are as likely as men to deny the existence of gender-based bias" p. 134
  22. Macho, Marta (2014-09-27). "Ben y su hermana Barbara". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-21. 
  23. Barres, Ben (13 de xullo de 2006). "Does Gender Matter?". Nature 442: 133–136. 
  24. Rossiter, Margaret W. (1993). "The Matthew Matilda Effect in Science". Social Studies of Science 23 (2): 328. ISSN 0306-3127. 
  25. Gutiérrez, Patricia González (2018-11-08). "Cuando solo nos queda enseñar las cartas: sesgos androcéntricos en el análisis de la vida de Trota de Ruggiero". Nomadías (en castelán) (25): 55–67. ISSN 0719-0905. doi:10.5354/no.v0i25.51505. 
  26. "Mujer, ciencia y discriminación: del efecto Mateo a Matilda". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-11-17. Consultado o 2020-03-21. 
  27. Merton, Robert (1988). "The Matthew Effect in Science, II Cumulative Advantage and the Symbolism of Intellectual Property" (PDF). ISIS (79): 606–623. 
  28. Dauder, Dau García (2005). "Mary Whiton Calkins: la Psicología como ciencia del Self". Athenea Digital: revista de pensamiento e investigación social (8): 350–377. ISSN 1578-8946. 
  29. "Paired-Associate Learning". psychology.jrank.org (en inglés). Consultado o 2020-04-27. 
  30. "Aprendizaje por Asociación de Pares". biblioteca.fment.umsa.bo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-27. 
  31. Martínez Mazaga, Uxune (2014-11-26). "Mary Whiton Calkins (1863-1930): brillante doctora sin tesis reconocida". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-21. 
  32. gabriellebirchak. "The Matilda Effect" (en inglés). Consultado o 2020-08-02. 
  33. "Marthe Gautier, la trisomía 21 y el efecto Matilda". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-04-03. Consultado o 2020-03-21. 
  34. Gautier, Marthe (2009-03). "Cinquantenaire de la trisomie 21: Retour sur une découverte". médecine/sciences 25 (3): 311–316. ISSN 0767-0974. doi:10.1051/medsci/2009253311. 
  35. Maouche, Seraya (3 de setembro de 2015). "Découverte de la trisomie 21 – La Fondation Jérôme Lejeune répond à l’avis du comité d’éthique de l’INSERM". Ethique et Intégrité Scientifique (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2020. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  36. Hagen, Joel (1996). Doing Biology. Glenview, IL. 
  37. 37,0 37,1 37,2 "6 Women Scientists Who Were Snubbed Due to Sexism". 
  38. "Nettie Maria Stevens (1861-1912) The Embryo Project Encyclopedia". 
  39. Light, Jennifer S. (1999). "When Computers Were Women". Technology and Culture 40 (3): 455–483. ISSN 0040-165X. (require rexistro (?)). 
  40. "Frieda Robscheit-Robbins, patóloga". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-06-08. Consultado o 2020-03-21. 
  41. Rossiter, Margaret W. (1993). "The Matthew Matilda Effect in Science". Social Studies of Science 23 (2): 329. ISSN 0306-3127. 
  42. "El efecto Matilda en la galería: mujeres en los museos de historia de la ciencia". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-01-12. Consultado o 2020-04-13. 
  43. "ScienceWeek". 2013-04-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  44. Sime, Ruth Lewin (2012-10-01). "Marietta Blau in the history of cosmic rays". Physics Today 65 (10): 8–8. ISSN 0031-9228. doi:10.1063/PT.3.1728. 
  45. Sime, Ruth Lewin (2013-03-01). "Marietta Blau: Pioneer of Photographic Nuclear Emulsions and Particle Physics". Physics in Perspective (en inglés) 15 (1): 3–32. ISSN 1422-6960. doi:10.1007/s00016-012-0097-6. 
  46. Bolívar, Jorge (Gutiérrez Bolívar), (2018). Científicas : la apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia. [Córdoba]: Guadalmazán. ISBN 978-84-946085-6-8. OCLC 1084456183. 
  47. "Chien-Shiung Wu, la reina de la física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-11-10. Consultado o 2020-04-13. 
  48. "Esther Lederberg, pionera de la genética bacteriana" (PDF). Semicrobiologia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25-01-2021. Consultado o 14-4-2020. 
  49. "Esther Lederberg, pioneer in genetics, dies at 83". Stanford News. Consultado o 13-4-2020. 
  50. "Female physicist “snubbed” for Nobel Prize recognized as “Woman of the Year”". Women in the World (en inglés). 2015-10-20. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 2020-04-13. 
  51. Erill Sáez, Sergio,. La Ciencia oculta. Barcelona. ISBN 978-84-945061-7-8. OCLC 1022578609. 
  52. Castelao, Carlos (21-3-2020). "O efecto Matilda na fotografía galega". Sermos Galiza. 
  53. Padilla, Begonya Pozo, Carles (2020-02-05). "Criptogínia: una paraula nova per a un fenomen antic". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-01-09. 
  54. "O movemento demóstrase andando, o machismo calculando". Praza Pública. 2021-02-11. Consultado o 2021-02-12. 
  55. "#NoMoreMatildas". #NoMoreMatildas. Consultado o 2021-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]