Saltar ao contido

Conversa:Efecto Matilda

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Efecto Matilda. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de marzo de 2020 ás 00:59 (UTC)[responder]

Credencia

[editar a fonte]

É o termo correcto? Lles (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 09:06 (UTC)[responder]

Definición e cita

[editar a fonte]

Segundo a definición proporcionada no artigo e a cita que aparece despois, non entendo a distinción entre efecto Matilda e efecto Mateo. Refírome concretamente á cita proporcionada de Margaret Rossiter, que case podería servir para o efecto Mateo, e que non concorda moi ben coa definición do primeiro parágrafo do artigo. A cita é: "Os individuos no cumio das xerarquías profesionais son obxecto de repetida publicidade e convértense en parte dos rexistros históricos, mentres que os individuos subordinados non o son e desaparecen rapidamente da memoria histórica". Tal como o entendo eu, creo que o efecto Matilda refírese máis ben especificamente ás mulleres, ás que non se lles deu suficiente crédito polos seus traballos polo feito de seren mulleres, mentres que o efecto Mateo refírese especificamente aos subordinados, aos que se lles dá menos crédito que aos investigadores xefes en posición académica xerárquica superior ou máis famosos. É certo que as mulleres, ademais de que eran discriminadas por ser mulleres, tamén adoitaban estar en posición subordinada, pero, de todos modos, hai que distinguir entre efecto Matilda e efecto Mateo. Por exemplo, na wikipedia inglesa pon isto sobre o efecto Mateo: "a prize will almost always be awarded to the most senior researcher involved in a project, even if all the work was done by a graduate student". Por último, cando se di sobre Trótula que "a hostilidade cara ás mulleres levou ás profesoras e médicas a negar incluso a súa existencia", quere dicir que foron as profesoras e as médicas as que non lle deron o crédito ou foron os profesores e os médicos?--Miguelferig (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 08:44 (UTC)[responder]

Concordo e a cita é a que é. Acabo de modificar unha das citas, porque no seu título aparece o termo Matthew riscado. Non é casual, xa que nela fala dos dous efectos. [1]Mágoa que non é un texto en acceso aberto, así que vou deixar aquí un pouco de información para que algunha das persoas que editaron nel se animen a integrar unha aclaración. Respecto a Trótula, semella un erro, pode que ata meu cando revisei o artigo, pero quen sabe bastante de Trótula é @AmeliaVR2019, así que a ver se se anima a arranxalo ela.
Efecto Matilda

que toma o nome de Matilda Joslyn Gag en parte polo seu artigo Woman as inventor, indicado ao inicio do artigo como a primeira vez que se trata de describir o fenómeno. Rossiter explica na sección do artigo titulada "In Search for a Name" [1] as distintas opcións entre as que escolleu finalmente Matilda, por ser "a nineteenth century American feminist, suffragist, critic of religion and the Bible, and early sociologist of science, who glimpsed what was happening (...)". O termo é acuñado no 1993 por Rossiter, que tenta distinguilo ou máis ben matizalo, nese artigo, do efecto Mateo.[1]

Efecto Mateo
acuñado en 1968 por Robert K Merton; usa o nome Mateo (Matthew) polo do evanxelista Mateo.Cito:
a kind of 'halo effect' experienced for weel-known scientists who find work attributed to themselves which they di not do (or did not do totally alone)

que viría de Mateo 13:12, que nunha tradución moderna viría dicir "Whoever has will be given more, and they will have an abundance. Whoever does not have, even what they have will be taken from them" [2]

Cal é a diferenza que establece Rossiter?

Pois que se ben o efecto Mateo fala da parte positiva (alguén leva un mérito que non lle corresponde), Rossiter fai fincapé na segunda parte e consecuencia da primeira, que en teoría tamén sería parte do efecto Mateo, pero que, pola contra non tivo moita atención por parte da academia; aquelas persoas ás que se lle retiraba o mérito das cousas que realmente si fixeran. E pon o foco aquí obviamente apoiada polo argumento das relacións de poder que establecen/eron ao longo da historia unha terrible diferenza entre o traballo intelectual feminino respecto do masculino. De aí o efecto Matilda.

Que facemos coa cita literal da definición de Rossiter?

Bueno, eu entrera a revisar o artigo, que non incluía unha definición literal/clara. Agora ben, no artigo de 1993 non aparece ese texto. Pero outras fontes indicaban que si existe este texto. É posible que Rossiter si fixera esa definición, pero noutro artigo diferente, pero como non teño xa acceso ao artigo de Light onde debería vir indicado, pois non o sei, pero algo pasou: ou ben Light non indica o artigo (distinto do de 1993) ou cita -erroneamente- este de 1993 onde non vén, porque do contrario eu teríao incluído. Vese que ao final decidín mantelo, pero actuando con rigor, se non aparece esta cita nun artigo concreto orixinal, habería que eliminar a cita literal orixinal, claramente. Pero para poder comprobar isto que digo hai que ter unha subscrición. Non sei se alguén terá acceso inmediato para comprobalo. Eu pode que gardase copia do pdf que solicitara no seu momento para comprobalo. Dádeme un tempiño para localizalo.
Actualizo: como se indicaba xa, o artigo de Light é accesible baixo rexistro, non subscrición. Light dá esa cita literal e indica que está no artigo de 1993 de Rossiter, onde non a atopo. Outro caso dos moitísimos de citas erradas, en fin. Deixo ao voso criterio mantela, baseandonos en que é unha definición que Jennifer S. Light fai por si mesma logo de ler o artigo de Rossiter ou eliminala. O problema que vexo é que o artigo de 1993 non fornece unha definición tan específica, na miña opinión.
De momento e para o resto creo que o que xa indiquei máis arriba pode axudar a reformular a explicación @Miguelferig

Referencias

  1. 1,0 1,1 1,2 Rossiter, Margaret W. (1993-05). "The Matthew Matilda Effect in Science". Social Studies of Science (en inglés) 23 (2): 325–341. ISSN 0306-3127. doi:10.1177/030631293023002004. (require rexistro (?)). 
  2. MAteo 13:12

Saúdos- Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 12:29 (UTC)[responder]

Aviso para as persoas que editaron a páxina: @Fis-mulleres @Lles @MAGHOI@Jglamela @Miguelferig@Chairego apc@Estevoaei@HombreDHojalata . Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 13:10 (UTC)[responder]