Eduard del Castillo Velasco
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1982 (41 anos) Barcelona, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | poeta, profesor de ensino secundario, tradutor, profesor de catalán |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Eduard del Castillo Velasco, máis coñecido como Eduard Velasco, nado en Barcelona o 22 de decembro de 1982, é un filólogo, tradutor e escritor catalán vinculado ás culturas catalá e galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en filoloxía catalá e filoloxía galega pola Universidade de Barcelona, onde colaborou no Proxecto Galauda dirixido por Sabela Labraña.[2] Ten traballado como docente de catalán e de galego e en labores de tradución e corrección.
Foi colaborador de diversos medios galegos, como os xornais Vieiros, A Peneira ou Sermos Galiza. É membro de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (Ergac), de cuxo boletín A micro pechado foi redactor, e mantén o blog Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña.
En 2011 comezou a traballar no ILG[3] e publicou a tradución ao galego da novela de Emili Teixidor Pan negro.[4] Así mesmo é o tradutor ao catalán dalgúns relatos da coruñesa Begoña Paz.[5][6] En 2012 encargouse da tradución ao galego da primeira novela modernista catalá, Els sots feréstecs, que apareceu co título As valgadas bravas.
No curso 2013-2014 foi profesor de estudos cataláns na Universidade de Lisboa. Dende xuño de 2016 ata 2018 xestionou, xunto a poeta Alicia Fernández Rodríguez, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, de Compostela, como parte dun proxecto máis amplo no que tamén participa Antón Lopo.[7] En 2017 instálase en Cataluña, onde exerce a docencia.
A súa andaina como escritor en galego comeza con dous títulos premiados, Ruído de trens e O filósofo coxo. En 2019 publica a súa primeira novela, Os días felices de Benvido Seixas, unha novela que, segundo a sinopse, "enreda cos tópicos da cultura galega".
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ruído de trens (2015). Culleredo: Espiral Maior.[8] Limiar de Isaac Lourido. 49 páxs. ISBN 978-8492646906.
- O filósofo coxo (2017). Culleredo: Espiral Maior.[9] 50 páxs. ISBN 978-84-945967-5-9.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Os días felices de Benvido Seixas (2019). Vigo: Xerais.[10] 184 páxs. ISBN 978-84-9121-508-0. ePub: ISBN 978-84-9121-538-7.
Infanto xuvenil
[editar | editar a fonte]- Animalario de ler a diario (2022). Vigo: Xerais, Col. Merlín, de 7 anos en adiante. Ilustracións de Nuria Díaz. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-110-3. ePub: ISBN 978-84-1110-115-8. Libro de poemas infantís.[11]
Tradución
[editar | editar a fonte]Do catalán ao galego
[editar | editar a fonte]- Pan negro (título orixinal: Pa negre), de Emili Teixidor. Fundación Vicente Risco, 2011.
- As valgadas bravas (título orixinal: Els sots feréstecs), de Raimon Casellas. Editorial Hugin e Munin, 2012.[12]
- Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014.
- Palabras de Opoton O Vello, de Avel·lí Artís-Gener. Xerais, 2020.
Do galego ao catalán
[editar | editar a fonte]- "Cos de mudances" (título orixinal: Corpo de mudanzas), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universidade de Barcelona, 2011.
- "El pes del meu desig" (título orixinal: O peso do meu desexo), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universidade de Barcelona, 2011.
- El porc dempeus (título orixinal: O Porco de Pé), de Vicente Risco. Fundación Vicente Risco, 2013.
- Tants anys de silenci (título orixinal: Tantos anos de silencio), de Francisco Castro. Capital Books, 2020.
- Conquerir una espurna. Conquistar unha faísca. Escolma poética, de Ricardo Carvalho Calero. Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, Chan da Pólvora, 2020.
- Un senyor elegant (título orixinal: Un señor elegante), de Suso de Toro. Més Llibres, 2021.
- No pensis en un elefant rosa (título orixinal: Non penses nun elefante rosa), de Antía Yáñez. Contraluz, 2022.
- Enfeitar o ceo. Abillar el cel, de Florencio Delgado Gurriarán. Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, Chan da Pólvora, 2022.
- No hi queda ningú, de Brais Lamela. Kalandraka Catalunya, 2022
- La ferida imaginària (título orixinal: A ferida imaxinaria), de Berta Dávila. Les Hores, 2024.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A garza insomne (2016). Vigo: Galaxia.
Artigos
[editar | editar a fonte]- "O indruvidismo: unha filosofía esquecida", Cincocentas peneiras para 25 anos. Ponteareas: Edicións Alén-Miño, 2010.[13]
- “Sobre a tradución ao galego de Pa negre”. Viceversa: revista galega de tradución, 17-18 (2011-2012), p. 175-184.
- "Unha ollada á Galiza en liberdade", Luzes da Galiza, 47, 2011.
Premios
[editar | editar a fonte]- Primeiro premio no III Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo en 2014.[14]
- XXVII Premio de poesía Pérez Parallé en 2014.
- Premio de poesía Xosé María Díaz Castro do Concello de Guitiriz en 2017, por O filósofo coxo.[15][16]
- Premio Antón Losada Diéguez en 2020, por Os días felices de Benvido Seixas.[17]
- Finalista no Premio Merlín 2021 por Animalario de ler a diario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ Sabela Labraña e Eduard del Castillo presentaron conxuntamente unha comunicación en 2003 no VII Congreso Internacional da AIEG celebrado na Universidade de Barcelona, e recollido nas actas, "Catalán e galego: do coñecemento das linguas á convivencia das culturas".
- ↑ Como lingüista colaborou en diversos proxectos e publicacións, como o Corpus audiovisual plurilingüe (Barcelona: Edicions da Universitat de Barcelona, 2008), o libro docente Vencello do Proxecto Galauda, Bilega (en 2017) do Centro Ramón Piñeiro, entre outros.
- ↑ del Castillo Velasco, Eduard. "Emili Teixidor era o prodixio das palabras". Núvol (en catalán). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ Relato Cos de mudances Arquivado 04 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en catalán)
- ↑ Relato El pes del meu desig Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)
- ↑ Antón Lopo bota a andar unha editorial especializada en poesía Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza o 25 de maio de 2016.
- ↑ Nicolás, Ramón (2015-10-25). "Ruído de trens, de Eduard Velasco". Caderno da crítica. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ "Eduard Velasco fálanos de 'O filósofo coxo' CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-09.
- ↑ Rodríguez Díaz, Mª Olga (outubro, novembro, decembro 2022). "Humor e mestría para nenos e nenas sen idade". Grial LX (236): 116–117. ISSN 0017-4181.
- ↑ As valgadas bravas Arquivado 07 de setembro de 2017 en Wayback Machine., ficha na web de Hugin e Munin.
- ↑ Na conta Issuu de Eduard del Castillo aparece unha publicación en autoedición con título en galego e catalán, O lonxicornio: àgora internacional de pensament indrúvid, n. 1, solstici d'estiu 2011. Nel abúndase no indruvidismo e reprodúcese o manifesto con que o autor remata a súa colaboración para Cincocentas peneiras para 25 anos.
- ↑ Un calatán acada o primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, nova en Cronica3.com o 28 de outubro de 2014.
- ↑ "Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía" Arquivado 01 de marzo de 2017 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza, o 28 de febreiro de 2017.
- ↑ Palacios, Xosé María (28 de febreiro de 2017). "Eduard Velasco, gañador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2024.
- ↑ Camilo Nogueira e Eduard Velasco gañan o premio Antón Losada Diéguez
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog do autor
- Artigos de opinión de Eduard del Castillo Arquivado 25 de abril de 2019 en Wayback Machine. en Sermos Galiza