Saltar ao contido

Pan negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pan negro
 Título
Pa negre Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Tradutor/a
Publicación
 Data de publicación
2003 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Pan negro[1], no orixinal catalán Pa negre, é unha novela da literatura catalá contemporánea escrita por Emili Teixidor en 2004. Foi traducida ao galego por Eduard del Castillo Velasco e publicada pola Fundación Vicente Risco[2] a finais de 2011.

Características

[editar | editar a fonte]

Está ambientada no rural catalán durante a época da posguerra en España. Os temas que trata son a conciencia moral e o descubrimento da sexualidade dun adolescente obrigado ao silencio para sobrevivir. O seu autor, Teixidor, é unha figura recoñecida de literatura xuvenil no seu país.

A obra está traducida a outras linguas e conta cunha versión cinematográfica[3], tamén chamada Pa negre, baixo a dirección de Agustí Villaronga.

  1. Ficha do libro[Ligazón morta]
  2. "Ficha na Fundación V. Risco". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  3. La novela en la que se basa 'Pa Negre' vende 20.000 ejemplares tras el estreno del filme, en La Vanguardia. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]