Antía Yáñez
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de agosto de 1991 Burela, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora |
| Premios | |
Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela o 9 de agosto de 1991, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Secundaria e Bacharelato no IES Perdouro (Burela).[1] Enxeñeira de camiños,[2] reside en Cecebre (Cambre), onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.
En 2018 gañou o premio Illa Nova con Senlleiras[3]. É a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais etc.
En 2020 entrou na directiva da AELG.[4] En 2022 publicou Non penses nun elefante rosa, onde trata o tema da saúde mental, en particular o TOC.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- O misterio de Portomarín (2016). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-021-8, 240 p.[6]
- Senlleiras (2018). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-190-8, 356 páxs.[7]
- A reconquista (2018). A Coruña: Baía Edicións. 26 páxs. Ilustracións: Ana Pedreira. ISBN: 788499952970.
- O misterio do torque de Burela (2019). Vigo: Galaxia. 222 páxs. Ilustracións de Kristina Sabaite. ISBN 978-84-9151-355-1.[8] Reeditado en 2025, Lectura fácil, con adaptación de Jesús Meiriño e ilustracións de Agustina Shuan, ISBN 978-84-1176-499-5.
- Be Water (2019). Arzúa: Cuarto de Inverno, 117 páxs. ISBN: 978-84-09-15876-8.
- Plan de rescate (2020). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xiana Teimoy. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-728-2. ePub: ISBN 978-84-9121-748-0[9]. Forma parte da '2023 IBBY Selection of Outstanding Books for Young People with Disabilities' xunto a outros 39 títulos de 24 países e en 17 linguas diferentes.[10]
- Non penses nun elefante rosa (2022). Vigo: Xerais. 424 páxs. ISBN 978-84-1110-069-4. ePub: ISBN 978-81-1110-065-9. Foi traducida ao castelán.[11]
- O clan das barbies (2024). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-607-8. ePub: ISBN 978-84-1110-601-6.[12] [13]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Entre donas (2020). A Coruña: Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[14] Relato de Antía Yáñez: "Fillas", páxs. 177-197.
- A garza alucinada. Certame de narracións breves Manuel Murguía 2022-2024 (2025). Santiago de Compostela: Alvarellos Editora. 218 páxs. ISBN 978-84-18567-78-0. Relato de Antía Yáñez: "As regras", páxs. 145-171.
Premios
[editar | editar a fonte]- Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria, 2013.
- Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, 2014.
- Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre en 2016.
- Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, 2017.
- Premio de narrativa Illa Nova, 2018.[15]
- I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola Igualdade, 2018, ex aequo, por A reconquista.
- III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, por Plan de rescate, 2019.
- Premio dos Clubs de Lectura 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.[16]
- XIX do Premio de xornalismo Johán Carballeira en 2022 pola súa crónica "A saúde mental en Galicia, en bragas", un texto publicado na revista Luzes.[17]
- XXXIII Edición do Certame Manuel Murguía de narracións breves 2024 por As regras.[18]
- 2ª edición do certame As mulleres que opinan (2024), polo artigo As leis de Newton.[19]
- XIX Premio Raíña Lupa, modalidade infantil (2025), por Bragakadabra.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Basanta Díaz, Irene (5 de marzo de 2019). "Entrevista a Antía Yáñez". Perdourando (blog). Consultado o 17 de maio de 2022.
- ↑ "Antía Yáñez Rodríguez". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2018. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ Antía Yáñez, premio Illa Nova pola súa novela «Senlleiras»
- ↑ Diario, Nós. "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-11-26.
- ↑ Corada, Eva S. (24 de novembro de 2022). "Antía Yáñez: «Las personas con trastornos psicológicos somos expertas en disimular»". La Razón (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2023.
- ↑ "O misterio de Portomarín". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ "Senlleiras". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ "O misterio do torque de Burela". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ Montero Chacón, Mª Carmen (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Unha aposta pola inclusión e pola igualdade". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 100–101. ISSN 0017-4181.
- ↑ "O libro 'Plan de rescate', de Antía Yáñez, na lista internacional de obras infantís e xuvenís sobre a discapacidade". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-01-11.
- ↑ Yáñez, Antía. "No pienses en un elefante rosa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-12.
- ↑ "O clan das barbies - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-10-31.
- ↑ Sambade, Rosalía (outubro, novembro, decembro 2025). "Barbies: violencia nun futuro infértil". Grial. LXIII (248): 78–79. ISSN 0017-4181.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ Sermos Galiza (ed.). "Antía Yáñez recolle o premio Illa Nova de Narrativa coa obra "Senlleiras"". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2018. Consultado o 20 de abril de 2018.
- ↑ "Premio dos Clubs de Lectura 2022 para Antía Yáñez Rodríguez Consellería de Cultura, Educación e Universidade". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2022-04-25.
- ↑ "Antía Yáñez, gañadora do XIX Premio Johan Carballeira de Xornalismo". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-05-04.
- ↑ asociacionescritoras-es (2024-05-13). "Antía Yáñez gaña o XXXIII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo Axenda cultural AELG::". Consultado o 2024-05-14.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2024-06-10). "As lucenses María Piñeiro e Antía Yáñez gañan a segunda edición do certame 'As mulleres que opinan'". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-06-10.
- ↑ Diario, Nós (2025-10-21). "Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 coa obra 'Bragakadabra'". Nós Diario. Consultado o 2025-10-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública, 13-10-2018
- Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública, 03-01-2020