Edelmiro Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdelmiro Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Edelmiro M. Fernández Parada Editar o valor em Wikidata
1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Edelmiro Fernández Parada nado en Ribeira en 1973, é un gaiteiro galego.

Ten unha longa traxectoria como gaiteiro durante o que gañou un gran número de premios tanto en Galicia como no exterior, destacando o Trofeo MacCrimmon de Gaita, que gañou catro veces e o acredita como un dos mellores gaiteiros do mundo. Participou en numerosas gravacións con diversos artistas e agrupacións musicais e é profesor de gaita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 12 anos comezou a tocar a gaita na escola municipal de Ribeira,[1] formando parte da banda de gaitas Ancoradoiro, coa que participou en concursos, gravacións e actuacións en toda a xeografía nacional. Tamén formou parte do cuarteto do mesmo nome, co que participou en varios certames, o primeiro deles no Festival Intercéltico do Morrazo, en 1986, no que obtiveron o cuarto premio. A partir de aí, obtiveron numerosos premios, entre os que destacan o primeiro premio no "Concurso Rexional de Gaitas" de Ponteareas en 1993 e os primeiros premios obtidos nos concursos de Ponteareas, Cerdido e Betanzos en 1994.

Diplomouse en Educación Musical pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. En 1990 comezou a súa carreira como gaiteiro solista, presentándose ao I Trofeo Fin de Siglo de Ourense, no que foi elixido como finalista. Aínda que finalmente non puido participar na final, si participou na gravación do CD conmemorativo.[2]

En 1992 presentouse á segunda edición do Concurso Constantino Bellón en Ferrol, onde foi finalista. Xa en 1994 obtivo o 2º premio no "Memorial Manuel Villanueva" de Poio, e ao ano seguinte gañou o "Trofeo Caixa Galicia", co que se clasificou para o prestixioso Trofeo Macallan de gaitas galegas e asturianas, celebrado no marco do Festival Intercéltico de Lorient, onde empatou no primeiro posto co asturiano Jorge Fernández Areces e o galego Anxo Lorenzo (aínda que o premio foille entregado ao músico asturiano por ser o máis novo),[3] e que posteriormente gañou catro veces nos anos 1996, 1998, 2001 e 2007, converténdose no gaiteiro máis laureado do certame.[4]

A partir deste momento comezou unha exitosa carreira como gaiteiro, que inclúe numerosos premios e actuacións tanto como solista como parte doutros cuartetos tradicionais (Laghareu, Zamar), e colaboracións con grupos nacionais e estranxeiros (Amistades Peligrosas, Xochilmica,[5] Eddy Maguire, Laio), tanto en concertos como en gravacións. En 1995 foi membro fundador do grupo Fiandola e desde o 2000 colaborou regularmente co compositor irlandés Shaun Davey, actuando en Lorient, Skye, Chicago, Dublín e Sapânta, e na gravación do CD "May We Never Have To Say Goodbye".[6] Tamén foi membro de La Banda Europa, liderada por Jim Sutherland, coa que actuou en Newcastle e Falkirk e no "Celtic Connections Festival" (2008).

Logo formou parte dos grupos Taghaitaí e Tribemol,[7] e na actualidade é profesor de música en Carballo.[3]

Gravacións[editar | editar a fonte]

  • 1990 - Participación no CD "Trofeo Fin de Siglo"
  • 1992/1998 - Participación nos CD do Concurso "Constantino Bellón" en Ferrol (A Coruña)
  • 1992 - Gravación coa banda de gaitas "Ancoradoiro", do LP "Andaina"
  • 1993 - Participación no CD "Certame Pelegrín de Gaiteiros Solistas"
  • 1996 - Gravación coa banda de gaitas "Ancoradoiro" do CD "Sui Generis", gravación do CD de "Certame de Grupo Folk" co grupo Fiandola e participación no CD "LIVE du Festival Interceltique de Lorient" (VOL II ).
  • 1998 - Participación no libro e CD "Doce Polainas Enteiras" (Edicións do Cumio)[8]
  • 2002 - Gaiteiro colaborador na gravación do CD "Luneda", do grupo folk Laio[9]
  • 2003 - Participación no CD "A PROCURA DAS RAÍCES. Homenaxe a Bal y Gay "(Disco TROMPO).
  • 2004 - Colaboración como percusionista no CD do gaiteiro Pablo Seoane
  • 2005 - Gaiteiro invitado á gravación do 1º CD do Grupo Xochilmica
  • 2006 - Participación na gravación do CD "May We Never Have to Say Goodbye" do compositor irlandés Shaun Davey
  • 2007 - Gaiteiro convidado á gravación dunha canción en directo para o 2º CD do Grupo Xochilmica
  • 2013 - Gravación da canción " EXILIETA " (Antón Alcalde Rodríguez) para gaita en solitario e Banda de Música no CD "Silleda; Pobo e Música" coa Banda Municipal de Silleda (125 aniversario)

Premios[editar | editar a fonte]

Como solista[editar | editar a fonte]

Co cuarteto "Ancoradoiro"[editar | editar a fonte]

Co cuarteto "Laghareu"[editar | editar a fonte]

  • 2002 - 1º premio no "III Memorial Ricardo Portela " (Pontevedra), 2º premio no II Concurso de Cuartetos e Quintetos de Gaitas - José Juan García (Miño) e 3º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas)
  • 2003 - 2º premio IV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
  • 2004 - 1º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas), 2º premio no "Concurso de Gaitas do País" (Sarria), 3º premio no V Memorial Ricardo Portela (Pontevedra), Premio especial de toque pechado no "V Memorial Ricardo Portela" e Premio especial de interpretación de Repertorio Portela no "V Memorial de Ricardo Portela".
  • 2005 - 2º Premio no VIII Memorial Manuel Texo (Santa Cruz de Ribadulla) e 2º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas)
  • 2006 - 3º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas)
  • 2007 - 3º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas)
  • 2008 - 2º premio e premio especial Repertorio Portela no "Memorial Ricardo Portela" de grupos de gaitas (Pontevedra).
  • 2012 - 1º premio no Concurso Rexional de Gaitas (Ponteareas)

Co cuarteto "Zamar"[editar | editar a fonte]

  • 2010 - 2º premio no Memorial Ricardo Portela de Grupos de Gaitas (Pontevedra)

Coa banda de gaitas "Ancoradoiro[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Edelmiro Fernández. Profesor de Gaita". Folque.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2020. 
  2. "Finalistas I Trofeo De Gaita "Fin De Siglo"". Discogs (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Edelmiro Fernández: «A primeira vez que gañei en Lorient foi cun triplo empate»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2019. Consultado o 25 de abril de 2020. 
  4. "Carlos Núñez, Rosa Cendón ou Talabarte, representantes galegos no Festival intercéltico de Lorient". Galicia Hoxe. 30 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 25 de abril de 2020. 
  5. "5 elementos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  6. Varela, Ángel (6 de outubro de 2007). "El gaiteiro Edelmiro Fernández triunfa en la tierra del folk". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2020. 
  7. "El grupo Tribemol actúa el 8 de septiembre en las fiestas del Carmen de Porto do Son". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 2010. Consultado o 25 de abril de 2020. 
  8. "Doce Polainas Enteiras". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  9. Pino, Concha. "Laio saca al mercado su primer trabajo discográfico en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2016. Consultado o 27 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]