Festival Intercéltico de Lorient
Festival Intercéltico de Lorient | |
---|---|
Kevrenn Alre, un grupo musical bretón. | |
Localización | Lorient, Bretaña |
Anos | 1970 - presente |
Nº edicións | 35 |
Fundadores | Polig Monjarret |
Data | Primeira semana de agosto |
Xénero | Música celta |
Organizador | |
Web oficial | http://www.festival-interceltique.bzh/ |
Na rede |
O Festival Intercéltico de An Oriant (en bretón: Gouelioù Etrekeltiek An Oriant, en francés: Festival Interceltique de Lorient) é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, na Bretaña. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.
Creouse en 1971 para acoller a competición nacional de bagad. Nos anos seguintes, deveu nun festival do interceltismo para diferenciarse doutros festivais semellantes da rexión. A partir de finais da década de 1990 converteuse nun dos festivais de música máis importantes de Francia por número de visitantes, acollendo a máis de 800 000 persoas e con 115 000 entradas vendidas no 2010.
A programación do festival está enfocada a concertos, espectáculos e danzas. Tamén é a sede de competicións musicais, como o campionato nacional de bagad, de bailes como os da federación War 'l leur. Tamén se organizan outros eventos como desfiles e actividades culturais. Ten unha importante influencia no territorio, tanto no eido económico coma no eido dos medios. O festival funciona como un actor cultural, permitindo a creación e a difusión da cultura da Bretaña e das nacións celtas.
As nacións participantes son: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Bretaña (Breizh), Gales (Cymru), illa de Man (Mannin), Cornualla (Kernow), Galicia e Asturias (Asturies). Dende o ano 2000, nomeado Ano do mundo celta vense engadindo representacións de países con forte emigración dos países celtas como EEUU, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, México, e até Romanía e Italia.
Unha particularidade do festival é que cada ano está adicado a un país celta do mundo sendo en 2007 o ano de Escocia, o 2006 o de Australia e o 2005 o de Irlanda. No 2008 estivo adicado a Gales, no 2009 a Galicia e no ano 2010 á Bretaña.
O director artístico do festival é dende 2007 Lisardo Lombardía, que substituíu a Jean Pierre Pichard, creador do festival.
Escenarios
[editar | editar a fonte]O festival ten varios escenarios principais pero trátase dunha manifestación tamén rueira. Durante os días que dura o festival a cidade enteira convértese nun escenario xa que é doado ver por diferentes sitios aos grupos actuando xa sexa na zona das tendas dos diferentes países, na rúa ou en bares.
Para os eventos máis formais emprégase o Palais de Congrès, Grand Théâtre ou Eglise Saint Louis.
Para os eventos máis multitudinarios emprégase o Parc de Moustoir, estadio de fútbol do Lorient F.C. cunha capacidade de 10.000 espectadores.
O Port de Pêche (Porzh Pesketa) é a zona do porto e é outro dos escenarios utilizados.
En total móntanse arredor de vinte escenarios por toda a cidade.
Programación
[editar | editar a fonte]Eventos
[editar | editar a fonte]O festival compóñeno 4.500 artistas cantantes, bailaríns, artistas plásticos, universitarios e cineastas, de Escocia, Irlanda, País de Gales, de Cornualla, Illa de Man, Galicia, Asturias, a Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, Australia etc... Sendo visitado por 650.000 persoas[1]
- A Cotriade ou Kaoteriad é o comezo do festival, consiste nunha comida de peixe cociñado ao estilo bretón que se celebra no Port de Pêche. Esta comida é acompañada por música tradicional mariña bretoa.
- A Nuit Magique celébrase no estadio da cidade. Os grupos van saíndo ao escenario do centro facendo unha pequena función, rematando a noite todos xuntos no escenario do centro do estadio con fogos artificiais.
- La Grande Parade das nacións celtas é un desfile que se efectúa polas rúas da vila na que os grupos de música e baile desfilan polas rúas cos seus traxes típicos. Celébrase o domingo pola mañá e participan uns 3.500 músicos, cantantes, bandas de gaitas e grupos de baile.
- Campionato nacional de Bagadoù, trátase das finais e teñen lugar no Parc de Moustoir durante a primeira fin de semana do festival. Trátase dunha competición entra bandas de gaitas bretoas.
- Durante tódalas mañá do festival celébranse clases de arpa, acordeón, gaitas etc.
- Durante a tarde efectúanse centos de actuacións de música tradicional, folk ou baile.
- A Nuit de Port de Pêche, o derradeiro sábado do festival é unha grande representación de música da Bretaña tanto tradicional como moderna.
- Marché Interceltique ou Marc’had Etrekeltiek, é o mercado que durante todo o festival celébrase na cidade e na que se venden obxectos tradicionais de cada zona como pode ser bebida, música, comida, roupa, libros etc.
- Neste evento outórgase o Trofeo MacCrimmon de Gaita, antes denominado Macallan, considerado como o premio máis prestixioso de gaitas galegas e asturianas.
País de honra
[editar | editar a fonte]Nacións | Anos |
---|---|
Acadia | 2004[2], 2012[2] |
Asturias | 1998[3], 2003[3], 2013[4] |
Australia | 2006[5], 2016 |
Bretaña | 1999[6], 2010, 2020[7] |
Escocia | 1995[8], 2007[5], 2017 |
Galicia | 1994[9], 2001[9], 2009[5], 2019[7] |
Irlanda | 1996[10], 2005[5], 2014[11] |
Gales | 1997[12], 2002[13], 2008[5], 2018[7] |
Illa de Man | 2015[14] |
Cornualla | 2015[15] |
Outros[16] | 2000[17], 2011[18] |
Cada ano dende 1994 unha nación celta é honrada. Galicia foi a primeira en verse beneficiada por este sistema de recoñecemento e distinción anual.[19] Dende 1998, que foi o ano de Asturias, a delegación convidada dispón dunha carpa propia, ademais dunha visibilidade máis importante dentro da promoción feita polo festival.[20]
Os países convidados son responsables da organización e do financiamento deste espazo, que dobra a maioría das veces o orzamento asignado á súa representación no festival. O Goberno de Escocia desembolsou uns 450 000 euros na súa carpa no ano 2007[21] e Acadia contou na edición de 2012 con 400 000 euros, dobrando os seus gastos anuais habituais.[22]
Artistas participantes en diferentes edicións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de grupos que participaron no Festival de An Oriant.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fonte: Festival de Lorient ano 2006
- ↑ 2,0 2,1 Gwen Rastoll, « Lorient. Festival interceltique : Dan Ar Braz et l'Acadie portent l'édition 2012 », dans Le Télégramme, 3 avril 2012, consulté sur letelegramme.com le 26 juillet 2012
- ↑ 3,0 3,1 Vincent Jarnigon, « Le Festival 2011 trop cher pour les Asturies » Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine., dans Ouest-France, 25 septembre 2010, consulté sur lorient.maville.com le 26 juillet 2012
- ↑ « Festival interceltique : les Asturies seront à l'honneur en 2013 », dans Le Télégramme, 7 août 2012, consulté sur letelegramme.com le 12 août 2012
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Chawax (9-4-2007). Terres Celtes. Le guide web des pays celtes, ed. "Le Festival Interceltique de Lorient". terresceltes.net (en francés). Consultado o 25-5-2016.
- ↑ (Cabon 2010, p. 99)
- ↑ 7,0 7,1 7,2 ouest-france.fr, ed. (8 de agosto de 2017). "Interceltique à Lorient. En 2018, on fêtera le Pays de Galles". Ouest France. Consultado o 17 de xullo de 2018.
- ↑ (Cabon 2010, p. 86)
- ↑ 9,0 9,1 (Cabon 2010, p. 104)
- ↑ (Cabon 2010, p. 89)
- ↑ « Festival interceltique. Une gestion sur le fil », dans Le Télégramme, 13 mai 2012, consulté sur letelegramme.com le 12 août 2012
- ↑ (Cabon 2010, p. 92)
- ↑ [1] Article du 2 aout 2002
- ↑ "Festival Interceltique de Lorient" (en francés). agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2015.
- ↑ "Festival Interceltique de Lorient" (en francés). agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2015.
- ↑ Mundo celta en 2000 e á diáspora celta en 2011
- ↑ (Cabon 2010, p. 102)
- ↑ « Record d'affluence au Festival interceltique de Lorient », dans Le Monde, 16 août 2010, consulté sur lemonde.fr le 26 juillet 2012
- ↑ (Cabon 2010, p. 84)
- ↑ (Cabon 2010, p. 96)
- ↑ « Bilan positif pour le 37e Festival Interceltique de Lorient », dans An Tour Tan, 3 janvier 2008, consulté sur antourtan.com le 31 mars 2012
- ↑ « Suite de la love story breizho-acadienne en 2012 », dans Le Télégramme, 13 août 2011, consulté sur letelegramme.com le 31 mars 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival Intercéltico de Lorient |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gestin, Fañch (1995). "Le Festival de Lorient. Vingt-cinq ans de passion interceltique". ArMen (69): 2–12.
- Péron, Jacques; Pichard, Jean-Pierre (1996). Temps interceltiques. Le renouveau de la musique celtique. París: Éditions Du Layeur. p. 95. ISBN 2911468325.
- Barthon, C. (2002). L'inscription territorial et le jeu des acteurs dans les évènements culturels et festifs (PDF) (en francés). volume monographique Villes et festivals. CNRS - UMR 6590 - Espaces géographiques et société. p. 34. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de abril de 2014. Consultado o 26 de maio de 2016.
- Gourlay, Florence (2004). Lorient. Une ville dans la mondialisation (en francés). Rennes: Presses universitaires de Rennes. p. 294. ISBN 978-2-86847-968-6.
- Cabon, Alain (2010). Festival interceltique de Lorient (en francés). Rennes: Éditions Ouest-France. p. 144. ISBN 978-2-7373-5223-2.
- Lavenir, Catherine Bertho (2012). Presses Universitaires de France, ed. "Au-delà du folklore: le festival interceltique de Lorient". Ethnologie française (en francés) 42: 719–731. ISBN 9782130593539.