Trofeo MacCrimmon de Gaita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amilladoiro en Borreraig, na illa de Skye, na honra da familia MacCrimmon, adicados durante séculos ao estudo da música tradicional.

O Trofeo MacCrimmon de Gaita é unha competición musical celebrada dende 1986 no marco do Festival Intercéltico de Lorient entre gaiteiros galegos e asturianos.

Os competidores deben tocar música tradicional galega, asturiana e bretoa e un xurado formado por membros das tres rexións elixe un gañador. O gaiteiro máis laureado é o galego Edelmiro Fernández, con catro vitorias, seguido do asturiano José Manuel Tejedor, con tres.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1980 comezou a celebrarse o Trofeo Macallan de Gaita das Highlands, para premiar cada ano ao mellor intérprete de dito instrumento. Seis anos despois incluíuse unha sección da competición para gaiteiros galegos e asturianos, co nome de Trofeo Macallan de Gaita, resultando o asturiano Xuacu Amieva como primeiro gañador, por diante do galego Bieito Romero. En 1987 incluíuse a obrigación de tocar tanto música galego como asturiana. A maioría de participantes daquela segunda edición non foran avisados desa norma e foron descualificados por non tocar músicas de ambas as rexións, quedando só dous competidores: Vicente Prado "o Pravianu", que foi o gañador, e Carlos Núñez, con só 16 anos, que quedou segundo, posto que repetiría ao ano seguinte.[1][2] Carlos Núñez foi o primeiro gañador galego, saíndo vencedor na edición de 1989. Posteriormente incluíuse a obriga de tocar tamén algunha composición bretoa.

Dende 2005, ante unha lei que prohibiu o patrocinio de eventos con bebidas alcohólicas, retirouse do seu nome a marca de bebidas Macallan e mudouse por MacCrimmon, en honra a unha famosa familia escocesa cuxos membros se dedicaban ao estudo e transcrición da música tradicional entre finais do século XV e a segunda metade do XVIII. O Trofeo MacCrimon de Gaita está considerado como o maior premio que pode gañar un gaiteiro, dándolle un gran prestixio a todos os que o posúen. Os participantes son elixidos a través de concursos en Asturias e Galicia, co Memorial Remis Ovalle e o Concurso - Selección para o Trofeo MacCrimmon, respectivamente.

Mecánica[editar | editar a fonte]

Compiten oito gaiteiros, catro galegos e catro asturianos, aínda que entre 2005 e 2008 foron nove, ao participar tamén unha representante bretoa, Marie Le Cam.[3][4][5][6] Cada un dos participantes debe tocar un conxunto de pezas, que inclúa polo menos unha peza galega, outra asturiana e outra bretoa. Un xurado formado por seis membros (dous galegos, dous asturianos e dous bretóns) elixe ao gañador, dando cada membro a súa propia puntuación.[7][8] En caso de empate prémiase ao competidor de menos idade. Isto sucedeu tres veces: en 1995,[9] 2018[10] e 2019.[11]

Gañadores[editar | editar a fonte]

Ano Gañador Subcampión Terceiro
1986 Asturias Xuacu Amieva Galicia Bieito Romero
1987 Asturias Vicente Prado Galicia Carlos Núñez
1988 Asturias Berto Varillas Galicia Carlos Núñez
1989 Galicia Carlos Núñez Asturias José Manuel Tejedor Galicia Iván Area
1990 Asturias José Manuel Tejedor
1991 Galicia Iván Costa
1992 Asturias José Ángel Hevia
1993 Asturias José Manuel Tejedor
1994 Asturias Javier Tejedor Galicia Iván Area
1995[12] Asturias Jorge Fernández Areces Galicia Anxo Lorenzo Galicia Edelmiro Fernández
1996 Galicia Edelmiro Fernández
1997 Asturias José Manuel Tejedor Asturias Vanessa Pérez Asturias Óscar Fernández

Galicia Carlos Lorenzo

1998 Galicia Edelmiro Fernández Asturias Óscar Fernández Asturias Vanessa Pérez
1999 Asturias Óscar Fernández Asturias Diego Pangua Asturias Ricardo Soberado
2000 Asturias Diego Pangua Galicia Óscar Ibáñez Galicia Iván Gómez
2001 Galicia Edelmiro Fernández Galicia Óscar Ibáñez Asturias Rubén Alba
2002 Asturias Rubén Alba Galicia Daniel Bellón Galicia Pablo Seoane
2003 Galicia Daniel Bellón Asturias Jairo García Asturias Jorge Suárez
2004 Asturias Ángel Domingo Galicia Brais Paz Asturias Iñaki Sánchez
2005 Asturias Iñaki Sánchez Asturias Rubén Alba Galicia Agustín Sánchez
2006 Asturias Rubén Alba Asturias Jorge Suárez Asturias Iñaki Sánchez
2007 Galicia Edelmiro Fernández Asturias Rubén Alba Galicia Alberto Coya
2008 Galicia Pablo Devigo Galicia Alberto Coya Asturias Pablo Carrera
2009 Galicia Alberto Coya Asturias Pablo Carrera
2010 Asturias Andrea Joglar Asturias Rubén Alba Asturias Rodrigo Joglar
2011 Galicia Pedro Álvarez Fariña Galicia Jesús Sánchez Galicia Raúl Lacilla
2012 Galicia Raúl Lacilla Asturias Javier Menéndez Asturias Jesús Fernández
2013 Asturias Jesús Fernández Galicia Xesús Rodríguez Asturias Álvaro Álvarez
2014 Asturias Álvaro Álvarez Galicia Xesús Rodríguez Asturias Jesús Fernández
2015 Asturias Álvaro Álvarez Galicia Javier Vázquez Galicia Xesús Rodríguez
2016 Asturias Jesús Fernández Galicia Xesús Rodríguez Asturias Fernando Vázquez
2017 Asturias Jaime Álvarez Asturias Fernando Vázquez Galicia Rafael Carracedo
2018[13] Asturias Javier Menéndez Galicia Raquel Vilas Asturias Fernando Vázquez
2019[14] Galicia María López Asturias Fernando Vázquez Galicia Xesús Rodríguez

Mencións honoríficas[editar | editar a fonte]

Concedéronse diferentes mencións honoríficas na historia do certame: No ano 2000, o asturiano Diego Pangua recibiu a mención honorífica por ser o gañador máis novo da historia do certame (16 anos). En 2010, a tamén asturiana Andrea Joglar recibiu a mención honorífica do concurso por ser a primeira muller en gañar o premio. En 2012, Javier Menéndez recibiu a mención honorífica do xurado bretón de música pola súa excelente interpretación da música bretoa. En 2019, María López recibiu a mención honorífica por ser a gañadora máis nova da historia do certame (14 anos) ademais de ser a primeira muller galega en gañar o premio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alta calidad de los artistas gallegos en el Festival Intercelta de Lorient". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1987. p. 19. 
  2. Bouza Barcia, X. (10 de agosto de 1988). "O enguedello do Macallan". La Voz de Galicia (en castelán). p. 20. 
  3. "Ruben Alba gana otra vuelta’l Troféu McCrimmon" (en asturiano). 29 de xullo de 2006. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  4. "Iñaki gana por fin el McCrimmon en Lorient" (en asturiano). 6 de agosto de 2005. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  5. "EDELMIRO FERNÁNDEZ GAÑA O MÁIS PRESTIXIOSO TROFEO MUNDIAL DA GAITA". 7 de agosto de 2007. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  6. "Pablo Devigo gañador do XXIII Trofeo McCrimmon". 5 de agosto de 2008. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  7. Tuñas, Olalla (9 de agosto de 2010). "Andrea Joglar gana el Trofeo McCrimmon". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2020. 
  8. "Duelo de gaitas en Lorient" (en castelán). 5 de agosto de 2007. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  9. "Edelmiro Fernández: «A primeira vez que gañei en Lorient foi cun triplo empate»". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2019. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  10. "El avilesino Javier Menéndez gana el McCrimmon en Lorient" (en castelán). 5 de agosto de 2018. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  11. "A gaiteira María López gaña o prestixioso certame Mac Crimmon". 7 de agosto de 2019. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  12. Houbo un empate en primeira posición entre Jorge Fernández Areces, Edelmiro Fernández e Anxo Lorenzo, séndolle entregado o premio ao primeiro por ser o máis novo.
  13. Houbo un empate en primeira posición entre Javier Menéndez e Raquel Vilas, séndolle entregado o premio ao primeiro por ser o máis novo.
  14. Houbo un empate en primeira posición entre María López e Fernando Vázquez, séndolle entregado o premio á primeira por ser a máis nova.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]