Dwight Howard
Dwight David Howard, nado en Atlanta (Xeorxia o 8 de decembro de 1985, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. É alcumado familiarmente Thunder (trono) e Man-Child (home-neno), aínda que tras a súa participación no All-Star de 2008 tamén se lle coñece como Superman, debido á orixinalidade dun dos seus mates. Saltou directamente do instituto a xogar cos profesionais, sen pasar pola universidade. Con 2,11 metros e 120 quilos, xoga na posición de pivote, sendo considerado como un dos mellores reboteadores da liga.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Howard estudou no instituto privado Southwest Atlanta Christian Academy, cun dos mellores programas de baloncesto do estado. Durante a súa traxectoria escolar, fixo 16,6 puntos, 13,4 rebotes e 6,2 tapóns por partido, ao longo de 129 encontros. Gañou en 2004 o prestixioso Naismith Award, que lle distinguía como mellor xogador escolar do país.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado polos Orlando Magic co número 1 do Draft da NBA de 2004, e non defraudou na súa primeira campaña, sendo elixido no mellor quinteto de rookies (terceiro na votación) e acabando con dobres díxitos de media en puntos e en rebotes, algo que soamente oito xogadores lograron na historia no seu primeiro ano profesional. Converteuse no único novato vindo directamente do instituto en saír como titular nos 82 partidos da liga regular de toda a historia da NBA, e foi oitavo na clasificación de reboteadores, décimo na de porcentaxe de tiro, e décimo noveno na de taponadores.
Na súa segunda tempada as súas números medraron até os 15,8 puntos e 12,5 rebotes. O 16 de novembro de 2007, durante o partido entre Magic e Nets, Howard converteuse no xogador máis novo da historia en alcanzar os 3000 rebotes; superando así a marca anterior, en posesión de Shaquille O'Neal. Gañouse o alcume de Superman, que antes tiña Shaquille O'Neal, ao realizar un mate no Sprite Slam Dunk 2008 vestido coma esta personaxe de ficción, no All Star de Nova Orleáns, que finalmente gañou. En 2008 e 2009 foi o máximo reboteador da competición.
O 10 de agosto de 2012, Howard foi traspasado dende Orlando ós Los Angeles Lakers nun traspaso entre catro equipos que incluía tamén ós Philadelphia 76ers e ós Denver Nuggets. Os Lakers recibiron ademais a Earl Clark e Chris Duhon; os Magic recibiron a Josh McRoberts, Christian Eyenga, Maurice Harkless, Nikola Vucevic, Arron Afflalo, Al Harrington, e eleccións do Draft; Philadelphia a Jason Richardson e Andrew Bynum; e Denver recibiu a Andre Iguodala.[1]
Tras decidir ser axente libre no verán de 2013, Howard reuniuse a comezos do mes de xullo de 2013 cos Lakers, Dallas Mavericks, Houston Rockets, Golden State Warriors e Atlanta Hawks. O 5 de xullo de 2013, Howard anunciou a súa intención de asinar polos Rockets.[2] Asinou oficialmente co equipo o 13 de xullo de 2013.[3]
O 12 de xullo de 2016, Howard asinou cos Atlanta Hawks.[4]
Logros persoais
[editar | editar a fonte]- 8 veces All-Star: 2007-2014
- Elixido no mellor quinteto de rookies en 2005.
- É o xogador máis novo da historia en conseguir 20 rebotes nun partido.
- É o xogador máis novo en facer unha media de dobre-dobre nunha tempada.
- É o xogador máis novo en facer unha media de 10 rebotes nunha tempada.
- É o xogador máis novo en anotar máis de 20 puntos e capturar máis de 20 rebotes nun partido.
- É o xogador máis novo en alcanzar os 3000 rebotes na NBA, con 21 anos e 343 días.
- É o xogador máis alto da historia en gañar un concurso de mates
- Elixido mellor defensor da NBA en 2009.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 2012-08-10.
- ↑ Mahoney, Brian (5 de xullo de 2013). "Dwight Howard tweets that he'll sign with Rockets". Yahoo! Sports. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2013.
- ↑ "Howard Selects Houston in Free Agency". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 13 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013.
- ↑ "Hawks Sign Eight-Time NBA All-Star Dwight Howard". NBA.com. 12 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Dwight Howard Arquivado 24 de maio de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Dwight Howard Arquivado 27 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en Atlanta, Xeorxia
- Nados en 1985
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Charlotte Hornets
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008