Ducado da Bretaña
Duché de Bretagne (fr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Nantes Rennes | |||
Poboación | ||||
Lingua usada | bretón Lingua gala lingua francesa lingua latina | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 939 | |||
Disolución | 1547 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | feudal monarchy (en) | |||
Órgano lexislativo | Estates of Brittany (en) , | |||
O Ducado da Bretaña (en bretón: Dugelezh Breizh, e en francés: Duché de Bretagne) é o conxunto político que sucedeu despois dos reinos da Bretaña unificándoos, na Alta Idade Media na Bretaña (Francia).
Historia
[editar | editar a fonte]Empezou no século IX e disolveuse no ano 1532 ao unirse ao reino de Francia. O personaxe máis destacado foi a duquesa Ana da Bretaña (Nantes, 25 de xaneiro de 1477 - Blois, 9 de xaneiro de 1514), que foi duquesa titular da Bretaña e por dúas veces raíña consorte de Francia.
Soberanos da Bretaña
[editar | editar a fonte]Reino da Bretaña (séc. IX - séc. X)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Reino da Bretaña.
Os carolinxios someteron aos bretóns no século VIII, pero as diversas expedicións organizadas durante os reinados de Carlomagno e Ludovico Pío mostran que os bretóns permaneceron insubmisos. En 831, Ludovico Pío cambiou de estratexia: pactou con Nominoe, un nobre bretón ao que fixo conde de Vannes, e nomeouno missi dominici para os territorios bretóns. Nominoe é considerado o Pai da Patria bretoa. Os seus sucesores até a invasión normanda noméanse reis da Bretaña. A lista de reis da Bretaña á a seguinte:
- Erispoe (851-857)
- Salomón I (857-874)
- Pascweten (874-877)
- Iudicael (877-888)
- Alan I (890-907)
- Gourmaelon (908-913)
Ducado da Bretaña (séc. X - séc. XVI)
[editar | editar a fonte]A pesar da soberanía nominal francesa, o ducado foi case independente até 1532, ano en que foi incorporado definitivamente a Francia. Os duques da Bretaña até 1532 foron:
Dinastía de Nantes
[editar | editar a fonte]O ducado naceu en 936, ao final da ocupación normanda da Bretaña. Alan II, neto do último rei da Bretaña, Alan I, liberou o país do xugo normando e converteuse no primeiro duque da Bretaña.
- Alan II (938-952)
- Drogón (952-958)
- Fulco II de Anjou (958-960)
- Hoël I (960-981)
- Guerech (981-988)
- Alan de Nantes (988-990)
Dinastía de Rennes
[editar | editar a fonte]- Conan I (990-992)
- Godofredo I (992-1008)
- Alan III (1008-1040)
- Conan II (1040-1066)
- Havoisa (1066-1072), filla de Alan III
Dinastía de Cornualla (1066-1203)
[editar | editar a fonte]- Hoel de Cornualla (1066-1084), casado con Havoisa
- Alan IV Fergent (1084-1119)
- Conan III (1119-1148)
- Bertha (1148-1154)
- Eudon II de Porhoet (1148-1154), casado con Berta, rexente (1148-1154)
Dinastías de Penthièvre, Plantagenet e Thouars
[editar | editar a fonte]En 1154, o conde de Cornualla, Hoel, herdou o condado de Nantes e, en 1066, casou con Havoisa, herdeira do ducado da Bretaña. O poder ducal durante a dinastía de Cornualla non foi moi forte até a intervención dos Plantagenet, condes de Anjou, duques de Normandía e reis de Inglaterra: en 1171, Henrique II de Inglaterra organizou o casamento do seu moi xove fillo Godofredo (morto en 1186) coa moi xove herdeira do ducado, Constanza (morta en 1201). Henrique II, co título de baillistre (rexente) foi o verdadeiro duque da Bretaña de 1166 a 1186, e o rei Ricardo I de Inglaterra, de 1186 a 1199.
- Conan IV o Negro (1154-1166), fillo de Berta e Alan o Negro, conde de Richmond (1154-1166, abdicou)
- Constanza da Bretaña (1166-1201), filla de Conan IV, nacida ao redor de 1161
- Henrique II de Inglaterra (1166-1181) (rexente)
- Godofredo II Plantagenet (1181-1186), casado con Constancia
- Artur I da Bretaña (1196-1203), fillo de Constancia e Godofredo Plantagenet
- Guido de Thouars (1199-1201, e 1203-1213), casado con Constanza, e despois rexente da súa filla
- Adelaida ou Alix (1203-1221)
Dinastía de Dreux (1203-1341)
[editar | editar a fonte]A vitoria dos reis de Francia contra os Plantagenet provocou consecuencias na Bretaña. Despois da morte de Artur I, Filipe Augusto organizou o casamento da herdeira, Alix (filla de Constanza e do seu terceiro marido, Guido de Thouars) cun francés, Pedro de Dreux (Pedro I Mauclerc).
- Alix (1203-1221), filla de Constanza e Guido de Thouars (rexente desde 1203), casada con Pedro de Dreux en 1213
- Pedro I Mauclerc (1203-1236), casado con Alix (rexente 1221-1236, renunciou)
- Xoán I da Bretaña (1236-1286)
- Xoán II da Bretaña (1286-1305)
- Artur II da Bretaña (1305-1312)
- Xoán III da Bretaña (1312-1341)
A guerra de sucesión da Bretaña (1341-1364)
[editar | editar a fonte]Despois da morte sen descendencia de Xoán III houbo un conflito entre Xoana de Penthièvre, sobriña de Xoán III, esposa de Carlos de Blois, apoiada polo rei de Francia, e Xoán de Montfort, medio irmán do duque, apoiado polo rei de Inglaterra. Xoán de Montfort morreu en 1345, pero Eduardo III de Inglaterra continuou a guerra na Bretaña, dirixida desde o 1352 por "tenentes xenerais" e capitáns ingleses.
Esta longa e devastadora guerra concluíu en 1364, coa vitoria en Auray dun exército dirixido por John Chandos e o fillo de Xoán de Montfort, tamén chamado Xoán. Carlos de Blois morreu durante esta batalla. Tras o tratado de Guérande (1365), Xoán de Montfort foi recoñecido como duque da Bretaña, vasalo do rei de Francia; Xoana de Penthièvre conservou o seu dominio.
Dinastía de Montfort (1364-1491)
[editar | editar a fonte]- Xoán IV da Bretaña (1341-1345)
- Xoán V da Bretaña (IV para os franceses) (1364-1399)
- Xoán VI da Bretaña (V para os franceses) (1399-1442)
- Francisco I da Bretaña (1442-1450)
- Pedro II da Bretaña (1450-1457)
- Artur III da Bretaña (1457-1458)
- Francisco II da Bretaña (1458-1488)
- Ana da Bretaña (1488-1514)
- Claudia de Francia (1514-1524)
- Francisco III da Bretaña (1524-1536)
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |