Dinastía carolinxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carolinxios»)
Modelo:Xeografía políticaDinastía carolinxia
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de

A dinastía carolinxia[1] (chamada así por Carlos Martel) é á liñaxe de reis francos que gobernaron Europa Occidental entre os séculos VIII e X.

Historia[editar | editar a fonte]

Arnulfo de Metz da familia dos arnulfinos e Pipino o Vello da dos pipínidas uníronse e formaron unha verdadeira dinastía a través dos matrimonios dos seus fillos. Os carolinxios xa ostentaban o poder desde 639 aínda que non como reis (que durante máis dun século seguirían sendo os merovinxios), senón como mordomo de palacio.

O mordomo de palacio Pipino o Breve (descendente de Carlos Martel e de Pipino o Vello), que tras destronar ao merovinxio Khilderico III, rei dos francos e con apoio do Papa fixo oficial o seu poder de facto. Pipino foi sucedido no trono franco por Carlos (Carlomagno) e Carlomán. O primeiro, anos máis tarde, expandiría o seu poder por toda Europa Occidental e sería coroado no Nadal do ano 800 en Roma emperador de Occidente.

O Imperio Carolinxio, como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, Lois I o Piadoso ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Lois) se repartiron o imperio mediante o Tratado de Verdún (843). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do Sacro Imperio Romano Xermánico, os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En Francia, os herdeiros do fillo de Lois I o Piadoso, Carlos II o Calvo, gobernaron ata 987, cando foron substituídos pola dinastía dos Capetos.

Durante anos, a dinastía carolinxia desenvolveu unha arte propia de grande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase arte carolinxia). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "renacemento carolinxio", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O estilo arquitectónico da época, que era unha forma da arte prerrománica, tamén se denomina "estilo carolinxio".

Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e o costume xermánico de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en 911 de Lois o neno toman o trono os otóns. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o 987, cando son desprazados pola dinastía dos Capetos.

Gobernantes[editar | editar a fonte]

Unha árbore xenealóxica Carolinxia, do Chronicon Universale do Ekkehard de Aura, século XI.

Mordomos de Palacio carolinxios[editar | editar a fonte]

Reis carolinxios[editar | editar a fonte]

Emperadores carolinxios[editar | editar a fonte]

Reis de Francia Orientalis[editar | editar a fonte]

Reis de Italia[editar | editar a fonte]

Reis de Lotarinxia[editar | editar a fonte]

Reis de Francia Occidentalis[editar | editar a fonte]

Reis de Aquitania[editar | editar a fonte]

Reis de Borgoña[editar | editar a fonte]

Outros soberanos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carolinxio.