Christian de Chergé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1937 Colmar, Francia |
Morte | 21 de maio de 1996 (59 anos) Médéa (Alxeria) |
Grupo étnico | Pobo francés |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Abbey of Our Lady of Atlas (en) |
Ocupación | sacerdote católico |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde Cisterciense da Estrita Observancia |
Enaltecemento | |
Celebración | beatificación |
Día de festividade relixiosa | 8 de maio |
Cronoloxía | |
marzo de 1996 | Assassination of the monks of Tibhirine (en) |
Charles-Marie-Christian de Chergé, nado en Colmar (Haut-Rhin) o 18 de xaneiro de 1937 e finado en 1996, foi un relixioso francés da Orde Cisterciense da Estrita Observancia. Foi un dos sete monxes trapistas do Mosteiro de Nosa Señora de Atlas secuestrados e asasinados en 1996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia militar. Coñeceu Alxeria primeiramente na infancia e durante 27 meses de servizo militar durante a Guerra da Independencia. Durante o servizo un amigo musulmán salvoulle a vida, o que tivo unha grande influencia sobre a súa vida máis tarde.
Tras os seus estudos no seminario des Carmes de París, foi capelán de Sacre-Coeur, en Montmartre. Entrou na vida monástica no mosteiro de Aiguebelle e despois en Tibhirine, en 1971. Estudou en Roma 1972-1974, estando moi implicado no diálogo interrelixioso. Máis tarde, tivo importancia no grupo cristián-islámico "Ribat es Salaam" (Lugar de Paz). En 1984 foi elixido prior da comunidade. Tras unha primeira visita dun grupo armado islamita ao mosteiro, escribiu o coñecido como Testamento Espiritual de Christian de Chergé.[1]
Á 1:45 da noite do 26 ao 27 de marzo de 1996, un grupo de 20 homes armados do Grupo Islámico Armado entrou no mosteiro. Levaron sete monxes prisioneiros, incluíndo o Irmán Bruno, un visitante de Fez, en Marrocos. Dous monxes non foron localizados polos captores. O 21 de maio de 1996 unha mensaxe do GIA anunciou que os sete monxes foran decapitados. A pesar da reivindicación da súa morte feita polo grupo islamita, as circunstancias da súa morte permanecen por aclarar, porque algunhas fontes afirman que foron mortos nun ataque aéreo da Forza Aérea Alxeriana.
Está aberto o proceso de beatificación, xunto cos outros monxes de Tibhirine e mais doce mortos en Alxreria durante os anos da revolta islámica.[2] O proceso foi completado en 2018.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arnold, Johann Christoph (10 de xaneiro de 2015). "Christian de Chergé. A Story of Forgiveness". plough.com (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2021.
- ↑ "La Théologie de Christian de Chergé, S. Salenson, Session DIM Aiguebelle 2006". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2016.
- ↑ CNA. "Algerian martyrs to be beatified in Oran this year". Catholic News Agency (en inglés). Consultado o 2021-11-07.