David McCullough

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David McCullough
McCullough I.jpg
Nacemento7 de xullo de 1933
 Pittsburgh, Pensilvania
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaScotch-Irish Americans
Alma máterShady Side Academy e Universidade Yale
Ocupaciónhistoriador, biógrafo, escritor, autor e xornalista
Coñecido porTruman e John Adams
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, National Book Award, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalha Nacional de Humanidades, Prémio Pulitzer de Biografia ou Autobiografia, St. Louis Literary Award, Helmerich Award, Prémio Pulitzer de Biografia ou Autobiografia, Jefferson Lecture, Library of Congress Living Legend, Lionel Gelber Prize, Newberry Library Award, Charles Frankel Prize e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
editar datos en Wikidata ]

David Gaub McCullough, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 7 de xullo de 1933, é un escritor, historiador e conferenciante estadounidense.[1] Gañou en dúas ocasións o premio Pulitzer e o National Book Award e recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade, galardón civil máis alto do seu país.[1][2]

McCullough obtivo un grao en literatura inglesa pola Universidade Yale. O seu primeiro libro foi The Johnstown Flood (1968), e dende entón escribiu outros nove sobre temas como Harry S. Truman, John Adams, a ponte de Brooklyn e os irmáns Wright. McCullough tamén narrou numerosos documentais, como The Civil War de Ken Burns, ademais do filme de 2003 Seabiscuit; foi o presentador de American Experience durante doce anos.

Os dous libros de McCullough gañadores do Pulitzer, Truman e John Adams, foron adaptados por HBO nun telefilme e nunha miniserie, respectivamente.

Estilo[editar | editar a fonte]

McCullough é un historiador cun interese máis divulgativo que académico e un estilo literario moi próximo á novela. Fai gala de patriotismo e parte das súas obras se dedican a eloxiar a obra de presidentes dos Estados Unidos, algún deles tan discutido como Harry Truman, que decidiu lanzar a bomba atómica contra Hiroshima e Nagasaki.

En libros como 1776 raia coa parcialidade, xa que retrata con máis expresividade a violencia británica e dos mercenarios de Hesse que a do bando independentista (os "patriotas"), aínda que non deixa de representar a miseria física e en ocasións moral dos soldados de George Washington; tampouco na representación do rei Xurxo pode dicirse que sexa ecuánime, si se compara coa de Washington, Nathanael Greene ou Henry Knox; de feito, aínda que McCullough manexa a fondo a documentación, non se pode considerar que a súa mirada sexa obxectiva.

Non obstante, o seu punto de vista non é enganoso, xa que resulta evidente, e a súa maior virtude radica no seu estilo, vivo e elegante, e no seu dominio da trama narrativa, capaz de atrapar o lector nunha emotiva reconstrución das encrucilladas históricas.

Obras[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Título Ano Tema Premios[3] Entrevistas e presentacións
The Johnstown Flood: The Incredible Story Behind One of the Most Devastating Disasters America Has Ever Known 1968 Inundación de Johnstown
The Great Bridge: The Epic Story of the Building of the Brooklyn Bridge 1972 Ponte de Brooklyn Presentación de McCullough sobre The Great Bridge, 17 de setembro de 2002, C-SPAN
The Path Between the Seas: The Creation of the Panama Canal, 1870–1914 1977 Canal de Panamá National Book Award – 1978[4]
Francis Parkman Prize – 1978
Premio Samuel Eliot Morison – 1978
Cornelius Ryan Award – 1978
Mornings on Horseback 1981 Theodore Roosevelt National Book Award – 1982[5]
Brave Companions: Portraits in History 1991 Ensaios biográficos publicados previamente
Truman 1992 Harry S Truman Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 1993[6]
The Colonial Dames of America Annual Book Award – 1993
Francis Parkman Prize
Booknotes entrevista con McCullough sobre Truman, 19 de xullo de 1992, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre Truman en National Press Club, 7 de xullo de 1992, C-SPAN
John Adams 2001 John Adams Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 2002[6] Presentación de McCullough sobre John Adams en Library of Congress, 24 de abril de 2001, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre John Adams en National Book Festival, 8 de setembro de 2001, C-SPAN
1776 2005 Revolución Americana American Compass Best Book – 2005 Presentación de McCullough sobre 1776 en Mount Vernon Ladies' Association, 9 de xuño de 2005, C-SPAN
Q&A entrevista con McCullough sobre 1776, 7 de agosto de 2005, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre 1776 en National Book Festival, 24 de setembro de 2005, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre 1776 en Texas State Capital, 29 de outubro de 2005
In the Dark Streets Shineth: A 1941 Christmas Eve Story 2010 Winston Churchill, Franklin D. Roosevelt, Conferencia Arcadia
The Greater Journey: Americans in Paris 2011 Estadounidenses en París durante o século XIX, incluídos James Fenimore Cooper e Samuel Morse Part one and Parte dos de Q&A entrevista con McCullough sobre The Greater Journey, 22 e 29 de maio de 2011, C-SPAN
Entrevista con McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPAN
The Wright Brothers 2015 Irmáns Wright National Aviation Hall of Fame Combs Gates Award - 2016 Q&A entrevista con McCullough sobre The Wright Brothers, 31 de maio de 2015, C-SPAN
The American Spirit: Who We Are and What We Stand For 2017 Q&A entrevista con McCullough sobre The American Spirit, 23 de abril de 2017, C-SPAN
The Pioneers: The Heroic Story of the Settlers Who Brought the American Ideal West[7] 2019 Pioneiros estadounidenses no Territorio do Noroeste Q&A entrevista con McCullough sobre The Pioneers, 19 de maio de 2019, C-SPAN

Filmes presentados ou narrados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Biography at Simon & Schuster". Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008. 
  2. Sherman, Jerome L (16 de decembro de 2006). "Presidential biographer gets presidential medal". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 18 de decembro de 2006. 
  3. "Awards". Simon & Schuster. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2008. Consultado o 24 de abril de 2008. 
  4. "National Book Awards – 1978". National Book Foundation. Consultado o 24 de abril de 2008. 
  5. "National Book Awards – 1982". National Book Foundation. Consultado o 24 de abril de 2008. 
  6. 6,0 6,1 "Biography or Autobiography: Past winners and finalists by category". The Pulitzer Prizes. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  7. Pitz, Marylynne (6 de outubro de 2016). "Pittsburgh native David McCullough's next book will focus on generations of Northwest pioneers". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 10 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]