David Añón
David Añón | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Añón González | ||
Nacemento | 3 de abril de 1989 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,72 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Coruxo | ||
Número | 11 | ||
Carreira xuvenil | |||
2007–2008 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2011 | Deportivo B | 33 | (9) |
2008–2009 | → Montañeros (cedido) | ||
2010–2011 | Deportivo da Coruña | 4 | (0) |
2011–2012 | Albacete | 28 | (1) |
2012–2014 | Celta B | 70 | (14) |
2014–2015 | Boiro | 33 | (9) |
2015–2016 | Somozas | 36 | (10) |
2016–2018 | Pontevedra | 70 | (15) |
2018–2019 | Katowice | 24 | (2) |
2019–2020 | Coruxo | 27 | (5) |
2020–2022 | Talavera | 37 | (5) |
2022– | Coruxo | 44 | (6) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de xaneiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
David Añón González, nado na Coruña o 3 de abril de 1989, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Coruxo, da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, xogando cedido tamén no Montañeros CF. Na tempada 2009/10 xogou co Fabril en Terceira, conseguindo o ascenso, e comezou a recibir as súas primeiras convocatorias co primeiro equipo.
O 20 de xaneiro de 2010 debutou co primeiro equipo da man de Miguel Ángel Lotina, nun partido da Copa do Rei contra o Sevilla en Riazor, que acabou en derrota por 0-3. Un mes despois debutou en Primeira División, nun partido contra o Villarreal CF. Na tempada 2010/11 xogou co filial en Segunda B, marcando 9 goles pero o equipo de Tito Ramallo perdeu a categoría ao remate da tempada.
O 14 de xullo de 2011 fichou polo Albacete, tamén de Segunda B, no que permaneceu un ano, fichando no verán de 2012 polo filial do Celta de Vigo, o Celta B, da Terceira División. Co equipo vigués logrou o ascenso a Segunda B, categoría na que militou durante a tempada 2013/14, antes de fichar polo Boiro.[1] Tras unha tempada en Boiro, onde marcou 9 goles, pasou ao Somozas, de Segunda B, onde marcou 10 tantos, acabando no oitavo posto do grupo I.
En 2016 fichou polo Pontevedra CF,[2] onde coincidiu con outros dianteiros como Ferrer, Marcos ou Mario Barco, co que xa xogara no Somozas. Militou dúas tempadas no equipo de Luisito no grupo I da Segunda B, e no 2018 decidiu saír ao estranxeiro.[3] Fichou entón polo Katowice, da I liga, a segunda división de Polonia.
Regresou a Galicia en 2019, fichando polo Coruxo, da Segunda B.[4] Militou un ano no club dirixido por Míchel Alonso, e os dous seguintes no Talavera de la Reina, o último deles na nova Primeira División RFEF.[5] No verán de 2022 regresou ao Coruxo, da Segunda RFEF.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Boiro ficha al excentrocampista del Fabril y Celta B David Añón". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ García de Burgos, Carmen (10 de xuño de 2016). "El Pontevedra ficha al delantero coruñés David Añón, del Somozas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Amil, Nieves D. (29 de maio de 2018). "David Añón: «A miña intención é marchar para o extranxeiro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Rodríguez, Raúl (20 de xullo de 2019). "David Añón refuerza la banda del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Coruxo sufre la pérdida de David Añón, que ficha por el Talavera" (en castelán). 3 de agoosto de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Refojos, Borja (31 de xullo de 2022). "El Coruxo cierra la vuelta de David Añón". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en lapreferente.com (en castelán).
- Nados en 1989
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Montañeros CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do CD Boiro
- Xogadores da UD Somozas
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do GKS Katowice
- Xogadores do Coruxo FC
- Xogadores do CF Talavera de la Reina