Cuítiva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Sugamuxi | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 43 km² | ||||
Altitude | 2.895 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Juan de Sanct Martín | ||||
Creación | 1550 (Gregoriano) | ||||
Páxina web | cuitiva-boyaca.gov.co… |
Cuítiva é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. É unha das tres poboacións que se atopan bordeando a lagoa de Tota. Está situada a uns 85 quilómetros ó leste da cidade de Tunja. O concello limita polo norte con Iza, polo oriente con Sogamoso, polo occidente con Aquitania e polo sur co concello de Tota.
A capela doutrineira do concello, construída no século XVII é un Monumento Histórico Nacional.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello conta con once vereas, o centro urbano e dous territorios insulares no lago de Tota. As augas territoriais do concello son limitadas ó sur co concello de Tota e ó leste co concello de Aquitania.
Economía
[editar | editar a fonte]Os principais factores de ingreso económico de Cuítiva son a agricultura e a gandaría. Debido á súa localización á beira da lagoa de Tota, o turismo tamén é un sector importante da economía do concello.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inventario de monumentos nacionales, Ministerio de Cultura, 21 de decembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuítiva |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 30 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)