Conversa usuario:Xosé Antonio/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:47, 27 de xullo de 2011 (UTC)

Benvido á Wikipedia en galego, Xosé Antonio--. HombreDHojalata.conversa 21:32, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Xocaloma[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio. Sobre as discrepancias en Xocaloma non che sei cales son, porque na túa páxina de conversa non vexo que escribise eu nada, e se non me dás a IP (e se cadra non podes, se resulta que é variábel) difícil o imos ter, porque eu non che me lembro de cales eran. De calquera maneira, polo que vexo no historial, eu non lle toquei a este artigo, o que con certeza significa que as posíbeis discrepancias non deberon ser aló moi grandes. A última edición en Xocaloma neste momento en que che escribo é a túa, que é a tradución que mencionas e que che agradezo, porque efectivamente nesta wikipedia soamente se pode redactar en galego. Faltaría máis! É moi pero que moi raro que escape unha páxina en castelán, pero ás veces pasa. Este artigo seica foi editado cun engadido nesa lingua o pasado 6 de xuño [1] pero xa ti lle fixeches o arranxo que a outros nos esqueceu. Ánimo coa edición wiki, verás que é realmente útil e que poucas ferramentas hai hoxe como a galipedia para esa tarefa tan complicada de facermos país. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:40, 29 de xullo de 2011 (UTC)

Vas ben[editar a fonte]

Non te preocupes, xa vira os teus cambios. Segue a traballar sen medo.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 21:10, 17 de agosto de 2011 (UTC)

Orixinalidade[editar a fonte]

Os contidos deben de ser orixinais, é dicir, non vale ningún copia-pega directo. A razón do borrado en Vilaboa, Valdoviño deunao usuario Lameiro no cadro de resumo, e é esta: borro o referente ó Pazo de Vilaboa: copiado textualmente de http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=122&crec=9140&cidi=G. Por outra banda, aproveito para comentar que outro punto relevante é o de a Galipedia como fonte primaria, cousa que non é. Isto é que todo ten que estar xa publicado nalgures para despois o rerredactarmos aquí, co cal cantas máis referencias mellor e nunca valen traballos pioneiros nin similares. Un saúdo, Xosé Antonio. --Atobar (conversa comigo) 09:07, 18 de agosto de 2011 (UTC)

Escudo A Capela[editar a fonte]

Hola Xosé Antonio haber si son capaz de explicarche como se fai o do escudo 1º pos Modelo:ConcellosEume como podes ver si entras a editar Comarca do Eume {{ConcellosEume}} e seguidamente procedes a editar o modelo facendo has correción que creas oportunas, espero haberche servido de algo. No caso este xa o modifiqui eu. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 06:13, 20 de agosto de 2011 (UTC)

Escudos dos concellos[editar a fonte]

Outra vez de novo por aqui, ben con respeto o que me comentas estou de acordo pero creo que seria voa cousa espoñelo na Taberna pois afetalle a moitos artigos e creo que haberia que faer unha modificación moi grande, de todas as formas para que che saia o artigo catalogado pola letra do nome e non polo artigo usase por sinono sabes a opción {{DEFAULTSORT:}}, que aparece abaixo o pe da páxina de edición, donde pos o nome polo que queiras que se alfabetice exemplo {{DEFAULTSORT:Capela, A}} e sairiache o artigo ou no caso das fotos na letra C en vez da letra A. espero haberche resolvido a duvida un saudo --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 03:51, 21 de agosto de 2011 (UTC)

Orde alfabético dentro das categorías[editar a fonte]

Feito.

Para ordenar tes que poñer a palabra/s que vai dar a orde a continuación dunha barra vertical (retirándolle o acento se o ten), deste xeito:

[[Categoría:Encoros galegos|Santa Uxia]]

Se o artigo ten varias categorías, para non repetirse, é mellor empregar {{DEFAULTSORT:}}

É dicir, é mellor facelo así:

{{DEFAULTSORT:Cuina Crespo, Xose}}
 [[Categoría:Alcaldes de Lalín]]
 [[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG]]
 [[Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes]]
 [[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]]
 [[Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra]]
 [[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
 [[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
 [[Categoría:Nados en Lalín]]

Que así:

[[Categoría:Alcaldes de Lalín|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Conselleiros da Xunta|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG|Cuina Crespo, Xose]]
 [[Categoría:Nados en Lalín|Cuina Crespo, Xose]]

Por outra banda, todo artigo é susceptible de crecer e ter máis categorías no futuro, co cal, meterlle o {{DEFAULTSORT}} sempre de entrada, igual non é mala idea.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 07:54, 28 de agosto de 2011 (UTC)

Por suposto, podes combinar as dúas técnicas no mesmo artigo. Ordenar alfabeticamente nunha categoría concreta ou varias e poñer a orde por defecto {DEFAULTSORT} para que se aplique ó resto--. HombreDHojalata.conversa 07:59, 28 de agosto de 2011 (UTC)


Dereitos de autor da portada dun disco de música[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio.

Es ti o deseñador da portada Ficheiro:Portada atahide.jpg?

Posúes os dereitos sobre a propiedade intelectual desa obra?--. HombreDHojalata.conversa 08:12, 17 de setembro de 2011 (UTC)

Ó non ser ti o titular dos dereitos hai dúas altenativas:
  1. Que a licencia compatible coa Wikipedia (que permita a calquera, non so á Wikipedia, mesmo o uso comercial e a obra derivada) conste expresamente na obra orixinal. Que non é o caso.
  2. Que o titular dos dereitos se identifique, identifique a obra da que se está a falar e deixe constancia por escrito de que cede a uso da obra nas condición xa mencionadas (que permite mesmo o uso comercial e a obra derivada, non abonda unha autorización do tipo "para empregala na Wikipedia"). Na Galipedia non dispoñemos dun sistema que nos permita facer iso, en Wikimedia Commons si, chámase OTRS.
Como ves, as imaxes que subiches, polo anteriormente exposto, non poden permanecer na Galipedia. Terías que subilas a Commons e falar cos autores e que mandaran os correspondentes correos de autorización a Wikimedia Commons.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 11:06, 17 de setembro de 2011 (UTC)

votacións[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio; infórmoche de que a túa achega á votación sobre as imaxes aínda non é válida; segundo os requisitos, até o día 26 non podes votar, pois é necesario que pasen 60 días desde a túa primeira edición.

Anímote a seguir participando no proxecto coas túas achegas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:04, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Discordo. As condicións para votar tíñanse que dar no momento en que se abriu a votación. Desgraciadamente, e moi o meu pesar, non as cumprías. Podes participar no debate pero penso que non tes dereito a voto.
Mais información en Wikipedia:Votacións.
Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 20:11, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Xa, xa sei. Cando dixen que discordaba referíame a que discordaba con Estevo.--. HombreDHojalata.conversa 20:40, 21 de setembro de 2011 (UTC)
Oh; mil perdóns por andar a liarte; trabuqueime coa política de votacións, non lembraba o dato que apuntou o compañeiro. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:06, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Gómez Pérez das Mariñas[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio!

Unha consulta: sería correcto mover Gómez Pérez das Mariñas a Gómez Pérez das Mariñas I? Así o primeiro título podería quedar como páxina de homónimos, para distinguir entre as tres persoas con ese nome.

Un saúdo, e parabéns polo teu traballiño coas personalidades da nobreza galega; estou a aprender un montón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:37, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Apelidos[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio. Non, :), como ti o redactaras non se entendía nada. :) Iso non quere dicir que eu o amañara para ben, que pode que non. En calquera caso, tampouco sei se ten moito sentido todo o repaso aos apelidos medievais, pois non estamos centrándonos en Martiis. Quero dicir, se tivese que pensalo ben, eu optaría por suprimir todo o parágrafo. Pero entra, entra ti e fai como vexas, ;) Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 01:33, 3 de decembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas e ligazóns internas[editar a fonte]

Boas, Xosé Antonio! Vexo que estás a traballar arreo creando unha manchea de artigos sobre lugares e parroquias de Galicia. Só quería comentarche que me decatei de que estás incluíndo unha ligazón externa á páxina web do INE no corpo do artigo no canto de facer a correspondente ligazón interna: [[INE]]. Intenta facer isto a partir de agora, para non aumentar o número de páxinas que temos que cambiar. Aproveito tamén para darche os parabéns e as grazas polo teu traballo. Para calquera dúbida xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:29, 30 de decembro de 2011 (UTC)

Si, vin que había outros artigos dos máis vellos (coido que creados no 2009) con esa estrutura. Cambiar as ligazóns a man é laborioso, primeiro verei se podemos facelo automaticamente cun bot. E a polos 80.000 antes das uvas! --Toliño Fala aquí comigo 19:44, 30 de decembro de 2011 (UTC)

80000 artigos[editar a fonte]

A noraboa é para todos os que lle puxemos peito a isto de rematarmos o ano con 80.000. Xa estaba estando un pouco farto de que nos propuxésemos retos e a cousa quedase por pouco sen rematar. Agora a durmir, que vai rematar o ano... Boas festas. --Servando2 (Dime) 02:14, 31 de decembro de 2011 (UTC)

Lixo[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio! Cando vexas un caso tan claro de vandalismo como o de Emilia Montosa, só tes que escribir a palabra lixo, con dous corchetes a cadanseu lado, e xa sae no artigo o Modelo:Lixo, que lle servirá de pista a un administrador para proceder ao seu borrado. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 22:08, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Sevil[editar a fonte]

Pois non sei moi ben que facer neste caso, quizais o mellor sería sinalar como outros homónimos Sebil e así xa habería unha redireción cara ese outro lugar... Pensareino un pouco. Saúdos, e parabéns polas túas contribucións! --Xas (conversa) 23:31, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Casas de concellos[editar a fonte]

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Monfero, Vilarmaior e Miño son limítrofes con Pontedeume..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver se nos vemos nunha xuntanza :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:09, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Xenial! :), saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:38, 18 de febreiro de 2012 (UTC)

Re: Modelo de lugar[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio. Andamos modificando o modelo {{Lugar}} para que engada automaticamente a categoría que idenfica o ano da poboación para que logo sexa máis sinxelo actualizala e tamén para que insira unha categoría oculta se non ten imaxes. Unha das mudanzas era para agochar o campo ano na caixa de información cando non se inclúa ese dato. Recuperei a versión do modelo que non agocha o ano á espera de que Toliño revise o que estaba pasando. Agora as páxinas volven funcionar como antes. Se nalgunhas das entradas que estás creando aparecen, polo cambio que fixemos, categorías en vermello o que pasa é que aínda non tivemos tempo de crealas, axiña han estar todas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:02, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Tal como fixemos os cambios abonda con crear 315 categorías para clasificar automaticamente todos os lugares sen imaxes. O texto que engadía o modelo desapareceu porque ao ver a túa mensaxe na páxina de Toliño fixen unha modificación para que non se vexa ata que pase el pola Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:15, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Categoría parroquias de Pontedeume sen imaxes[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio. Cando todas parroquias dun concello xa teñen imaxes como é o caso de Pontedeume márcase para borrar co marcador {{Lixo}}. Unha vez comprobado que todas as parroquias teñen imaxe engádese o motivo que xustifica o borrado. Por exemplo: {{lixo|xa non é necesaria, todas as parroquias de Pontedeume teñen imaxe.}}. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:29, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas a ti por cargar as imaxes que faltaban. As imaxes que están cargando son de moito valor para mellorar a Galipedia, para axudar a completar tarefas aos colaboradores e para os lectores que consultan este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:06, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Praias de Galicia[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio. Engadín a praia da Madalena á lista de Praias de Galicia. Como o nome da praia non é o mesmo no nome da fotografía e na descrición non sei se puxen o nome correcto. Podes comprobalo nesa páxina? Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:39, 6 de abril de 2012 (UTC)

Grazas. En canto a mover a galería adiante, se prefires que o faga eu dimo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:00, 6 de abril de 2012 (UTC)
Feito. --Prevertgl 22:14, 6 de abril de 2012 (UTC)

Pasar a Galilibros[editar a fonte]

Se houbese administradores no Galilibros, pedíaselle que importaran a páxina con todo o historial e xa estaba. Ao non haber, o único que se pode facer é crear a paxina de novo, copiando de aquí e pegando alí.

Se queres, podes indicar alí, no resumo de edición, que o contido foi levado da Galipedia.

Cando remates podes marcar a paxina orixinal con {Lixo|trasladada a Galilibros}. . HombreDHojalata.conversa 16:48, 29 de maio de 2012 (UTC)

[[w:Pontedeume|Pontedeume]]. --. HombreDHojalata.conversa 18:36, 29 de maio de 2012 (UTC)

RE:Concellos sen imaxe[editar a fonte]

Tes razón que hai varias imaxes libres da ponte do Pedrido pero realmente a ponte non é do concello, ¿non?, está na fronteira dos dous concellos, creo..., boeno, supoño que podería poñerse mentras non hai outra cousa. De tódolos xeitos este verán maloserá :) que non teñamos oportunidade de ir por alí a facer algunhas fotos, o primeiro que pase que avise, vale? ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:59, 30 de maio de 2012 (UTC)

Ponte do Porco[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio! Estaba a aquelar o artigo de Paderne, e quería preguntarche se a ponte medieval sobre o río Lambre que fotografaches é a Ponte do Porco. Sería interesante facerlle un artigo de seu, pola súa importancia histórica. Hai uns cantos artigos que ligan cara a ela.

Outra cousa: cando subas imaxes, sería fantástico se incluíses as coordenadas xeográficas das mesmas. É fácil, podes mirar por exemplo os datos desta imaxe.

Un saúdo, e parabéns polo teu traballo, que nos estás a ensinar zonas ben lindas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:11, 7 de xullo de 2012 (UTC)

A ponte do Pedrido é da Xunta //www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/03/20/xunta-recibe-36-ofertas-reparar-puente-o-pedrido/591812.html --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 14:31, 7 de xullo de 2012 (UTC)

RE: Imaxes de Paderne[editar a fonte]

Xa está marcado Paderne coma con imaxe, xeniais as túas fotos!. Tomo nota das parroquias que faltan por si dou unha volta por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:58, 11 de xullo de 2012 (UTC)

Por certo, rematei de pasar tódalas imaxes de Paderne a Commons, están aquí, só queda ordenalas un pouco pero iso quedará para outra vez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:24, 20 de xullo de 2012 (UTC)

fútbol gaélico[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio! Como fotógrafo co-oficial do Arco Ártabro, teño que facerche unha solicitude: O venres ás 21 en Narón hai un partido de fútbol gaélico entre Galiza e Bretaña (datos); Vaiche ben achegarte alí e tirar unhas fotos? Pode ser ben curioso o partido.

Se non podes, non pasa nada, of course. Moitas grazas!!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:53, 17 de xullo de 2012 (UTC)

imaxes e vídeos[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio! Mil grazas por achegáreste ao partido, así poderemos tod@s ver fotos chulas do evento! :)

As fotos podes categorizalas en Categoría:Imaxes de fútbol gaélico en Galicia, á súa vez categorizada en Categoría:Imaxes de deporte en Galicia e Categoría:Imaxes de fútbol gaélico; esta última iría en Categoría:Imaxes de deporte e podería incluír unha ligazón a Commons (Commons:Category:Gaelic football). Xa me encargo eu de crear estas categorías.

Respecto ao dos vídeos, habería que incluílos tamén en Categoría:Vídeos de Galicia (ao haber moi poucos, non hai aínda categorías máis concretas). A cuestión é que ten que ir en formato .ogg (creo que se pode modificar na web http://theora.org/). Non teño nin idea de se hai límite de duración; supoño que a única pega é o tempo que tarda en cargalo :/

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:31, 22 de xullo de 2012 (UTC)

Estupendo traballo, meu! Xa incluín unha das imaxes no artigo fútbol gaélico, e nas imaxes dos combinados incluín os nomes dos xogadores. Probaches co dos vídeos? Teño ganas de mirar! :)
Xa de cara ao outono, podes achegarte á Coru para facer fotos de Fillos de Breogán ou a Oleiros para facer fotos de Ártabros de Oleiros.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:37, 23 de xullo de 2012 (UTC)

Encoro das Tres Gargantas[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio! Acabo de editar no artigo sobre o encoro das Tres Gargantas que vés de crear, pero non me decatei de que tiñas posto o marcador de 'en tradución'. Mil perdóns se che dá conflito de edición. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:43, 2 de agosto de 2012 (UTC)

Cerdeira[editar a fonte]

Ola Xose Antonio, xa corrixín o artigo da cerdeira, torneille a dar o nome simplemente de cerdeira coma ti recomendabas, indicando que a cerdeira brava tamén entraba nesa mesma especie. E é que, como che indiquei onte, a verdadeira cerdeira galega, a brava, de onde saíron as variedades cultivadas da nosa terra, e igualmente Purnus avium, sexa ou non outra variedade. A diferenza doutros Prunus a cerdeira é realmente autóctona e a especie brava coincide en nome coa cultivada, de aí o erro. Tamén nas miñas edicións intento darlle 'apelidos' a tódalas especies para que non coincida co xénero: por exemplo o artigo piñeiro, non é o do piñeiro bravo, senón o do xénero Pinus, por iso eu me decantaría por usar os nomes latinos como xa vén facendo a Wiki española. A diferenza é que o xenero Prunus non ten nome común, xa que abrangue cerdeiras, ameixeiras, amendoeiras...etc...contodo creo que entre todos faremos un bo traballo. Grazas unha vez máis polas recomendación, por que é isto o que fai que sexa unha enciclopedia libre. Saúdos.Nachonion (conversa) 09:57, 1 de setembro de 2012 (UTC)

Avena sativa[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio, Grazas por me escribir. Estarei encantado de completar o artigo, de feito traballo como agrónomo e acostumo facer plans de fertilización de avea nalgúns países. Tamén estaba a rematar o artigo da soia, que estaba moi incompleto. Calquera tema relacionado coa botánica, o agro ou a construción (especialmente a popular) son do meu agrado. Saúdos. Nachonion (conversa) 06:24, 21 de setembro de 2012 (UTC)

Re:Concello de Ortigueira[editar a fonte]

A galería das casas de concellos comezouna Prevert, que conste :). Para poñerte en contacto cos usuarios creo que hai que ter conta en Flickr, eu teño así que se queres podo comentarllo a ver se cambian a licenza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:17, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! :), unha imaxe máis para a galería! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:13, 7 de novembro de 2012 (UTC)

Tomo nota para cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:14, 12 de novembro de 2012 (UTC)

USC[editar a fonte]

Caralludas as túas achegas sobre a USC, Xosé Antonio! Moi ben aquelado o artigo! Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de decembro de 2012 ás 22:36 (UTC)

Si que é certo que ao propor un artigo como destacado sempre axuda a melloralo entre a comunidade. Sobre a súa historia non teño moitas máis referencias có relativo á segunda metade do século XX, con datos que xa incluín tirados do libro 1968, do "gaudeamus igitur" ao "venceremos nós", pero seguro que hai xente que dispón de máis datos. Abofé que aínda queda moito por facer, pero o artigo xa vai collendo xeito. Quizais cumpría actualizar dous datos que hai no cabezallo: un do ano 2010 (número de campus) e outro do curso 2010-11 (alumnado). No primeiro con mudar o ano abonda, pero no segundo habería que buscar os datos deste curso, mais non sei onde poden estar. Saúde, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de decembro de 2012 ás 23:34 (UTC)

Participación activa[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta de esquema para os obradoiros, Wikipedia:Participación_activa#Proposta_de_esquema_para_os_obradoiros, cambia o que pareza. Eu teño unha pequenísima presentación para a parte da introdución ó proxecto, teño que buscar un servidor que me deixe publicala no formato orixinal e logo xa vos paso a ligazón para que lle botedes un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2012 ás 01:24 (UTC)

E os apuntamentos eses lembras se estaban nunha páxina de usuario ou se estaban noutra páxina? Porque fai tempo atopei estes apuntamentos, serán eses?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2012 ás 12:11 (UTC)
Oki, se o atopas avisa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2012 ás 00:18 (UTC)
Boas, puxen unha ligazón na páxina da proposta de participación activa a unha presentación de introdución á Galipedia, a ver se che é útil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 11:58 (UTC)

Pol Pot[editar a fonte]

Meu, incrible o lavado de cara que lle deches ao artigo; parabéns! Só unha cousa: para axustar o cabezallo ao formato de artigos de persoas, suxiro a seguinte redacción:

Saloth Sar, nado en Prek Sbauv (Kompung Thom) en data incerta (algunhas fontes dan o 19 de maio de 1925, e outras o 19 de maio de 1928) e finado en Anlong Veng o 15 de abril de 1998, foi un dirixente comunista camboxano coñecido como Pol Pot, líder da guerrilla dos Khmers Vermellos dende a xénese destes na década de 1960 até a súa propia morte.

Obviamente, coas referencias existentes, que non inclúo aquí para evitar problemas de visualización. Que che parece?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de decembro de 2012 ás 23:06 (UTC)

Ok, pois xa edito eu :) Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de decembro de 2012 ás 11:16 (UTC)

USC[editar a fonte]

Si moito máis lóxico en notas, por certo vin no de participación activa co gallo do aniversario da galipedia que eras de pontedeume e que te ofrecias para cubrir esta zona, eu tamén ainda que non estou moito por aqui, non son de moita axuda pero podo botarche unha man no que poida. --Anton45 (conversa) 24 de decembro de 2012 ás 18:31 (UTC) Si, xa supoñia, pero quería asegurar por se acaso.... Pois o dito se che podo axudar co que sexa non o dubides! E xa nos veremos polo pobo estos días. Unha aperta!! --Anton45 (conversa) 25 de decembro de 2012 ás 17:08 (UTC)

Coordenadas[editar a fonte]

Ola, Xosé Antonio! Vexo que ultimamente animácheste a crear artigos sobre lugares. Sería moi interesante que incluíses as coordenadas para poder xeolocalizar os artigos nos mapas. Eu adoito usar o programa Google Earth. Anímaste?

Un saúdo!!--Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xaneiro de 2013 ás 23:56 (UTC)

A min resúltame máis cómodo ir poñéndoas xa co artigo; ao igual que cando xeolocalizo as imaxes, que aproveito para xeolocalizar os artigos nos que aparecen. Sen infravalorar a meta dos 100.000 artigos, sigo a ser partidario de menos artigos pero máis completos, pero comprendo os retos e entendo a motivación que provocan :)
Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xaneiro de 2013 ás 00:09 (UTC)

galipedia 10[editar a fonte]

Ola, non puido ser antes de rematar o ano pero xa neste 2013 e canto antes temos a posibilidade de comezar as actividades do 10 aniversario da galipedia. En Narón ofrécennos facer un de istos obradoiros. Non sei se haberá alguén máis perto que se poida achegar. Se che interesa a ti apúntate e concretaremos os detalles para comezar alí. --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 9 de xaneiro de 2013 ás 13:06 (UTC)

Ola, evidentemente necesitamos un tempo para organizar a charla en Narón. Non sería con menos de dúas semanas ou un mes o que viría a ser para o mes de febreiro. Hai que falar con eles e publicitala. Pensa unha data que che veña ben e falamos con eles para concretar a reserva do local. En canto a material e organización temos como base este https://docs.google.com/open?id=0B9oq3LXvQWLWN0lSQ3B5WGRDalE xa empregrado en anteriores accións. Pódese adaptar e ampliar segundo se vexa. En canto a ferrol teñen esta aula http://cemit.xunta.es/gl/centro/33 non me dirixín a eles para preguntarlles, podes dirixirte di a eles ou fago eu, como vexas. --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 9 de xaneiro de 2013 ás 17:37 (UTC)

O Venres 1 de febreiro ás 19:00 en Narón. Hai que confirmar con eles a dispoñibilidade e facer a reserva. Sei que a aula está dispoñible en mañá e tarde pero non ata que hora. Vouno preguntar. En canto a ferrol non hai problema tentarei poñerme eu en contacto con eles a ver se están interesados. Saúdos --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 9 de xaneiro de 2013 ás 18:24 (UTC)

Pola data din que ben. Preguntan que cando duraría a actividade. Penso que cunha hora é suficiente: de 19:00 a 20:00, sería o venres 1 de febreiro. Se che parece todo correcto confirmamos. Saúdos --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 10 de xaneiro de 2013 ás 13:47 (UTC)
Non entendo por qué precisan a relación de participantes de forma previa, non a poden facer no momento, xusto ó comezar o curso ou ó rematalo? Se non hai outra maneira pois haberá que facelo así, pero iso implica que hai que anunciar o obradoiro con máis antelación e explicando claramente cómo apuntarse e os datos necesarios. Concordo en que non é boa idea facer unha páxina na Galipedia, tanto polo que comenta Nemigo coma porque xustamente a xente que vaia ó curso non saberá manexar demasiado ben o entorno, e non lle será doado apuntarse. Espero que vaia todo ben, se precisas algo avísame. Se podes, e che apetece, podería estar ben ter unha fotiño do obradoiro para que quede para a posteridade :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2013 ás 23:31 (UTC)
E digo eu, como vai ser a difusión do evento? ónde se van a enterar de que se vai facer? vaino anunciar o concello ou a aula Cemit esa? É para tomar nota do funcionamento para usalo para os outros obradoiros :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 17:45 (UTC)
Cartel para anunciar o obradoiro de Narón.
Faláchedes co concello? Fixen un cartel básico, bótalle un ollo e se hai que amañar algo ou queres cambiar algo do texto podo facelo nun momento, e logo se queres mándoche o ficheiro orixinal que está en formato ODT pero podo pasalo a outros formatos. Podemos mandarlles un correo dicíndolles que imos facer esta actividade e que nos gustaría que a difundisen entre os seus veciños e que poñan o cartel nos sus taboleiros de anuncios xa que será unha actividade aberta a tódolos veciños e gratuíta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2013 ás 01:52 (UTC)
Dinlle un repaso, engadín a información que me dixeches e puxen os datos nunha táboa para que estén claros, se ves que hai que mellorar algo dimo que non costa nada cambialo, eso si, a maquetación non é o meu forte :). Ollo, a vista en miniatura nesta conversa parece que non se actualiza, hai un problema con isto nos servidores porque están cambiando de ordenadores, para ver o novo documento tes que pulsar sobre el ata abrir a vista a tamaño real, ou descargalo no teu ordenador. O que se pode facer tamén é buscar un par de asociacións culturais de Narón e mandarlles un correo para avisalos do curso e mandarlle o cartel por se queren colaborar e publicalo entre os seus socios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2013 ás 11:16 (UTC)
Ó mellor tamén estaba ben contactar con asociacións de veciños, todo o que esté interesado e poda participar sempre será benvido :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2013 ás 00:49 (UTC)

E contactáchedes coas asociacións de veciños ou culturais que haxa no concello? Tamén se pode mandar ós institutos por se alguén lle interesa e tamén para que, se poden, que poñan o cartel no seu tableiro de anuncios ou algo así. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2013 ás 00:37 (UTC)

Vale, fágocho pola tarde-noite que neste ordenador non teño o ficheiro orixinal para modificalo, xa che aviso cando esté. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 11:34 (UTC)
Perdoa, onte pasóuseme este choio, xa puxen un aviso ben grande para facelo hoxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 09:33 (UTC)
Xa está modificado e subido o .pdf. Asumín que a hora era a mesma, se hai que facer calquer outro cambio avísame. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 17:29 (UTC)
Moi ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2013 ás 22:21 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────As cousas normalmente non saen á primeira :), espero que cando organices o de Pontedeume vaia mellor a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2013 ás 23:21 (UTC)

O Pao[editar a fonte]

Efectivamente, tes razón. Xa o corrixo. Graciñas pola atención. Un saúdo.--Servando2 (Dime) 3 de marzo de 2013 ás 01:29 (UTC)

Artigos en falta[editar a fonte]

Certo que non son artigos sinxelos. Antes do 30 de abril están. Palabra de Agremon.--Agremon(contacto) 28 de marzo de 2013 ás 10:40 (UTC)

Comezo (lentamente) con explosivo.--Agremon(contacto) 28 de marzo de 2013 ás 15:43 (UTC)

Ramón de Valenzuela[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio, no artigo Ramón de Valenzuela engadícheslle demasiadas ligazóns internas (algunhas delas repetidas), polo que o artigo queda moi saturado, ademais, cando lle engadas ligazóns internas a un artigo procura evitar ligazóns cara termos coma liberdade, fillo, pai, familia ou festa, salvo que o artigo trate sobre estes temos, evidentemente nun artigo sobre a filosofía si que lle terías que engadir a ligazón cara liberdade. Podes ler algo máis sobre isto aquí. Xa lle quitei eu algunhas ligazóns ao artigo, pero creo que aínda quedan unha poucas, a ver se o podes facer ti. Unha aperta. --JaviP96 31 de marzo de 2013 ás 18:34 (UTC)

Grazas polos cambios, aínda que penso que se podían manter un par de ligazóns máis, novela, actor e seguro que se me escapa algunha.
Por outra parte permíteme felicitarte polo magnífico traballo que realizaches no artigo xogo de azar, ademais de noutros artigos coma a Universidade de Santiago de Compostela, por certo se queres pásate a ampliar o artigo sobre Santiago de Compostela, que está proposto para artigo sobre Galicia. Un saúdo! --JaviP96 31 de marzo de 2013 ás 23:35 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:11 (UTC)

Usuario:Xosé Antonio/En construción[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio, ven que nesa subpáxina de usuario estás a ampliar o artigo sobre as matemáticas, pero creo que é mellor que o amplíes directamente no artigo, xa que é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter, e un dos factores que utilizan para a clasificación é a profundidade, é dicir, o número de edicións dos artigos, por tanto, cantas máis edicións se fagan neses artigos mellor. Saúdos! --JaviP96 3 de maio de 2013 ás 21:21 (UTC)

Vale, o que tamén podes facer se vas meter texto en inglés é ocultalo, poñéndoo así: <!--Texto-->, co que aparecería o texto oculto. Por outro lado alégrome de que te esteas a dedicar a crear e ampliar os 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter, se se animar máis xente ata se podería crear un wikiproxecto. Saúdos! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 11:57 (UTC)
100% non, 200% a favor de incluírlles ese marcador!!, como na Wikipedia catalá, se tal abre un fío na taberna para propoñelo. Saúdos! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 19:36 (UTC)
O modelo non sería problema, o problema sería a imaxe, poderíase coller a da wiki catalá (que a min persoalmente non me acaba de convencer), buscar outro ou crear un, se tes algunha idea adiante! Saúdos! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 20:12 (UTC)
Creo que o mellor sería algo polo estilo do da Biquipedia, xa que ademais de indicar que é un dos 1000 artigos fundamentais, tamén indica o tamaño. Saúdos! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 21:16 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Xa votei, e fixen uns subapartados para escoller o logo, no que me comentas de se poderían actualizar automaticamente, non creo (aínda que estaría ben), de todas formas se se aproba preguntareille a Toliño se sería posíbel. Por outra banda, se che parece lanzamos o wikiproxecto, a ver que pasa. Un saúdo! --JaviP96 4 de maio de 2013 ás 21:35 (UTC)

{{1000}}[editar a fonte]

Ola de novo Xosé Antonio, xa creei o modelo para os artigos e como proba incluíno en historia e Alemaña. Calquera cambio que se che ocorra, coméntao na Taberna, para non perder á xente, mira especialmente o tema da categorización, creo que o máis interesante e clasificar os artigos segundo o tamaño. Saúdos! --JaviP96 6 de maio de 2013 ás 17:25 (UTC)

Si, inclúese de forma automática, pódelo ver nos dous artigos aos que xa llo puxen, e se finalmente se decidira de crear 3 subcategorías polo tamaño, tamén se incluirían de forma automática. No que comentas do tamaño do logo, pode que sexa algo pequeno, pero se se pon máis grande, quedaría por debaixo da liña (como podes ver nos artigos anteriores xa está no límite) e penso que non quedaría ben esteticamente. Por outro lado, xa lle comentei a Toliño, se esta inclusión a podería facer un bot, estou agardando pola resposta, se o puidera facer, aforraría moito traballo, e ademais tamén actualizaría os artigos cando se ampliaran. Saúdos! --JaviP96 6 de maio de 2013 ás 22:44 (UTC)
Xa, xa sei que está desactualizada (e bastante), só llo puxen como algo provisional, case sería mellor actualizala aquí, e ao mellor incluso un bot podería poñer o tamaño entre parénteses. Un saúdo! --JaviP96 7 de maio de 2013 ás 06:02 (UTC)

Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio, xa lancei o wikiproxecto sobre os 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter (preme aquí para apuntarte) Podes ir engadindo as tarefas que consideres na parte de traballos a realizar, ou facer calquera outro cambio. Saúdos! --JaviP96 9 de maio de 2013 ás 13:36 (UTC)

Boas novas[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio! hai boas novas respecto ao wikiproxecto, subimos 7 postos na clasificación, mira Wikipedia:A Taberna (novas)#Gran avance da Galipedia na medición da lista de artigos que toda Wikipedia debería ter. Saúdos!! --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 20:11 (UTC)

Xa cambiei a redirección e tamén lle puxen o marcador dos 1000 (retireillo por suposto ao outro, non nos fora pasar outra vez que houbera 1001). Saúdos!! --JaviP96 5 de xuño de 2013 ás 13:33 (UTC)

Obradoiro de edición na Coruña[editar a fonte]

Boas, mira, vou dar un obradoiro de iniciación á edición da Galipedia na Coruña e precisaba que a cousa tivera a máxima participación posible, se coñeces algunha persoa que poda estar interesada, ¿poderías comentarlle esta posibilidade? Tes máis información na taberna e tamén podes preguntarma directamente na miña conversa.

Ó mesmo tempo se queres que quedemos para falar de cousas do proxecto podería ser unha boa ocasión quedar ó remate dun dos cursos. Estou a pensar en organizar un grupo de editores organizado na Coruña, non sei se che interesaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 13:28 (UTC)

Moi ben, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 07:41 (UTC)

RE:Mediana[editar a fonte]

Ola Xosé Antonio, moitas grazas pola corrección, para ocasións coma esta, o que podes utilizar a ferramenta de substitución automática de texto, que se atopa á dereita de todo na barra que está encima da caixa de edición. Xa saíu a clasificación, o resultado foi que subimos 6 postos, medramos 2,69, sendo a segunda wiki que máis medrou, só por detrás da usbeca, que non me explico como medrou un 5,79. Vou a actualizar agora mesmo a evolución histórica e, se queres, podes dar ti aviso na Taberna. Saúdos! --JaviP96 3 de xullo de 2013 ás 22:00 (UTC)

Xa teño a explicación do crecemento da wiki usbeca, medrou tanto por crear mini-artigos coma este, creados cun bot, e que nunha wiki cun mínimo de seriedade non serían aceptados. Diminuíron en máis de 2.000 caracteres o tamaño medio dos seus artigos, por crear máis de 400 artigos coma este. Ademais, os bots son tamén utilizados para ampliar artigos, mira por exemplo, este, que aumentou o seu tamaño en máis de 20.000 bytes un bot recentemente ou este, que o aumentou un bot en 35.000 bytes máis. Así teñen case 130.000 artigos con só 90 usuarios activos. Alá eles se só queren ser un número e non ter bos artigos. --JaviP96 7 de xullo de 2013 ás 13:01 (UTC)
A verdade é que é unha vergoña o desa e o de outras wikis que medran pasando totalmente da calidade e da utilidade que deberían ter. Dos 127.000 artigos que ten a wiki usbeca, máis de 120.000 foron feitos por bots, como podes ver aquí (datos de maio, polo que aínda hai máis), e a iso habería que engadir as ampliacións que fan os bots de artigos creados por usuarios, aínda que isto creo que só o están a utilizar para medrar na lista dos 1000 seleccionados. Pensei en avisar en meta e que os excluíran da lista ou tomaran algunha outra medida, pero creo que nin merece a pena pensar neles, que sigan a facer trampas. Saúdos! --JaviP96 7 de xullo de 2013 ás 20:29 (UTC)

RE: Álxebra lineal[editar a fonte]

Perdoa a tardanza... Si, tes razón. Recuperei a ordenación. Quiteina por non fixarme nese detalle. O outro (a barra vertical e mais o espazo) serve para que apareza de primeiro artigo na Categoría:Álxebra lineal, polo esa clave de ordenación xa sobrescribe a imposta por {{ORDENAR:}}. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de xullo de 2013 ás 12:45 (UTC)

Pontedeume[editar a fonte]

Pois non me decatara!, tes toda a razón, cambieina por outra do castelo de Andrade, ¿que che parece así? Pensei que sería mellor variar un pouco as imaxes da montaxe xa que había dúas do río, pero agora que puxen a do castelo decátome de que agora hai dúas de castelos! Quizais ti podas cambiala por outra mellor, quizais unha igrexa que teña unha boa foto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 23:48 (UTC)

Mellor que sobren ca que falten! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 00:09 (UTC)
Pois agora si que ides poder fachendear, todo o mes estades na portada! Parabéns!, moi bo traballo! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 00:36 (UTC)

Outra cousa, estamos a pensar propor Pontedeume a artigo de calidade, ti que dis? Poñémolo xa ou queres esperar? Eu penso que xa está bastante maduro pero ti o coñeces moito mellor ca min. De tódolos xeitos como a votación dura un mes, se houbera algún comentario para amañar aínda habería tempo a facelo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 22:06 (UTC)

Ben, entón penso que xa se pode propor, os usuarios que participen na votación xa contarán o que pensan que haxa que amañar. E outra cousa, eu tampouco voto case nunca nos artigos porque non teño tempo a lelos :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 22:45 (UTC)
Moi ben, eu cando teña un momento botareille un vistazo con tranquilidade, pero non sei cando vai poder ser! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 07:28 (UTC)

RE: Clasificación de setembro dos 1000 artigos[editar a fonte]

Agora lle voto un ollo, o que xa vin é que temos unha nova "wiki usbeca" ou mellor dito "usuario usbeco". ce:Декъашхо:Simba16 crea artigos coma quen fai unha edición, supoño que con traducións automáticas, como se explica senón isto: 1, 2, 3, 4, 5 e conste que mirei só cinco artigos ao chou desta lista e todos foron creados polo mesmo usuario cuns 30.000 bytes de media e algúns no mesmo día. Mirando a súa páxina de usuario, acabo de ver que ao fondo ten unha táboa que pon mil e ten ligazóns cara máis de 200 artigos, polo que vin ata agora todos creados por el. Saúdos. --JaviP96 6 de setembro de 2013 ás 20:14 (UTC)

Mirando o artigo que che puxen máis adiante creo que o que fai é coller os artigos enteiros da wiki rusa (que ten unha puntuación perfecta), traducir as primeiras liñas e deixar o resto do texto en ruso oculto. Así este artigo con só dúas liñas ten máis de 100.000 bytes Ese usuario fixo onte mesmo 7 artigos coma este todos cunhas liñas de contido e o resto oculto. Que un só usuario faga trampas desa maneira tan descarada é como ti ben dis un cachondeo, e ademais desprestixia á clasificación, que vamos facer, mirar a ver que da metido máis contido directamente do tradutor nos artigos para subir postos? Iso é unha vergoña e xa llo notifiquei ao que leva a clasificación, a ver que di, supoño que como mínimo se retirará todo o contido que meteu oculto nos artigos para aumentar o tamaño. Co do tabaco que me comentaches onte, xa o corrixín. Si que estaría ben que alguén crease o artigo da planta o que non sei é porque un xaponés se pon a retirar ligazóns en wikidata do artigo sobre o tabaco para pasalo ao artigo da planta, cando ademais, a maioría dos artigos da planta noutra wiki teñen o nome de "Nicotiana tabacum" e non o de "tabaco". Si que estaría ben que alguén se animara a facer o artigo da planta, pero supoño que teremos que aprender a convivir co feito de que algúns meses nos darán algún artigo como non creado. Saúdos! --JaviP96 7 de setembro de 2013 ás 11:02 (UTC)
A resposta que me deron foi que na wiki usbeca copian ese texto desta enciclopedia (polo que non ten o formato propio de wikipedia que debería) e que na chechena o texto oculto non conta na listaxe, de todas formas haberá que estar atentos non vaia ser que deixe de poñelo oculto. Con respecto ao crecemento, os terceiros creceron 0,978888888888888888888888888889 e nós 0,976666666666666666666666666667 (co do tabaco probablemente fóramos terceiros) e polo que vin doutros meses, non lle deron mención honorífica a ningunha wiki con menos de 1 punto de crecemento. Saúdos. --JaviP96 24 de setembro de 2013 ás 13:51 (UTC)

Tabaco[editar a fonte]

Ola! Pois paréceme unha boa idea o que propós...xa fixen algo semellante con outros artigos como: kiwi (froito) e kiwi (planta)...en breve estarán os dous artigos...saúdos.Nachonion (conversa) 7 de setembro de 2013 ás 21:57 (UTC)

Ola de novo! Xa está feito o artigo de Tabaco (planta). Saúdos.Nachonion (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:37 (UTC)

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:17 (UTC)

Boeno, aínda non está decidida a data, se queres avísoche cando haxa algo definitivo por se non o ves na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 22:57 (UTC)
Boas, estou tentando relanzar este tema e a estas alturas as datas cambiarán bastante, se che interesa a cousa comenta por alí as datas e o sitio que che iría ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2013 ás 00:20 (UTC)

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Xosé Antonio! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:16 (UTC)