Ártabros de Oleiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ártabros de Oleiros Fútbol Gaélico
NomeÁrtabros de Oleiros.
Alcume(s)Ártabros
Fundación2011
Estadio-
Capacidade-
PresidenteGalicia -
AdestradorGalicia -
LigaLiga Galega de Fútbol Gaélico
2014/15
VestimentaSantín Dixital
PatrocinadorCanosa, Tamisa, Fran Carrera
Na rede
http://corunna.yolasite.com/oleiros.php
Titular

O Ártabros de Oleiros é un equipo de fútbol gaélico da localidade de Oleiros, A Coruña (Galiza) con filiación co Fillos de Breogán da Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo naceu no 2011 logo do acordo da xunta directiva do Fillos e Breogán para crear un novo equipo en Oleiros con filiación co Fillos de Breogán. A xunta directiva decidiu por maioría simple nomear ao novo club irmán como Ártabros de Oleiros. Os seus integrantes poden ser convocados polo adestrador dos Fillos de Breogán Carlos Seco, tamén adestrador do novo equipo, polo menos nos seus comezos. No caso de que o equipo oleirense contara con efectivos suficientes, o Ártabros de Oleiros pasaría a participar tamén nos torneos do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome do equipo tomouse da tribo dos Ártabros, de orixe celta, que se asentou na área comprendida entre as rías da Coruña e de Ferrol.

Escudo e cores[editar | editar a fonte]

O escudo deseñouse tendo en conta o novo nome do club e tomando como referencia o brasón da vila. O fondo do escudo é de cor azul (ao igual que o de Oleiros) e na parte inferior matén as ondas do brasón da vila, na parte central aparece representado un tríscele espiral que fai referencia ás raíces célticas. Sobre as ondas aparece un balón de fútbol gaélico branco.

A cor do equipo é o negro. O uniforme é camiseta negra, pantalón azul e medias azuis.

Clasificación[editar | editar a fonte]

2012[editar | editar a fonte]

Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2013[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7

Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2013/2014[editar | editar a fonte]

Copa Galega de Fútbol Gaélico

10º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2014/2015[editar | editar a fonte]

Liga Galega de Fútbol Gaélico

Copa Galega de Fútbol Gaélico

11º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]