Conversa usuario:Emilio juanatey/Arquivo1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido/a á Galipedia Emilio juanatey. Confiamos en que disfrutes colaborando con este proxecto e tamén que permanezas moito tempo connosco. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:38, 8 febreiro 2006 (UTC)

¿Tes algo que ver con Chus Juanatey Dorado? É a miña profesora de Castelán. É unha señora como duns cincuenta ou sesenta anos. Xa sei que o dos apelidos pode non ter nada que ver... ó mellor é túa tía, ou algo así. Saudiña, 83.40.174.54 15:15, 6 marzo 2006 (UTC)

  • Non é por nada, pero este estilo de pregunta deberíanse de facer en privado (por correo-e a ser posibel). Vou respeta-lo esposto polo usuario anónimo, pero non obstante tamén lle queda notificación na mesma ip's. E capeando o temporal por outro lado. Darche a benvid@ a Galipedia esperando a que te sintas coma na túa casa. Saúdos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 15:34, 6 marzo 2006 (UTC)

ao usuário sen rexistar: todos os Juanatey estamos relacionados e somos orixinários de Noia, de feito eu coñezo ou directamente ou por referéncias aos que ainda viven ali, pero hai outra póla da família na Coruña coa que non teño relación. un saúdo e até logo!

Correccións de Filloa[editar a fonte]

  • De entrada darche as grazas, polas correccións que fixeches sobre o artigo de Filloa; pero tamén vexome a obriga de pegarche un tirón de forellas. Semellas moi novo en idade como para que algún termos como "pedra parrumeira" ou o célebre "trespés" se vexan suprimidos do artigo, cando ai anos que xa non se utilizan (iso non significa que se deban de esquecer); ou ven por outras que coincida que tí nunca os tiveses oido. É parte da historia galega, polo que se non é moito pedirche, te informes máis a miudo, non esquezas pasarte pola biblioteca e (sobretodo) polo museo. E agrego un dato máis: onde se fala do touciño (nos ingredientes) noutras zonas de Galicia sóese sustituir polo "pingo". Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:07, 5 abril 2006 (UTC)
  • Ola, que tal. En Big Bands escribiches un texto e logo o borraches, foi un erro, é un texto incorrecto, dime que hai que facer con esa páxina, borrala?, revertila?, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 09:11, 9 abril 2006 (UTC)
  • Xa me dei de conta que o erro estaba no título, é Big Band, non te preocupes xa borro o título incorrecto, de novo saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 09:13, 9 abril 2006 (UTC)

La (música)[editar a fonte]

que significa isto: afinábase de ouvido, co que a altura das notas ia aumentando? --Sobreira 15:15, 1 xuño 2006 (UTC)

  • Xa entendín, son un pouco lelo, debín seguir lendo todo ata o final. mellor así?:afinábase de ouvido, co que a altura (o seu grao de agudeza ou gravidade, a súa medición física exacta) desta e as demais notas era inestábel e foi aumentando co tempo

Wikipedia:Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola Emilio juanatey!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Categoría Música[editar a fonte]

Ola Emilio juanatey, estamos a traballar na elaboración das categorías da rama Música en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Música. Como moitas das túas contribucións están relacionados con ese campo de coñecemento queremos pedir a túa axuda para pechar o debate e coñecer a túa opinión sobre o que se leva elaborado. En canto ao desenvolvemento da categoría a estrutura está determinada en parte por categorías comúns ao conxunto de ramas de categorías, pero atopamos problemas para decidir a clasificación da Música galega e para desenvolver a subcategoría Personalidades da música que entre outras cousas debe substituír á antiga categoría Artistas. Invítote a intervir no debate porque a túa aportación será moi útil para mellorar esta rama. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:01, 3 outubro 2006 (UTC)

Grazas pola intervención no debate, confio en que haxa máis comentarios. O problema que temos é que non se logra concretar o que se leva falado nunha árbore de categorías. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:05, 5 outubro 2006 (UTC)

Image:Paralaxe.gif[editar a fonte]

Ola Emilio. Retoquei os datos desta imaxe: Engadinlle a orixe e cumprimentei os datos da licenza ({{GFDL-user-w|pt|Wikipedia Portuguesa|Sebastiao.rocha}}). Rógoche que, se sobes unha imaxe doutra wikipedia, coloques unha ligazón á páxina do orixinal. Tardei en atopala, ata que se me deu por mirar a W. portuguesa. Grazas. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:49, 17 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Emilio juanatey. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)

Image:Continuous Casting Machine.png[editar a fonte]

Ola Emilio. Por desgraza a licenza que ten a imaxe na Wikipedia en inglés non é compatible coa Galipedia. É unha imaxe con copyright que pode estar publicada alí conforme as leis do fair use dos Estado Unidos. Iso e unha situación particular que non se corresponde, en xeral, coas políticas do resto das Wikipedias. Recentemente un dos membros da Fundación Wikimedia, a fundación que opera a Wikipedia, publicou unha mensaxe definindo con máis precision as políticas sobre imaxes. En conxunto coinciden coas propostas en Commons (o repositorio de imaxes común a todos os proxectos Wikimedia). Sigue habendo certas situacións particulares en algúns proxectos pero o marco xeral é o definido en Commons, que é moito máis restritivo co da Wikipedia en inglés. No caso concreto desta imaxe non é admisible porque ten copyright pero iso non quere dicir que non estean admitidas outras imaxes da Wikipedia en inglés. En Wikipedia:Guía de carga de imaxes tes un titorial con instrucións sobre que imaxes se permiten e cales non. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:42, 27 febreiro 2007 (UTC)

Panteón Real[editar a fonte]

Ola,

O artigo Panteón Real que creaches refírese ao Panteón Real da Catedral de Santiago?

Si así é como creo non estaría de mais incluir o texto no artigo principal e manter o mesmo tempo este non che parece? Se quixeras xa o faría eu ou ti como prefiras. Parabéns polo teu traballo e un cordial saúdo. --Lansbricae 14:06, 30 marzo 2007 (UTC)

Reis de Galiza[editar a fonte]

Ola de novo. Vin que creaches unha nova categoría de Reis de Galiza (creo que o uso correcto no nome dos artigos e categorias é Galicia pero non é esto polo que che escribo). Vexo que lle estas a poñer a categoría a todos eles, pero non quitas a mais xenérica de idade media de Galicia. O correcto para valeirar a categoria de idade media de Galicia e estructurala sría eliminar a categoria Idade m. de ga. dos artigos e poñela na subcategoría Reis de Galiza. e así apareceran todos nesa subcategoría que colga da outra. Non sei se me expliquei ben, espero que si. Un saúdo. --Lansbricae 21:48, 15 abril 2007 (UTC)

Resposta[editar a fonte]

Non hai problema, eu tamén fixen categorías como a de Idade Media de Galicia na que media poñiaa en minúsculas, o caso é que as categorías non se poden mover, pero User:Xosé fixo a modificación e trasladou mediante o seu Bot os artigos a categoría correcta. Quizais restaría ben facer o mesmo nesta ocasión. Outro tema é o de eliminar a categoría que pasa a ser mais xenérica e polo tanto redundante de Idade Media de Galicia que iso creo que só pode facer manualmente. Eu xa o fixen nalgúns. Un saúdo.

Exeria[editar a fonte]

ola de novo, vin que fixeches unha páxina de homónimos de Exeria, pero non dou atopado o artigo inicial da monxa galaica que me interesa. Xa o oveches? si non fose así fariao eu pero non quero facelo sin saber si xa o fixeches ti para non duplicar ou entorpecer ou teu traballo. Un saúdo. --Lansbricae 11:16, 18 abril 2007 (UTC)

contestación[editar a fonte]

Escritora, relixiosa. A primeira muller da que se coñece a súa peregrinación a terra Santa. Eu coñezoa mais pola súa faceta de aristócrata peregrina de finais da Gallaecia, e unha das poucas fontes da época, pero tamén debe ser que me influe moito o punto de vista da exposición que dela fixera o Museo das peregrinacións fai un tempo. Un saúdo e parabéns polo teu traballo. --Lansbricae 11:34, 18 abril 2007 (UTC)

Varios temas[editar a fonte]

Ola Emilio. Inclúo nesta mensaxe varias cuestións:

Para finalizar, grazas polas túas contribucións na mellora deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:48, 9 xuño 2007 (UTC)

Grazas pola corrección. Unha das funcións principais desa norma é evitar continuas mudanzas "cosméticas" polas diferentes preferencias dos usuarios, algo que pode conducir a guerras de edicións e desviar esforzos moi necesarios para a mellora do wiki. Xa sei que este non é o caso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:05, 11 xuño 2007 (UTC)

Re: Caso estraño[editar a fonte]

Grazas polo aviso, semella que hai unha campaña de acoso contra Ecemaml. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:26, 15 xuño 2007 (UTC)

  • Se non soubera do tema xamais o faría pero teño familia no Brasil e sei que esa é unha denominación que só se emprega no Brasil, non existe no portugués de Portugal mais que como forma culta para denominar os tabelións romanos, nunca como sinónimo de notario e no galego non hai unha soa referencia a ese termo, tan só o dicionario de Estravís emprega a forma tabeliom como sinónimo de notário pero o de Estravís non é un dicionario normativo do galego, síntoo se che molestei non era a miña intención.Acerto 16:58, 15 xuño 2007 (UTC)

Dícimo - Dízimo -Dezmo[editar a fonte]

Ola, cal é a fonte que usaches para falar de dícimo, no G.D. Século XXI de Do Cumio fala de Dezmo ou Décimo pero en ningún caso de Dícimo - Dízimo. Contrastadas as fontes cumpriría facer redirecións non cres? Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 12:18, 22 xuño 2007 (UTC)

Ricardo Mella[editar a fonte]

Graciñas polas correcions no artigo, o meu galego e moiiiito mais falado qwue escrito:D--Ensada | Mo dis o mo contas? 13:20, 26 xuño 2007 (UTC)

Pois si, fixenllo orixinalmente en castelan, defendome moito mellor, e mais logo o traducin aqui, porque semellabame que un galego universal coma el tiña que estar na Galipedia. Calquer contribucion sera boa, aunque eu estou mooooito mas en es:, se ollas por ala veras que alguns dos meus corresponsais axudaronme moito e todo o que se engade ala, mais tarde ou temprano a de vir eiqui. Se queres leer mais de el, na paxina dos heredeiros, que ten un enlace no artigo, saen alguns textos, e tamen na da CNT, Una aperta.--Ensada | Mo dis o mo contas? 12:13, 3 xullo 2007 (UTC)

Graciñas e desculpade os meus fallos.--Cleoninha 23:46, 3 setembro 2007 (UTC)

grego[editar a fonte]

Grazas, Emilio, por esa fonte etimolóxica, que era o que necesitaba. Tampouco tiña idea de que non fose *chalaza senón calaza. Sempre se aprende algo novo.

O que non é certo é que sexa o mesmo ca "galeadura". As calazas son esas formacións abrancazadas que unen a xema ós polos do ovo. A galeadura é o óvulo da galiña (o resto do ovo son substancias de reserva, alimento para o futulo poliño) e é esa manchiña branca, redonda e pequena que se ve sobre a superficie da xema. Galeadura e galadura son palabras galegas.

Saúdos. Pedro --Lameiro 15:46, 4 setembro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas por considerarme unha persoa sen autoridade moral. Fuches a gota que fixo deitar o vaso. Estou de acordo (coma os demais) en que tendes que democratiza-lo proxecto. Pero iso supón moito traballo, se se fai ben. Quen o fai? Cres que non pensabamos que había que dar moitos pasos? Adiante, facédeo, como o fagades sen políticas claras vaia futuro. Eu xamais volverei ser administrador aquí, prefiro dedicar os meus esforzos a unha ONG--Lmbuga Commons - Galipedia 00:04, 5 setembro 2007 (UTC)

  • Le User:Lmbuga para comprender algo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:53, 5 setembro 2007 (UTC)
  • Agora si que son sincero dándoche as grazas. Non sei o que pasou co conflito ese ó que todos fan referencia e acabou coas dimisións. Non teño tempo para sabelo e ler todo o que hai que ler para sabelo. Nin me importa. Só me importa que perdemos colaboradores fundamentais. Non creo que Xelo se moleste se digo que Prevert ers crucial. Entre que non estea connosco e o meuconflito particular, a min, acabáronsecheme as ganas.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:52, 5 setembro 2007 (UTC)