Nicole Le Douarin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicole Le Douarin
Nicole Marthe Le Douarin, 2013 (cropped).jpg
Datos persoais
Nacemento20 de agosto de 1930
LugarLorient
NacionalidadeFrancia
Actividade
Campobiólogo, profesor, embriologista, catedrático de universidade e teacher-researcher
Alma máterScience Faculty of Paris e Dupuy-de-Lôme High School
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the National Order of Merit, Commander of the French Order of Academic Palms, Prix mondial Cino Del Duca, Medalha de Ouro CNRS, Prêmio Louisa Gross Horwitz, Prêmio Pearl Meister Greengard, Medalha Edwin Grant Conklin, Kyoto Prize in Advanced Technology, honorary doctor of Columbia University, Prêmio Louis-Jeantet de Medicina, sen etiquetar, honorary doctor of the University of Madrid Complutense, Premios Kyoto, doutor honoris causa pola Universidade de Montreal, honorary doctor of the Université libre de Bruxelles, Honorary doctor of the University of Geneva, Fellow of the Academy of Medical Sciences, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Honorary doctor of the University of Ottawa, Foreign Member of the Royal Society e Prêmio Ralph W. Gerard
editar datos en Wikidata ]

Nicole Le Douarin, nada en Lorient o 20 de agosto de 1930, é unha investigadora francesa en bioloxía e embrioloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en ciencias naturais e doutorada no 1964, comezou a súa carreira como mestra entre 1954 e 1960. Investigadora no CNRS nos anos 1960-1965 e mais tarde catedrática até 1971, foi seguidamente profesora titular dunha cátedra na Universidade de Nantes.

Directora do Instituto de embrioloxía do CNRS e do Colexio de Francia (1975), foi ascendida a directora do Instituto (1976-1988) e logo profesora do Colexio de Francia. Recibiu a rara honra de ser elixida membro da National Academy of Sciences americana.

Hoxe en día é profesora de honra do Colexio de Francia e secretaria perpetua da Academia das Ciencias Francesa. Nicole Le Douarin ten recibido moitos premios e honras, como o premio da Academia das Ciencias en 1965 e a Medalla de Ouro do CNRS en 1986. Nomeada membro estranxeiro da Royal Society en 1989, dende o 2004 pertence ao «Conseil de surveillance de la Fondation pour l'innovation politique» e da Academia Pontificia das Ciencias.

Contribucións científicas[editar | editar a fonte]

A área de investigación de Nicole Le Douarin é a embrioloxía e o desenvolvemento fetal. Contribuíu dun xeito importante á mellor comprensión da formación da crista neural, co desenvolvemento en 1969 dunha técnica orixinal de visualización da diferenciación e migración dos polos de paspallás. Esta aproximación permitiu avances cruciais no coñecemento dos sistemas nerviosos e inmunolóxicos e supúxolle un recoñecemento científico internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]