Conversa:Reino de Galicia/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Inicio esta páxina agardando que colaboredes nela --Alyssalover 19:42, 25 Jun 2004 (UTC)

Perdón por escribir en castellano, soy asturiano. Quisiera decir que me parece curioso(y loable) que sea más imparcial la página del reino de Galiza en gallego que en castellano. 80.32.152.184 10:00, 22 marzo 2006 (UTC)

Non amigo asturiano, non é máis imparcial, é máis falsa. Basear un artigo sobre o Reino de Galiza en Sánchez Albornoz é manifestar un descoñecemento tal da falsidade histórica que este ideólogo da historiografía española realizou que nin os propios españois se atreven a repetir. Só a algún desinformado se lle pode ocurrir algo así. Sánchez Albornoz ten manipulado traducións de documentos antigos sobre Afonso III poñendo "rei Asturias" onde nas fontes orixinais poñía "Rex Galletiae", ademais de falsificar toda a historia da Gallaecia durante a alta Idade Media. Non me extraña que nin ti mesmo te creas estas falsidades.

Fontes[editar a fonte]

a última edición (de Special:Contributions/213.60.128.11) altera o contido sen xustificacións, non a eliminei porque todo o texto carece de fontes, hai que incluir bibliografía e citas, e eliminar o contido dúbidoso (acaso..., noticias confusas) Se os autores do texto poden incluir as suas fontes, mellor, senon teremos que buscá-las.

--Emilio juanatey 08:42, 11 setembro 2007 (UTC)


Concordo de cheo con Juanatey, temos que encher este artigo de citas, e de datos obxetivos, a ver se entre todos podemos facer deste artigo unha referencia de rigorosidade histórica, o reino de Galicia ben o merece. --Alexandros 11:26, 16 decembro 2007 (UTC)

Ola a todos, estou tomando parte na entrada de Reino de Galicia, estou sometendo a páxina a un importante cambio, é dicir, como veredes, estou poñendo citas, links externos, bibliografía, e cubrindo os ocos de documentación que quedan, e que aínda son moitos. Con todo, pregovos que entredes na páxina, que leades e que colaboredes, para min é un tema moi importante porque son nada mais nin menos que mais de mil anos de historia galega, e por iso, porque quero colaborar axeitadamente, vos pido iso, que me digades como vedes a páxina, se mellor, peor, que antes, e que vos parece que continue a documentala, grazas pola vosa axuda, e encantado de estar con vós neste importante proxecto.--Alexandros 00:11, 26 decembro 2007 (UTC)

infobox[editar a fonte]

A infobox diste artigo resulta inadecuada co tipo de datos ¡! ? ElviraConversa con mi 20:01, 11 abril 2008 (UTC)

Tes razón Elvire, eu comecei onte con ela, a miña idea era a de coller o modelo da wiki inglesa, para infobox former country, que aplica para Kingdom of Scotland, England, etc.. ,polo de agora non está perfecta asi que a ver se podemos entre todos facer que se axuste do mellor xeito. Sinto pola parte de culpa que me toca.Alexandre Vigo

A infobox actual, como a do reino de Escocia levan un enfoque de "sincronía", as outras infobox permiten un enfoque de "diacronía", é decir que a capital, a poboacion, os limites territoriais non son os mismos. É certo que debese adaptar ¿ que vos parece ? ElviraConversa con mi 17:46, 13 abril 2008 (UTC)

Vexase as infobox de antigos reinos noutras wikipedias :

Grazas por contribución Elvire, pois ben, reitero un pouco o dito, gustar gustabame máis o xeito da wiki en ingles, pero vaia tampouco dista tanto do modelo do reino de Asturias ou Aragon, asi que se preferides esoutros, non hai problema, iso si, gustame máis o mapa actual supoño que por doada deducción, os outro pareceronme máis confusos, bueno velai a miña opinión, o importante era darlle un xeito máis final, ou unha primeira versión do que pode ser o final, asi xa está traballo feito.Alexandre Vigo

  • Hai que esperar maís opinións ca miña ! A infobox inglesa de Escocia (que lle gusta a Alexandre Vigo) resulta o mismo estilo ca

do reino de Asturias (que me gusta a mín). Tratandose do reino de Galicia, vale a pena conversar para ter unha infobox mui boa. O que busco eu : unha infobox que dei unha idea xeral e organizada dos datos do reino, e que dé lugar a ligazóns internas propias do reino de Galicia. Alexandre Vigo, fai a proposta que lle pareza a ti a millor, xa que andas traballando o tema, eres ti o que sabe maís. ElviraConversa comigo 10:58, 23 maio 2008 (UTC)

Pois moi ben, tomo nota e en breve farei unha proposta, de entrada o que tiña pensado era ver todas as infobox relativas a reinos, estados, etc.. antigos, e coller o mellor de cada, para ter un modelo que se axuste o máximo posible, e ter a disposición da galipedia unha de gran calidade. Agora mesmo estou traballando neste artigo, e coido que vou poder aportar aínda un 200% máis de información do que ten agora, so no meu, e sen contar co resto de aportacións que veñan, teño previsto darlle pulo ás notas, links externos, e bibliografía de xeito quede perfectamente explicado todo, e todas as versións historiográficas. Pero volvendo á infobox, iso, vou tratar de rematar cos ocos cronolóxicos do reino, máis datos gráficos e unha vez tapados eses ocos importantes, abordar o tema da caixa de información, con datos concisos e obxetivos.Alexandre Vigo

A pouquiñas ando preparandome para o vocabulario especifico, e cando teñas rematado encantarame levar o artigo a wiki fr !!!! ElviraConversa comigo 12:06, 5 xuño 2008 (UTC)

Bandeira galega[editar a fonte]

Un saúdo a todos. so quería facer unha reflexión e abrir un debate a cerca da bandeira incluida na artigo, que aparece de cor azul co escudo que todos coñecemos. Creo que é incorrecta, sendo a auténtica bandeira do antigo reino de Galicia toda branca, co escudo. A orixe da confusión viría de tomar o campo do escudo, que efectivamente é azul, como a cor da bandeira; esto é, o grial e as cruces do escudo están seobre un campo azul (coma no escudo actual), pero isto non quer dicir qe a bandeira fora azul, senón branca, tal e como recoñece a Real Academia Galega en reunión o día 8 de xullo de 1930, onde acordan que:

-“La bandera de Galicia fue blanca en siglos pasados”.

-“La bandera de Galicia ha sido blanca, con una banda azul celeste en diagonal del ángulo superior izquierdo al inferior de la derecha y de ancho proporcionado a las dimensiones de la enseña, durante el intenso renacer del sentimiento regional en los cinco últimos lustros”.

Tras unha deliberación entre os académicos asistentes dictamínase por unanimidade que a bandera siga sendo esta última: “blanca, con una faja azul celeste en diagonal del ángulo superior izquierdo al inferior de la derecha y de ancho proporcionado a las dimensiones de la enseña, interrumpida en el centro para intercalar el escudo regional, consistente en un cáliz áureo y sobre él la hostia de plata, en campo de azur, en el que destacarán las siete cruces evocadoras de las siete provincias del antiguo Reino; y al timbre, corona real”.

A cerca disto, animo á lectura do seguinte artigo http://celtiberia.net/articulo.asp?id=2584&cadena=bandera%20gallega onde se recolle toda a información relativa á bandeira galega ao longo dos séculos, coa correspondente bibliografía e mesmo imaxes. Por tanto, se ben a imaxe do escudo que aparece no artigo me parece correcta, creo que a da bandeira debería ser cambiada. Un saúdo. --193.144.88.157 13:57, 28 maio 2008 (UTC)

Prezada IP, da ligazón que engades, e que contén numerosas fontes textuais utilísimas, parece difícil deducir que o Reino de Galicia tivese unha bandeira. Creo que se debería borrar a bandeira e mais o escudo deste artigo. --Xabier Cid Conversa 15:05, 28 maio 2008 (UTC)
    • Eu esperaría, agardando que Alexandre Vigo dese outras referencias, xa que parece que a bibliografía que se menciona en celtiberia (nunha ollada superficial ben é certo) é antiga e non sei se hai obras máis recentes das que se poidan tirar outras conclusións.--Arco de Rayne 15:14, 28 maio 2008 (UTC)
O que si é certo, poñamos a bandeira que poñamos (a que temos agora, a branca coas cruces vermellas ou a vermella coa vieira, ou...), é que deberiamos explicitar no infobox, debaixo da bandeira e escudo, que a bandeira é unha recreación baseándose en tal fonte ou tal bibliografía, para deixar claro que o tema non é sinxelo. AlberteSi, digame? 15:18, 28 maio 2008 (UTC)
  • Paréceme sensato o que di Albert galiza, no caso que ao final se decida manter algunha bandeira no artigo.--Arco de Rayne 15:20, 28 maio 2008 (UTC)


Olá de novo. Si que se di de maneira expresa que o antigo Reino de Galicia tiña bandeira e que era branca. O difícil é saber a que época se remonta esa bandeira. Indícanse casos concretos de bandeiras de Galicia (Brancas) en épocas relativamente recentes (pero existindo aínda nominalmente o reino), tal como a do Tercio de Gallegos (1806). Outras referencias máis modernas serían o artigo de D. César Vaamonde Lores de 1919 no que afirma que a bandeira era branca, o informme da Real academia da Historia, consultada pola comisión de monumentos de Ourense en 1931, que di:

"Los partidarios de que le paño de la bandera tenga una banda azul, no niegan de que esta haya sido en sus teimpos pasados completamente blanca;pretenden sólo que se adiccione una franja azul que fué producto de un error de hecho y de concepto, y se imaginó hace muy pocos años; y claro es que al reconocer sus partidarios la modernidad del origen de la franja azul, que data de principios del siglo actual, han de convencerse de que dicho distintivo carece de consagración por el uso, ya que para asuntos de esta indole debe ser de uso secular, y la bandera blanca, que cuenta por lo menos cuatro siglos de exiastencia y recuerda sucesos honrosos para Galicia, como los que lelvó a cabo, durante la Guerra de Independencia, el Batallon Universitario de Santiago, cuya enseña, que existe todavía, se ostento en defensa de la patria en combatesedn los caules cayeron muertos muchos heroicos estudiantes de las provincias que, en numero de siete, constituian entonces el reino de Galicia, es la única que reune la condición de que se trata".

E en definitiva, tal e como acordou a RAG na reunión de Xullo de 1930, onde se di claramente: "La bandera de Galicia fue blanca en siglos pasados".

Outra cousa é saber que fundamentos e probas históricas tomaron os entonces académicos para tomar esa decisión, e datar a bandeira con lenzo branco con máis de 4 séculos de antiguidade. Pero habería que darlles un voto de valor en principio. E é en calquer caso unha referencia válida para unha enciclopedia como Wikipedia, que non é fonte primaria de información e so se debe limitar a recoller traballos científicamente recoñecidos e ben referenciados. Un Saudo. Juan (teño que rexistrarme)--193.144.88.157 17:20, 28 maio 2008 (UTC)

Desculpade a miña tardanza na discusión, ben, estiven lendo o tema, e estou 100% dacordo con Albert, penso que se debe mencionar o periodo en que se empregou a bandeira e escudo, porque estes foron cambiando no tempo. Por exemplo a bandeira e escudo que están neste intre no artigo, e que subín eu, están documentadas no século XVI e XVII, para o reino de Galicia, podedelas consultar aqui:[[3]] e o escudo nesta interesante web:
[[4]], como se pode ver hai unha correspondencia lóxica entre bandeira e escudo, o certo é que o escudo do reino e a bandeira variaron formalmente co tempo, unha evolución lóxica que contou cuns datos invariables, por exemplo dende o século XIII o escudo do reino é de fondo azul e o calice dourado, (se ben é certo que a bandeira naval tiña un fondo branco, e a militar vermello), pero o escudo e bandeira oficial do reino era de cor azul.
Existe unha páxina comercial online que nos pode axudar graficamente, conten interesantes enlaces sobre as cores e formas da bandeira e escudo, exemplos coma estes: [[5]], [[6]], [[7]] e o primeiro escudo representado: [[8]], como vedes existen datos invariables de cor (azul) e calice (dourado), e outros máis permeables no tempo, como poden ser as 6 cruces, as 7 cruces ou o sembrado de cruces (que é o que actualmente temos no artigo), ou mesmo o número de calices, aínda que predomina o único.
¿Porque ese deseño pode ter prepoderancia sobre o resto?, pois ao meu ver porque é o único deseño no que existe correspondencia entre o estandarte/bandeira e o escudo, é dicir, temos moitos estilos de escudos como vimos, pero documentalmente nada nos permite asegurar que foran tamén bandeiras, o único escudo (que por agora) nos permite saber que tamén foi estandarte/bandeira é este deseño: [[9]], daí que estea na páxina, sinxelamente por rigor histórico e documental. Tamén para unificar criterios, se vedes páxinas de antigos reinos, na que exista correspondencia entre escudo e bandeira, adoitase coller o deseño válido para ambos coma nestes casos: [[10]], [[11]] ou [[12]], por citar reinos veciños.
Respecto ao que se dicia enriba da bandeira de Galicia, debemos concretar porque este artigo é do reino, non da comunidade autónoma nin da Galicia entre 1833 e hoxe, por iso no tocante á franxa que foi moito despois do fin do reino, non lle vexo senso, sintoo.
No tocante á interesante cita relativa á bandeira branca e da franxa, son moitos os documentos do emblema do reino, que era un Calice principalmente como se ven en calqueira representación antiga, ou cousa fora que os estudiosos de comezos de século, precisaran atoparlle unha explicación á bandeira, incluso se dixo que era Miño, non?, por iso esa confusión.
Bueno, remato que xa escribin de máis, na miña opinión, penso que debemos pór esta bandeira, ou semellante, explicando que é do século XVI-XVII, porque:
Unificamos criterios co resto de artigos, e damos unha imaxe moi importante ao lector, recordando o emblema predominante do reino. Tamén penso que é importante mencionar os séculos de vixencia, porque no XI aínda habendo Reino de Galicia, non habia o símbolo, como no resto de reinos. E penso que este deseño debe predominar porque está documentado ampliamente como bandeira e escudo.
Deixovos unha cita que quitei tamén para defender a miña proposta: "royaume de Galice, d'azur, semé de croix recroisetées au pié fiché d'or, au ciboire de même.» pag. 20, L’Enciclopédie, Didelot y D’Alembert, Blasons Art Heraldique. París." [[13]], aí está o mesmo emblema.Alexandre Vigo
Creo que é necesario, xa!, un artigo Bandeira do Reino de Galicia (e de paso, mellorar o artigo Bandeira de Galicia). Cando un ve semellantes debates e tan ben referenciados, sente un pequeno orgullo de colaborar na wikipedia. Parabéns aos dous Juan-tes-que-rexistrarte e Alexandre Vigo. --Xabier Cid Conversa 13:17, 29 maio 2008 (UTC)
  • Visitando os artigos do reino de Galiza en outras linguas atópome con este material:

[14], [15].

Son moi semellantes ás que figuran no oso artigo, mais en troques de levar cruces semellantes a espadas de santiago aseméllanse máis a cruces. A ver que pensades, se hai que mudalas por estas ou non. Tampouco o vexo moi claro, mirando as ligazóns que deixou Alexandre máis arriba, xa que as cruces varían un pouco en cada documento. AlberteSi, digame? 12:31, 3 xuño 2008 (UTC)

  • Non entendo moito de heráldica pero iso sóame a copia de bandeiras ou escudos francesas, mentres as nosas son as cruces de Santiago.--Arco de Rayne 13:47, 3 xuño 2008 (UTC)
  • Claro que se miramos no debuxo de embaixo as cruces da bandeira parecen de Santiago mentres as do cabalo semellan como as francesas.--Arco de Rayne 13:56, 3 xuño 2008 (UTC)
  • Segundo a referencia que dá Alexandre Vigo da Enciclopédie é croix recroisetée que segundo esta ligazón se asemella a unha cruz de Santigo. Pero mellor que opine alguén que entenda algo de heráldica. --Arco de Rayne 14:10, 3 xuño 2008 (UTC)

Saúdos compañeiros, acabo de ler a conversa e tedes razón, semella un pouco complicado discernir entre cruces de santiago e as outras, finalmente despois de cotexar todas as fontes, atopei a resposta, mea culpa, cando fixen a bandeira coloquei cruces de santiago por cruces "recroisetées", é dicir, son moi semellantes pero non son iguais, aqui podedes ver como son realmente as que lle corresponden a este deseño:[[16]], son moi semellantes a cruces de Santiago, pero non iguais. De todas xeitos, se considerades consultar máis fontes traedeas aqui e o vemos todos, se concordades vós co cambio escribideo, e esta noite xa o teño listo para colocar no canto das outras. Por certo, infinitas grazas pola túa axuda ortográfica Albert!, entre todos podemos facer un moi digno artigo do reino.Alexandre Vigo

Xusto Arco de Rayne, estas no certo, son cruces "recrucetadas" non de Santiago, non me dera conta do ultimo que escribiras.Alexandre Vigo

De nada polas grazas Alexandre, corrixir ortografía é do pouco que podo facer para axudar neste artigo, que por outra banda é dun tema que ten un extraordinario interese para min. En verán igual podo achegar algo de información, xa que na casa teño a Historia de Galicia que repartiron con La Voz de Galicia. AlberteSi, digame? 17:04, 3 xuño 2008 (UTC)

Olá a todos, perdoádeme pero eu sigo coa miña teima da bandeira branca. Estiven mirando a última ligazón que deixou Alexandre Vigo:[[17]], e se vos fixades nas referencias que dá ao final esta contén unha traducción ao francés desda outra páxina en galego [[18]] e que se refire ao escudo galego. Nesta mesma páxina fala tamén da bandeira [[19]] e tamén defenden que era orixinalmente branca, non azul. En particular mostran o debuxo dunha fragata americana de fins do século XVIII na que aparece, entre outras, a antiga bandeira branca de Galicia coas armas do Reino incorporadas, e que podedes ver ampliada aquí [[20]] Un saúdo. Juan (teño que rexistrarme)--193.144.88.157 09:47, 5 xuño 2008 (UTC)


En canto ao das cruces de Santiago no escudo, simplemente lembrar que estas nada teñen que ver orixinariamente con Galicia, senón coa Orde Militar de Santiago [[21]]. Polo que me parece dubidoso que puideran aparecer no escudo galego. Un saúdo. Juan (teño que rexistrarme)--193.144.88.157 09:47, 5 xuño 2008 (UTC)

Grazas pola túa resposta Juan, nada que perdoar ao contrario o interesante é xustamente o debate. Ben primeiro falar das cruces de santiago, e estou totalmente dacordo contigo como enriba dixen, é certo, non son cruces de santiago, son cruces recrucetadas, que aínda que semellantes ás de santiago non son igual na heráldica, por iso eu si apoio este cambio porque realmente é como deben de ser. No tocante ao que aportas da bandeira branca, tamén, estou dacordo contigo en que tamén se empregou un fondo branco, iso está fora de toda dúbida, agora ben, non é mera casualidade que na fragata apareza un fondo branco, de feito é o normal, porque a bandeira naval do reino de Galicia era asi, de fondo branco, ao igual que a bandeira militar dos rexementos galegos era de fondo encarnado ou vermello, con todo aínda discrepando, coido que é o fondo azul, o oficial o que debe aparecer porque está amplamente testemuñado dende o século XIII ata a actualidade (de feito non é casualidade que o escudo da bandeira galega sexa azul), e cos exemplos que podes ver enriba que coloquei. Pasoche esta web que me parece interesante e que explica as diferencias entre bandeiras militares, navais e a oficial do reino[[22]]. Bueno, agardo a túa resposta, e a de todos! :), veña un saúdo a todos.Alexandre Vigo

Atopei unha fonte moi útil para este tema, os fondos do Institut Cartografic de Catalunya. Alí hai multitude de mapas, e nunha breve ollada atopeime con mapas de Galiza que poden ser útiles para documenta-lo escudo. Aquí o miliario sobre fondo azul e aquí. Fondo branco, cruces vermellas e fondo vermello. En todos so que ligo un dos autores é un tal Fernado Ojea, e de anos moi cercanos, así que non sei porque muda de escudo tan rapidamente. Déixovos a ligazón á páxina, de momento só botei unha ollada moi por riba, ó mellor hai máis cousas interesantes sobre o escudo ou bandeira do reino de Galiza, e xa de paso felicito que abran os fondos vía internet ó público... a ver se hai máis arquivos que se animan. AlberteSi, digame? 21:19, 23 xuño 2008 (UTC)

Reino de Galicia ou Galiza?[editar a fonte]

Paréceme que o artigo está quedando perfecto, aínda así, hai algo que non entendo. Porque no artigo aparece a forma reino da Galiza? Non estou encontra do topónimo Galiza, pero creo que neste caso deberíase chamar Reino de Galicia, xa que o termo Galiza non naceu ata moito despois, non? Ademais, no artigo aparecen en diversas ocasións Galicia e Galiza mesturadas. Creo que deberiamos elixir unha das dúas formas: Reino de Galicia/Galicia ou Reino da/de Galiza/Galiza (no caso de ser correcta)--Hugo22 19:43, 8 xuño 2008 (UTC).

Pola miña parte tamén estou dacordo, compre escoller unha forma ou outra, se ben é certo tamén tiven unha pouca culpa nisto, pero si, totalmente dacordo contigo compre escoller unha, aínda que eu sexa máis partidario da forma Galiza, se cadra na wiki deberamos por reino de Galicia por estar en concordancia co artigo Galicia penso eu, tamén era ben unificar criterio con ós/aos por exemplo, e que o artigo apareza uniforme.Alexandre Vigo

De respectar o criterio do primeiro editor do artigo (que é o que adoitamos facer) teriamos que empregar Galiza. AlberteSi, digame? 12:14, 9 xuño 2008 (UTC)

Ben,pois por min Galiza.Alexandre Vigo

Non quero ser pesado, pero non estou de acordo co único argumento de que hai que respetar a vontade do primeiro editor. No caso dos artigos que se refiren a Galicia, sí estou de acordo co emprego de Galiza/Galicia, pero no caso de artigos históricos, creo que deberíase empregar a forma orixinal, ou a que perviviu ata os nosos días. Por exemplo, se un editor decide crear o artigo Sempre en Galicia, non está ben, xa que a forma que Castelao empregou para o seu libro foi Sempre en Galiza, ou, pra falar dalgún termo histórico, se un editor se refire á Irmandade Nazonalista Galega como Irmandade Nacionalista Galega, tampouco estaría sendo fiel á historia, xa que ese non foi o nome co que se creou. Con estes argumentos só quero que a nosa Galipedia non siga o camiño que está a levar a Wikipedia española no tocante ao emprego dos termos e os topónimos. Gustaríame tamén que os nosos artigos sexan o máis verosímiles posibles, do xeito que, se un rapaz emprega algún dos nosos artigos pra un traballo de clase, gustaríame que a información fose correcta e que non levase a confusións ou equivocacións--Hugo22 16:42, 9 xuño 2008 (UTC).

Uis... non ía entrar no tema, pero alá vou:

  • O criterio que sinala Hugo22 é moi interesante para o que concerne ao título. Se a entidade histórica á que se refire se chamase no seu día e en galego Reino de Galiza, esa sería a forma coa que deberiamos denominalo. Porén, temo que non sexa así: de feito, tal e como está formulado o artigo, partimos dunha entidade onde a lingua de uso xurídico sería o latín (e a lingua de uso), e acabamos nunha onde a lingua de uso xurídico é a española. Nese caso, creo que debería aplicarse a regra xeral de que nos títulos só se emprega Galicia.
  • Así que pasamos ao corpo do artigo. Aí deberiamos aplicar a regra esa de "quen chegou primeiro", que sinala Alberte, pero creo que non como o entende el. Creo que non se trata de quen chegou primeiro a un artigo, senón e quen chegou primeiro a ese punto en concreto. Entendo que o espírito da norma é respectar a escolla de cadaquén, porque todas esas escollas son válidas: impedir a guerra de edicións ortográfica, só iso. En artigos particularmente longos (onde existan centos de edicións) é moi difícil manter a coherencia (no suposto de que a coherencia ortográfica sexa un valor en si). Por exemplo, nese mesmo artigo atopamos casos de ó e de ao. Deberiamos revisar todas as edicións pra saber cal foi primeiro e mudar todas as outras concorrencias? --Xabier Cid Conversa 16:57, 9 xuño 2008 (UTC)

Ben, a vedade é que eu persoalmente non me decanto por unha nin outra, entendo as posturas de todos, e estou dacordo con Hugo no tocante a unificar criterios alomenos no mesmo artigo, mais tamén suscribo iso si o dito por Xabier, xa que realmente houbo moitas formas algunhas coma, Regnum Galliciense, Rengum Gallitie, Regnum Gallaeciae, Reyno de Galizia, reyno de Galiçia, Reyno de Galiza, reyno de galicia, e un longo etcetera... Finalmente, eu escollería entre Reino de Galiza ou Reino de Galicia, para min unha ou outra son aceptables e acertadas.Alexandre Vigo

Tampouco quero ser pesada pero si houbo na historia varias grafíss, poís esto ten que estar posto no artigo e logo no resto do artigo teria que levar unha das grafías dun historiador que teña bastante autoridade entre os historiadores (eu teño titulos de hsitoria coas duas grafias, pero non sei cal é o historiador que ten maís autoridade), a lóxica seeria de escoller por exemplo a que lle da a universidade de Compostela ( é hai tamen que decilo no artigo). Non estamos co caso de grafías diferentes a escolla do primeiro editor da Galipedia, estamos no caso dun coñocemento que ten suficiente historia. Esto é o que opino eu e nada maís ElviraConversa comigo 19:07, 9 xuño 2008 (UTC)

Aproveitando as opcións que nos dá Alexandre, creo que esa info podería ir xa de inicio na introdución:

O Reino de Galiza (tamén referido ó longo da súa historia, entre outros, como Regnum Galliciense, Rengum Gallitie, Regnum Gallaeciae, Reyno de Galizia, Reyno de Galiçia, Reyno de Galiza, Reyno de Galicia) foi unha entidade política (século V - 1833) situada no Suroeste de Europa, e no Noroeste da Península Ibérica que foi evoluíndo territorialmente ao longo dos séculos. AlberteSi, digame? 19:16, 9 xuño 2008 (UTC) Ou tamén pode engadirse como unha nota nas referencias. AlberteSi, digame? 19:17, 9 xuño 2008 (UTC)

Pois ben, eu cando puxen os nomes no reino, referiame realmente ás variantes, quero dicir, nun mesmo mosteyro/moesteyro/musteyro/mosterio (etc..) incluso habia diferentes escribans que escribian diferente, hai un montón de variedades, e nada mais que eu puxen algunhas, con isto quero dicir eu desbotaria poñelo en latín, porque o artigo non está en latín vaia, nin en castelán, se cadra dou moitas voltas, o que quero dicir é que vexo ben iso coma nota ou referencia como di Alberte, mais quizais non como cabeceira, porque realmente variedades ortográficas houboas en todos os reinos coa propia evolución linguistica, e nun momento no que non existiran regras ortográficas, por iso eu decantariame pola denominación actual, porque antigas hai máis de 20, concretando a miña opinión sería entre Reino de Galiza ou Reino de Galicia. Veña un saudo a todos.Alexandre Vigo


Interesante tema este de Galiza vs Galicia (e moi de actualidade na prensa nestes días).

Quería salientar unha cousa. Hugo22 comenta: "Non estou encontra do topónimo Galiza, pero creo que neste caso deberíase chamar Reino de Galicia, xa que o termo Galiza non naceu ata moito despois, non?"

Pois ben, eu diría todo o contrario; foi primeiro a forma Galiza (maioritaria na época medieval), que logo foi substituida pola forma Galicia provinte do castelán. E efectivamente foi xa a finais do século XIX principios do XX que se recuperou de novo a forma Galiza.

Como curiosidade indicar que a mesma forma "Galicia" parece ser que é un galeguismo no castelán.

Por tanto se nos cinguimos á época de orixe do reino, coa salvedade do uso oficial do latín fronte ás línguas romances, a forma máis usada en galego sería Galiza.

Anímovos neste senso a ler este pequeno artigo de Celtiberia sobre o tema: http://celtiberia.net/articulo.asp?id=1802&cadena=Galiza Aquí faise un estudo das distintas formas empregadas para referirse a Galicia en algúns documentos medievais (concretamente no Tumbo B da Catedral de Santiago).

O resultado é claro: Naqueles documentos escritos en castelán existe multitude de formas, sendo a maioritaria Gallizia/Gallicia. Pero se nos centramos nos documentos escritos en galego a UNICA forma recollida é Galiza/Galliza. O mesmo acontece nos documentos en portugués, onde so existe Galiza/Galliza. Por último e fora da discusión, aqueles escritos en latín recollen como forma maioritaria Gallecia.

É certo que este "traballiño" so analisa os documentos do Tumbo B da catedral de Santiago, e non todo o corpo documental existente en Galicia, pero pode servir como mostra representativa. Ben, a ver que vos parece e se resulta interesante e a considerar para a toma de decisión sobre o título do artigo.

Un saúdo. Juan (teño que rexistrarme) --193.144.88.157 08:48, 11 xuño 2008 (UTC)


Esquecíaseme dicir que estou totalmente de acordo co comentado de que debería haber unidade no artigo usando unha única forma para referirse ao Reino, e non estar arbitrariamente vacilando entre Galicia/Galiza. Resultoume interesante o enlace que puxen antes porque estuda os documentos en función da lingua en que se escribiron. Ao seren esta unha wikipedia en galego creo que se debería ter en consideración o nome que se lle daba ao reino na época en galego, fronte a documentos noutras linguas. Un saúdo. Juan (teño que rexistrarme) --193.144.88.157 08:48, 11 xuño 2008 (UTC)

    • A ligazón a web de Celtiberia trata de Galiza/Galicia. Para o titulo do artigo Galicia a decision que considera que o artigo debe levar o nome oficial xa se tomou. O nome do artigo sobre o reino de Galiza/Galicia, según as normas wikis e tal como as entende eu, debe escollerse seguindo o que esta establecido polos historiadores que teñen autoridade na comunidade cientifica. Vendo os titulos da bibliografía do artigo, atopanse maís occurencias de reino de Galicia que de Reino de Galiza. O razoamente para escolla da grafia do titulo non vai pola nosa conta, vai polo estado do coñocemento establicido hoxe polas autoridades dos historiadores en lingua galega. E logo no interior do artigo debese seguir a misma grafías, agás cando concretamente se apunta concretamento un informe que necesita por si Galiza, do mismo xeito que no titulo do libro de Anselmo López Carreira na biblografía conservase a grefía do autor.

Juan, é unha boa idea de rexistrarte, estou segura que si te animas podes axudar moita colaborando niste proxecto que é fabulosoElviraConversa comigo 11:26, 11 xuño 2008 (UTC)

      • Veño de ver a ultima edición de Juan. Eu diria que si hai estudios feitos para que sirvan de fontes estaría ver un artigo sobre a evolución do nome Galiza/Galicia. ElviraConversa comigo 11:31, 11 xuño 2008 (UTC)

Saúdos compañeiros, estiven lendo con atención todo o dito por aqui, realmente estou encantado de participar nesta conversa, como dixo Xabier Cid, sentese un orgulloso de colaborar nete proxecto. Ben, no tocante ao nome eu penso que a cousa é máis doada"" do que parece, suscribo o que dixeron antes pois o nome de Galicia/Galiza variou moitisimo no tempo, pois como dixen cadaquen escribia como queria, é dicir, non imos atopar un nome oficial porque non o hai, nos documentos aparece reyno de Galliça, regno de Gallicia, regnum Galletie, e un longuisimo etc.., pero isto mesmo ocorre por exemplo con Castela; regnum Castillae, reyno de Castiella, regno de Castella, etc.. e iso en todos os reinos europeos cunha longa historia como foi o de Galicia/Galiza, no que o idioma tivo tempo de ir mudando. É dicir, non existiu un nome oficial válido para os máis de 10 séculos de historia, e cando os autores modernos falan do reino empregan o nome Galicia/Galiza, acorde á norma que escollen, é dicir reino de Galicia e reino de Galiza, son os dous válidos, pois os dous termos son aceptados actualmente. Mais como non imos poñer reino de Galicia/Galiza, estou dacordo en escoller un entre todos. Eu pese a ser máis proclive á forma Galiza, que me parece máis xenuina persoalmente, quizais neste artigo lle vaia mellor Galicia, porque é o nome mesmo do artigo, non sei, velaí a miña opinión.Alexandre Vigo

Por fin me animei a rexistrarme!!! Elvira, para o artigo Galicia eu tamén creo que a decisión é clara ao ser Galicia o único nome oficial recollido no estatuto. Eu referíame únicamente ao caso deste artigo: do Reino de Galicia, onde a decisión paréceme que está moito máis aberta, con razóns a favor tanto para usar Galicia como Galiza. Ao comentado por Alexandre das múltiples formas existentes para referirse antigamente a Galicia, quería puntualizar unha cousiña: Ainda que polos textos poida parecer o contrario, na lingua oral suponse que so debía haber unha forma para referirse a Galicia. O que presentaba moitas vacilacións, por non existir unha norma ortográfica daquela, era a forma de transcribir os sons á grafía, por exemplo Galiza/Galiça/Galliza/Galliça deben ser distintas vacilacións ortográficas dunha única forma oral (como no italiano actual, a doble "l" non se lía como o "ll" de "palla"). Outra forma oral distinta sería Galicia/Gallicia/Galizia/Galliza. Aínda despois de facer esta primeira criba, seguen ficando outras moitas formas en que nos documentos se refiren ao Reino de Galicia, por exemplo Gallecia, Gallecie, regnum Galletie... Pero nestes casos habería que ter en conta a língua na que está escrito dito documento: se latín, castelán, galego ou mesmo francés. Pois ben, como dicía na anterior mensaxe, se o que queremos saber é como se chamaba na idade media e en galego o Reino de Galicia so deberíamos considerar aqueles documentos escritos en galego. Non sei se me explico: quero dicir que non é que na idade media se dixera indistintamente Galliza, Gallecia ou Galyce, senón que o primeiro estaría escrito en Galego, o segundo en latín e o último en francés ou no que queira en que se escribiu o famoso armorial inglés do s.XII "Segar's Roll". A min pásame algo parecido a Alexandre pero ao revés, persoalmente son máis proclive á forma Galicia, que é a que uso eu e creo que a maioría dos galegos, pero remexendo na etimoloxía e na historia da palabra creo que para o Reino historico podería ser máis axeitado Galiza. Somentes é a miña opinión. Un saúdo a todos e parabens por este artigo e a wikipedia en xeral --Nanni 16:06, 12 xuño 2008 (UTC)

  • Coincido con Elvire en que estaría ben ter un artigo sobre a historia, uso e evolución do topónimo do noso país. É un tema moi interesante para moita xente, recurrente en moitos debates nesta wikipedia, e sobre o que se ten escrito moito nos últimos anos. Penso que non estaría de máis que o noso topónimo teña un artigo de seu. ¿Alguén que se vexa con forzas de comezalo? (eu é que son un completo ignorante no tema). Miguel.lima 15:45, 14 xuño 2008 (UTC)



Olá compañeiros wikipedistas (agora que por fin estou rexistrado xa podo chamarvos así ;-))

Seguindo coa discusión aberta entre as formas Galiza/Galicia para referirse ao antigo reino, quixera compartir un último descubrimento (descubrimento para min, obviamente) que creo interesante e pertinente, e que se suma ao argumentos antes dados a favor da forma Galiza como a empregada naquel tempo.

Consultando o diccionario gallego-castellano de Valladares de 1884, este recolle a entrada Galiza e di literalmente o seguinte: “Galiza: Galicia, antiguo reino de este nombre y territorio compuesto hoy de cuatro provincias que son Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra.”.

Pois ben, aínda que o tal diccionario xa sexa (por pouco) posterior á disolución do Reino, ben pode recoller aínda o coñecemento de subditos que viviron aínda baixo aquel antigo réxime; e en calquer caso non creo que se poida acusar a esta obra de estar contaminada por afáns "bloqueiros" recuperacionistas e outras discusións propias dos nosos tempos.

Bon, polo menos resúltame unha referencia bibliográfica posible a incluir no artigo no caso de que se quixera xustificar a elección de unha das dúas formas en disputa. Un saúdo --Nanni 14:55, 23 xuño 2008 (UTC)

Benvida, fixeches unha mui boa cousa de rexistrarte ! Parabéns Nanni ! Agora polo que toca as regras básicas da escolla dunha grafia nun proxecto wiki, poís teñen que ser fontes fiables, autorizadas, recoñocidas etc na actualidade (logo como calquer enciclopedia, conven pór o día segun adiantan as cousas). No de Galicia/Galiza para eiqui xa se levou a cabo o tema, e a decisión ! Polo do reino de Galicia/Galiza, hai fontes boas para as duas grafias, e por isto que eu propuxen na conversa do artigo que sexa, se escolla o nome que dalle a universidade de Santiago nos seus programas universitarios, sexa a grafia que leva o maior numero de historiadores. Polo momento nos titulos da bibliografía do artigo "gana" a grafía Galicia. ElviraConversa comigo 15:07, 23 xuño 2008 (UTC)
Olá Elvira (unha cousiña sen importancia: son home, non muller)

Repito que os meus comentarios sobre Galicia/Galiza so os estou referindo ao artigo sobre o Antigo Reino (debate que abriu no seu momento Hugo22), non á denominación actual. Estou totalmente de acordo en que nunha wikipedia as fontes teñen que ser fiables, recoñecidas e autorizadas e en asumir o criterio defendido polos expertos no tema e con maior base histórica. O que non entendo é porque ha de limitarse ao criterio que poida ter a USC (por moito que sexa unha institución moi relevante, e a pesares de que eu traballe nela ;-)). Considero que calquer traballo rigoroso e recoñecido debe ser tido en igual consideración (en concreto o Diccionario de Marcial Valladares creo sexa unha referencia da época salientable. Por suposto que haberá traballos máis "actualizados" que o de Valladares, pero precisamente a súa antiguidade é o principal valor desta obra, que reflexa a realidade daquel tempo e que o termo Galiza non é algo sacado da manga no século XX nin por Castelao nin polo BNG, tal e como parecía indicar Hugo22, senón a maneira que se usaba para referirse en galego ao Reino de Galicia durante o seu período de existencia). Por outro lado non sei como fixeches a valoración da predominancia da consideración polos historiadores actuais de nomear ao reino como "Reino de Galicia"; pero creo que o feito de que unha obra se intitule "Reino de Galicia" pode estar debido máis á adaptación as normas ortográficas vixentes no momento que á valoración de se o nome empregado na época era exactamente ese ou outro. Bon non sei se me expliquei. En calquer caso so é unha opinión. So quixen poñer a cita de Valladares a disposición de todos e cada quen a valore na súa medida. Un saúdo --Nanni 15:49, 23 xuño 2008 (UTC)

Eu estou moi de acordo con Nanni. As fontes contemporáneas ou próximas do reino hai que telas moi en conta. Na historiagrafía actual supoño que os historiadores chamarán ó reino pola súa preferencia actual entre Galicia e Galiza. Así que habendo historiadores para as dúas formas, creo que deberíamos utilizarmos as fontes como as que nos dá Nanni para escoller o título do artigo. Sexa un ou outro o título, cómpre facer unha breve sección exlpicando o tema do nome. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:57, 23 xuño 2008 (UTC)
  • Na Crónica de Iria, realmente un dos últimos textos en galego, datado en 1468 ou 1469, na edición de Carro de 1950 lese:"...en tanto que nunca deixaron fortolleza en todo o reino de Galiza, et esto foi por la maa vivenda dos caballeiros". Ignoro se a transcrición é correcta, a versión boa é a que fixo José Antonio Souto en 2001 co patrocinio do cabido da catedral e o Seminario de Estudos Galegos e editada por edicións do Castro.--Arco de Rayne 20:20, 23 xuño 2008 (UTC)
  • Se Valladares tivo acceso aos textos medievais é comprensible que utilizase Galiza como forma referida ao antigo reino pero iso non quere dicir que en 1820, 1750 ou 1650 Galiza fora utilizada para se referir ao reino. Non sei cando desapareceu a forma Galiza (substituída non o esquezamos por outra forma galega Galicia potenciada por coincidir coa forma que utilizaba o castelán e que moi probablemente este tomou tamén do galego), nin creo que ninguén o saiba pero o feito é que non tivo utilización nos primeiros tempos da da volta do galego ao mundo da escrita polo que non creo que chegase o XIX quizais nin o XVIII.--Arco de Rayne 20:28, 23 xuño 2008 (UTC)
Pareceme que acabo de entender a fondo o razoamento de Nanni, que si entendo ben por analoxía é diste xeito : Braga e Bracara Augusta e para reir un pouco podemos facer "Elvira" ao lado de Granada ! Si pareceme claro, tamén se pode escoller o título esi. Perdoar por non haber entendido antés. Pareceme ben, razoando eisi, eu penso ca esolla entre Galicia e Galicia ou outra grafía, pois deberiase escoller a que levou, en escrita, a da temporada mais relevante diste reino. E a miña opinion, agora que entendín. Saúdos ElviraConversa comigo 20:36, 23 xuño 2008 (UTC)
Olá Elvire, pois si, sería algo equivalente ao de Braga/Bracara. O artig da actual Galicia xa está claro como se chama (como o estatuto de autonomía di). A cuestión é como chamar ao reino desaparecido que existiu do s.V ao 1833 (sería algo parecido ao que na wikipedia española inclúen dentro do apartado "estados desaparecidos"). Como ti dis, eu tamén creo que debería ter o nome que recibiu na súa época, igual que ao falar da cidade romana de Bracara (non a Braga actual) o nome vai en latín. O problema xunde cando o Reino de Galicia perviviu por longo tempo e tendo, como se indica no artigo, distintas "linguas oficiais" ao longo da súa existencia, en resumo: latín ao principio, galego na Idade Media, e castelán unha vez que foi definitivamente incorporado á Coroa de Castela. Eu tamén son da opinión que se podería ter en consideración o período máis relevante do reino á ora da escolla.
Arco de Rayne, é totalmente lóxico o que dis sobre a maneira pola que puido escoller Valladares a forma Galiza á hora de incluila no seu diccionario; sobre todo dende o momento e a situación na que se atopaba o galego daquela. Os documentos coetáneos de Valladares non recollerían a forma Galiza nunca dende o momento en que non estaban en ningún caso escritos en galego, senón en castelán. A xente do pobo non podía ser unha fonte de procura da verba en cuestión porque como é lóxico no falar dun labrego non frecuentarían os discursos sobre o antigo reino medieval. Por tanto concordo contigo en que tivo que ser unha labor de recuperación, e considero que ese é o procedemento lóxico (foron moitas outras palabras as que se recuperaron no seu tempo porque foran substituidas por otras en castelán: Dios/Deus, piso/andar, padre/pai...)
Interesante a cita que dás da Crónica de Iria. Engadir somentes que da época do diccionario de Valladares (e mesmo lixeiramente anterior) pódense atopar outras obras que recollen a forma Galiza:
Colección de Cantigas da Mahía
Autor: Tobío Campos, Luis
Editorial: O Castro, Sada
Data: 1880
Obra: Sen título
Autor: O Galiciano. Paróla Gallega publicada todol-os días 1, 8, 15 e 23
Editorial: Paróla 105, 15 de outubre
Data: 1886
Ámbalas dúas obras podédelas consultar no Tesouro Informatizado da Lingua Galega en http://www.ti.usc.es/TILG/index.asp

Un saúdo--Nanni 12:20, 24 xuño 2008 (UTC)

Arco de Rayne, en canto á galeguidade da forma Galicia (non digo na actualidade, que está fora de discusión, senón na Idade Media, cando se produciu o cambio), imaxino que te refires a que igual que se di "pazo" no occidente e centro e "pacio" no oriente galego, do mesmo xeito "Galicia" sería a forma lexítima na variante do galego oriental. Sen embargo concordarás que se cara o final da baixa Idade Media e nos "séculos escuros" foi sustituida a forma maioritariamente usada que era "Galiza" pola forma "Galicia" non sería precisamente polo peso dos dialectos orientais, máis pola intrusión do castelán. (A coincidencia dese proceso de substitución co fin do uso oficial do galego na escrita en favor do castelán indica claramente nesa dirección)En conclusión, que no oriente galego se dixera Galicia é circunstancial, e o cambio ao fin do medievo de Galiza por Galicia foi exclusivamente por efecto do castelán. Non sei se ían por alí os tiros no teu comentario, ou se por contra te referías a condición de galeguismo no castelán da propia palabra Galicia (tal e como se argumenta na web que din máis arriba)? Un saúdo--Nanni 14:17, 24 xuño 2008 (UTC)

Capital do Reino de Galicia[editar a fonte]

Noartigo citades que a capital do Reino foi Santiago de Compostela. Aínda que non estou moi seguro, a capitalidade de Galicia variou ó longo da histora. Creo recordar que Mondoñedo, Betanzos e A Coruña foron tamén capitais do Reino. Sen embargo, xamais tivera constancia de que Santiago fora a Capital. Data: 24/8/2008

Pois en realidade asi foi dende alomenos o reinado de Afonso VII, pois este monarca foi coroado solemnemente por Diego Xelmirez co apoio da Casa de Traba e dos máis importantes nobrez galegos, no ano 1111 xustamente alí, na capital de Galicia, en Santiago de Compostela, cando o infante apenas contaba con 9 anos. Sen embargo como ti apuntas, é posible -e penso que levas razón- que a capital en funcións se movese puntualmente na Idade Moderna a outras cidades de xeito temporal. Un saúdo.--Alexandre Vigo 20:46, 5 setembro 2008 (UTC)

Cabeceira[editar a fonte]

Eu teño moita ilusión para que o artigo sexa calificado en artigo de calidade et por iste motivo doeme ca intoducción sexa traducción, por tantos que sexan os meritos da introducción de es. Por demáis penso que ainda que a introducción que debe ter a Galipedia, diga máis ou menos o da es, tería que ser adatada ao artigo. Non por iso é obbrigado que sexa Alexandre Vigo que fagaa, tamén pode ser Hugo o calquera que faga algo ben feito. Xa repito no é critica da introduccon de es, tratase du ter alta calidade sendo máis adatada e non ser tradución. Xa o comento a Hugo e a Alexandre Vigo ElviraConversa comigo 14:01, 3 xaneiro 2009 (UTC)

  • Tranquila Elvire que isto faise entre todos, xa llo comentei a Alexandre pra que lle botase unha ollada e a mellore.--Hugo22 14:04, 3 xaneiro 2009 (UTC)
    • Vaia, vexo que xa falarades antes da introdución. Por diversos motivos considero inapropiada a introdución da wikipedia española neste artigo:
    1. A introdución da wikipedia castelá fala do reino de Galiza de forma distinta ó artigo que temos nós, así eles só consideran a Galiza reino cando foi absolutamente independente e non contan como reino de Galiza ó reino dos suevos (mesmo tentan dicir que é un "mito do nacionalismo").
    2. A visión política é bastante oposta á que se mantén no artigo, así na introdución se di que a partir de 1230 podemos dicir adeus ó reino de Galiza xa que somos "absorbidos" por Castela (sempre segundo a introdución española).
    3. En 1833 cando se dividiu en 4 provincias foi considerada rexión histórica?. Uff, fan falla fontes, eu non mo creo (daquela xa empregaban o eufemismo de histórica para non chamar ás cousas polo seu nome?).
    4. Tódolos monarcas españois, así como también os de Portugal Fernando I e Afonso V, empregaron o título honorífico de rei de Galiza. Dende que ano se consideran ós reis como españois? Dende ese ano todos son reis de Galiza, incluíndo o actual monarca do Reino de España? Fan falla fontes.
    5. A parte dos suevos, ademais de innecesaria por estar perfectamente exposta un pouco máis abaixo, semella intentar afondar en que o reino dos suevos é unha especie de mito historiográfico nacionalista (ademais cunha cita de Castelao que di o contrario do que se semella querer dici-lo texto).

En fin, que a introdución da wikipedia española fai, ó meu entender, augas por todos sitios e ademais non casa co ton e rigorosidade que ten o artigo da Galipedia. Alberte Si, dígame? 22:46, 3 xaneiro 2009 (UTC)

  • Sinto ter traducido esa introdución cando a fixen xa sabía que tiña incoherencias co artigo, por iso lle dixen a Alexandre que lle botase unha ollada e a arranxase, fíxeno pra que houbese unha base a partires da cal facer unha introdución.

Por outra parte xa que estamos coa introdución, creo que deberiamos quitar a nota de enriba, xa que creo que non fai falla facer unha diferenciación entre o reino de Galiza/Galicia e a comunidade autónoma da Galicia actual? que pensas?--Hugo22 22:56, 3 xaneiro 2009 (UTC).

    • Non o sintas, ía con boa intención, pero hemos facer unha introdución mellor. No tocante á nota, a min éme indiferente (non creo que ninguén confunda o reino de Galiza coa actual comunidade autónoma). Molestar a min non me molesta pero se o vedes innecesario supoño que se pode eliminar. Alberte Si, dígame? 23:28, 3 xaneiro 2009 (UTC)
Hugo ficheches ben porque eu non me botaba a falar da intoducción.
Alberte, eu non diría as ousas coma ti. Por exemplo esa frase sobre o papel da historía de Galicia sobre a construción do nacinalismo galego non ten que ver co iste artigo pero ten moito que ver co artigo Nacionalismo galego, e xa que non ten que ver con iste artigo, poís non levo aqui a conversa pa diante. Eu tiven a tentación de meterme no artigo de es, pero hai unha páxina de conversa mui longa, e como cheeguei cando xa era mui longa, nunca cheguei a leela completamente. Penso ca sección que esta a facer Alexandre sobre a historiografía vai ser mui importante
Pola nota de enriba, por mín podese retirar.
Voltando a intro (e xa debedes saber de sobras que eso das intro e un teima para mín), a traducida non me sentaba ben por non corresponder ao artigo, eu propoño unha intro provisional :
Chámase Reino de Galicia o período que vai formalmente de 410 ao 30 de novembro de 1833, data á cal a rexente María Cristina asina o decreto que disolve a Xunta Superior do Reino de Galiza. Non obstante conven considerar que Galicia tivo unha política autónoma ata o XV ème século, tomando como data simbolica 1486, data da visita dos reis católicos a Santiago de Compostela, ben que dende 1230 os reis do Reino de Castela son tamén reis de Galice. A historia contemporánea bastante atribuída a reconstruír o pasado dos estados-nación deixou á marxe a investigación sobre identidades históricas. É así como a historia do Reino de Galicia, no estado actual dos coñecementos, redúcese a un concepto baseada nunha minuciosa compilación das fontes primarias e á exposición dende os diferentes puntos de vista desenvolvidos polos historiadores actuais que empezan a traballar a partir dunha conciencia dunha historia propia de Galicia.

Logo poderase borrar completamente par pór outra, non me importa, pero doulle importancia a que un artigo que xa esta tan boó quede con só unha frase introdutiva. Que pensades desa intro provisoria ? Se non conven, non é necesario perder tempo conversando moito, podo esperar que sa faga outra. Se conven podense corrixir as fallas de fala diretamente sobre o que eu escribín. ElviraConversa comigo 02:53, 4 xaneiro 2009 (UTC)

"Pequena" crítica ao artigo[editar a fonte]

Boas tardes! Desde a máis pura intención construtiva, e porque penso que este artigo ten un grande potencial para convertirse nun dos primeiros artigos de calidade da Galipedia, quixera deixar una crítica ao artigo, formada por varios puntos que eu penso que se deberían mellorar; e que se non fago eu é por falta de coñecementos e recursos bibliográficos, ou porque son cousas que penso que non se deberían trocar directamente sen consenso. Por suposto, todos eles son criticábeis e discutíbeis, faltaría máis. Ao gran:

  1. No primeiro modelo de arriba á esquerda, se indica que o anterior ao Reino de Galiza foron os románs coa bandeira do SPQR, pero non hai un "seguinte". Penso que se debería engadir aí a bandeira de España, para indicar a "integración" no estado.
  2. Queda raro que o título sexa "Reino de Galicia", e inmediatamente embaixo diga O Reino de Galiza foi unha entidade política..., sen voltar a mencionar o nome de Galicia. Sei perfectamente cal é a política sobre Galicia e Galiza, pero penso que polo menos nesa primeira oración se debería reflectir esa dualidade, dicindo algo semellante a O Reino de Galiza, ou Reino de Galicia, foi unha entidade política....
  3. A sección de Historia é demasiado longa. Penso que habería que trasaladala a un artigo novo chamado Historia do Reino de Galicia, e deixar un resumo neste artigo.
  4. Penso que fan falla moitas máis referencias incrustadas no texto. Hai cousas que chocan ao lelas, por exemplo "Coa chegada dos suevos dende Centroeuropa no ano 411 d.C., Galiza deixa de ser unha provincia romana (Gallaecia), para converterse finalmente nun reino con capital en Braga, un reino que os suevos tentarán axiña acrecentar polo sur a expensas do Imperio Romano, incorporando ao seu dominio e de xeito permanente boa parte da parte da provincia romana de Lusitania, chegando a facerse temporalmente coa capital, Emerita Augusta (Mérida), que finalmente é abandonada."; ou "Destaca neste contexto a figura de San Froitoso, bispo galaico de ascendencia visigoda, famoso polas numerosas fundacións levadas a cabo por el en todo o occidente peninsular, case sempre en lugares agochados nas montañas e mesmo illas, sobresaíndo a súa austeridade". Penso que iso hai que referencialo fortemente. E sobre todo, referenciar as partes citadas textualmente.
Coido que coas citas engadidas referenciamos xeitosamente estes dous feitos, de todas formas botalle unha ollada.
  1. "Os autores poñen de relevo a polisemia do concepto, por unha banda unha Galiza ampla, unha provincia romana que incluía o territorio comprendido entre Fisterra ata a actual A Rioxa, onde se atopaban galaicos, astures, cántabros, vacceos e outros pobos, e por outra banda a Galiza propiamente dita, o territorio que non sendo nin astur nin cántabro estaba habitado expresamente polos galaicos, e que lle daría o nome a todo o noroeste peninsular ata o século XII." Que autores? Se son os anteriores habería que especificalo, e se non son, mais aínda. En todo caso, e tendo en conta que non lín as obras deses autores, esta afirmación semella unha conclución do redactor do artigo, e habería que procurar algunha forma de referencia, ou senon eliminala.
Ben, referenciadas as afirmación, liguei aos autores para que se vexa nitidamente que se trataba dos susoditos.
  1. "Tras a batalla de Vogladum no ano 507, os visigodos son expulsados da Galia (agás da Septimania) polos exércitos francos que lideraba o rei Clodoveo I. Despois do século VI, o nome de España (Hispania) vai perder o significado xeográfico que posuía ata entón, para adquirir un de índole política, o de designar o territorio gobernado polos visigodos. Así mesmo, Galiza (Gallaecia) vai asumir do mesmo xeito este concepto, o territorio gobernado polos reis suevos. A Península Ibérica quedaba repartida así en dúas entidades administrativas, Hispania (España) e Gallaecia (Galiza), manténdose durante do mesmo xeito durante máis de cinco séculos." Esta afirmación semella moi discutíbel. Xa partindo de que se contamos 5 séculos desde o 507, estamos xa no ano 1000, e a invasión árabe da Península foi no 711, da que a península Ibérica non se mantivo durante 5 séculos así. Admáis, máis tarde no artigo se fala dunha terceira entidade visigoda, a Septimania, así que se non é incorrecto, polo menos semella incongruente.
Penso que este punto queda arranxado co engadido e a referenciación exposta, en caso de que finalmente non fora de doada lectura ou comprensión, poderiamos retocala de novo.--Alexandre Vigo 22:32, 4 xaneiro 2009 (UTC)
  1. "A decadencia e a final desaparición do estado visigodo, supón un baleiro de poder central, é dicir, a culminación da dependencia política dos pobos do noroeste respecto Toledo, propiciando que os nobres locais galegos, astures e vascos do momento, emerxan con forza dende os seus señoríos, que tentarán acrecentar ben pola vía da diplomacia, mediante pactos e matrimonios, ben pola vía das armas procurando impoñerse ante os demais." Estaría ben dar exemplos desas accións, se fora posíbel.
  2. A parte da Guerra irmandiña habería que ampliala un pouco, semella demasiado escasa tendo en conta o nivel de detalle e de profundidade do resto do artigo, non si?
  3. Boto de menos apartados adicados á demografía, e ás costumes da poboación. Alén diso, tampouco hai unha lista dos reis de Galiza nin no artigo, nin nas ligazóns.
  4. O tema da capital: Por qué se elixiu Santiago de Compostela para pór no modelo? Se houbo varias ao longo da existencia do Reino, o lóxico houbera sido pór "varias", e ligar a un apartado, que tamén boto de menos, que explique a evolución das capitáis e de un listado delas.

E así nunha primeira lectura, nada máis. Cando teña algo máis de tempo, leerei en profundidade o artigo e darei máis opinións. Iso sí, perdoade polo tocho. Un saúdo. Fryant 17:45, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Saudos Fryant, ben, como parte do que aludes son textos engadidos por min, tentarei explicar na medida en que poida as cousas ás que fas referencia, a ver se non me lio moito, porque en serio que teño problemas con isto :).
Ben, explicar de anteman que o artigo non está nin moito menos rematado -polo menos no que atinxe ao meu traballo nel-, certamente que a historia do reino é moi longa, pero estimei oportuno explicala na medida do posible e co maximo detalle, para que o artigo gañase calidade e claridade, pois son moitos os avatares históricos e non precisamente doados de explicar, para o que decidin incrustar mapas e ilustracións que axudaran á súa correcta comprensión. Como non está rematada -a miña aportación nel-, e continuo con ese 30% do artigo que aínda falta, considero moi acertados os puntos que expós, polo que de seguida me dispoño a referencialos, haberá cousas que non poderei chegar a facer, en canto a agrandar temas ou crear outros, pois están fora da aportación que me marquei nun principio, e que outros poden facer moito mellor ca min, por iso dicirche que reviso todos eses puntos, e que agradezo enormemente a critica positiva a este artigo no que estou encantado de participar.--Alexandre Vigo 21:04, 4 xaneiro 2009 (UTC)
Non me malinterpretes, Alexandre. Eu penso o mesmo, canto máis detalle, máis calidade terá a Galipedia, xa sexa neste tema ou no cultivo de nabos. E valoro moitísimo o traballo que estás a facer, que está a ser incríbelmente bo. Pero e que miro para o futuro, e vexo un artigo longuísimo, se lle sumamos os apartados que faltan e ese 30% que estimas que lle falta. E manter a atención do lector nese tipo de artigos é moi difícil, aínda que a prosa sexa tan amena coma neste. Por iso penso que o artigo Reino de Galicia só debería dar unha vista preliminar da Historia do Reino, un resumo rápido pero o máis completo posíbel, mentres que o detalle e a profundidade debería estar no artigo Historia do Reino de Galicia. Na práctica, isto sería darlle un artigo simplemente á Historia movendo para alí todo o traballo que se fixo aquí e continualo, e ligalo neste outro redactando unha relativamente pequena sinopse da historia. Por outra parte, o bo que ten a Wikipedia en xeral, e que no momento no que vexas que a túa contribución neste artigo está rematada, máis cedo ou máis tarde alguén continuará o teu -o voso- gran traballo aquí. Un saúdo, Alexandre. PD:Efectivamente, atopo até o momento todo o que indiquei perfectamente referenciado.Fryant 23:20, 4 xaneiro 2009 (UTC)

detalle sobre o foedus[editar a fonte]

Alberte non entendo porque retiraches o anaco de frase (que asinara un foedus co emperador romano Honorio, polo cal concedíalles a soberanía, é dicir, a total independencia de Roma),, dentro do parafo :

A orixe do reino atópase no século V d.C., cando os suevos definitivamente se asentan na antiga provincia romana chamada Gallaecia. Estes, encabezados polo seu rei, Hermerico (que asinara un foedus co emperador romano Honorio, polo cal concedíalles a soberanía, é dicir, a total independencia de Roma), fixarían a súa corte na antiga Bracara Augusta, creando así o que se chamaría regnum suevorum, "regnum galliciense"

 ? ElviraConversa comigo 18:47, 4 xaneiro 2009 (UTC)

  • Retireino porque non hai ningún indicio de que houbera tal, e as fontes modernas contradinse, algunhas cren que houbo tal e as máis modernas parecen rexeitar tal opción. Creo que como non hai ningunha proba concluínte (nin documentos da época que falen diso, nin Hidacio nin Orosio tamén non falan diso) é mellor non poñelo coma se fose certo, e por iso retireino do artigo. Alberte Si, dígame? 19:08, 4 xaneiro 2009 (UTC)
Tes razón, a frase como estaba non podía quedar. Os autores que eu cito (e outros), puxen as páxinas das cronoloxías, pero no texto esta ben claro que non hai proba formal dese foedus. A cuestión esta na realidade que analizan os autores (eu non teño o libro que citas). E segundo entendo é porque a probabilidade do foedus é bastante significativa das relacións dos suevos con Roma, o que os suevos seguiron conquistando Lusitania non é proba da non esistencia dun pacto inicial. ElviraConversa comigo 20:12, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Resumen e ampliación[editar a fonte]

Saudos compañeiros. Como podedes ver na miña última edición, decidín ir aportando novos artigos á galipedia con capitulos sacados da historia do reino, ben é certo que como vos daredes conta esta primeira experiencia foi moi modesta senón ridicula -apenás retirei un pouco de palla do capitulo orixinal-, pero se cadra é unha boa forma de reducir o artigo para que non sexa extremadamente longo, e fornece á galipedia de novos artigos e unha mellor esquematización.

Isto xa o puxera de relevo Elvire, ou polo menos o entendin deste xeito, non?, e algunha persoa máis, coido que Alberte, é unha medida que pretende polo de agora ir reducindo espazo, non perder información base e darlle máis ar ao leitor. Que vos parece?. Estou dacordo convosco en que a historia é sumamente longa, mea culpa, tomei demasiado a peito o de engadir información e hoxe temos un artigo enorme e aínda sen rematar, asi que a ver como queda.., de todas formas temos bos exemplos de artigos moi extensos que ben esquematizados e ordenados conseguer chegar ao leitor e ser moi utis, poño por caso un da wiki inglesa sobre Bizancio [[23]], que sempre me gustou e que atopo moi util e ordenado.

Hai tempo que fixen unha pequena folla de ruta da miña aportación ao artigo, estimo que é útil que a coñezades porque se cadra a alguén lle parece interesantes e quere comenzalos, eu dispuxera para min os seguintes: Simbolos do reino, Disolución do reino de Galicia, A Ilustración, Colonización e aculturación e O reino de Galicia nas guerras napoleónicas. Amais dalgún capitulo na etapa medieval que teño comezado e aínda inacabado.Polo que a miña aportación respecta, rematarei co capitulo adicado á historiografía, e despois deste "tostón", gustariame saber que opinades e en fin, todo tipo de ideas. Ah!, interesante o de facerlle unha intro axeitada ao texto como xa expuxestes.--Alexandre Vigo 16:02, 5 xaneiro 2009 (UTC)

  • Ben, coido interesante o ir facendo pequenos artigos coa información que hai aquí: o artigo da monarquía visigoda é un exemplo, pero por exemplo a sección da formación do reino de Portugal pódese empregar para o artigo Reino de Portugal. Coido que unha vez rematado o artigo na súa sección historia, hai que crea-lo artigo Historia do Reino de Galicia, onde estea todo o que algunha vez se engadiu (é dicir, que estea tamén a palla que se quitou). Logo, na sección historia do artigo Reino de Galicia eu eliminaría só o prescindible, porque un texto tan longo e complexo é difícil despezalo sen perder contexto e sen perde-lo fío (ademais unha das características para ser de calidade é ser un artigo completo, polo que penso que só hai que elimina-lo prescindible, e non facer un breve resume). Eu, por exemplo, unha idea que teño é no artigo este (non no de historia do reino, que alí iría a sección completa), elimina-la sección sobre o Bierzo e engadi-la a xeito esquemático na sección territorio e concepto mediante o Modelo:Recadro (este é un recurso que usan moito na wikipedia italiana, véxase por exemplo it:Albert Einstein ou it:Isaac Newton). Bueno, teño que marchar, pola noite fágovos como quedaría, segundo eu, o recadro sobre o Bierzo, poñéndoo aquí na conversa. En fin, coido que polo momento hai que termina-la sección historia aquí, neste gran artigo do Reino de Galicia. Saúdos. Alberte Si, dígame? 16:16, 5 xaneiro 2009 (UTC)
A provincia do Bierzo no reino de Galicia
Mapa do reino de Galicia elaborado por Gerard Mercator e Jodocus Hondius, cun detalle do mesmo no que aínda se situaba a Ponferrada como entrada do reino. 1619.

Coa fragmentación do reino de Galicia e a individualización do recente reino de León a comezos do século XII[1] as informacións sobre a adscrición do Bierzo a un ou outro reino son confusas e mesmo contraditorias. Mentres que para uns autores o reino de Galiza remataba na fronteira natural dos montes do Cebreiro, para outros facíao nas aforas da cidade de Ponferrada[2], chegándose incluso a considerar o territorio berciano como unha entidade propia debido á súa condición xeográfica limítrofe. Os séculos posteriores sen embargo, consolidarían finalmente ao occidente do Bierzo na vida política e social galega ata finais do século XV.

Será precisamente nese século cando o conde de Lemos, Pedro Álavez Osorio, sufra o acoso total dos irmandiños (incluídos os bercianos), e máis de 30.000 deles o sitien no Castelo de Ponferrada[3], corazón do Bierzo. Así no ano 1485, o novo conde de Lemos, Rodrigo Henríquez Osorio facíase coa fortaleza de Ponferrada e outros lugares do Bierzo, resistindo o condado de Lemos nas súas mans ata o ano 1486, cando despois dun asedio de meses, renunciaba ás súas demandas.

Como castigo á rebeldía dos seus dous titulares sucesivos (Pedro Álvarez Osorio e Rodrigo Henríquez de Castro) os Reis Católicos dividiron o condado de Lemos no ano 1486, mercando eles mesmos Ponferrada e creando o marquesado de Vilafranca[4] co que serían recompensados os condes de Benavente. Recaía o Bierzo en mans castelán-leonesas, definíndose o límite entre o reino de Galicia e o de León, que pasaba a situarse no Cebreiro[5]. Non obstante, e pese á final adscrición do Bierzo ás terras de León, non impediu que o galego continuase a ser falado polos seus habitantes e que territorio berciano continuara a ser tradicionalmente considerado parte integrante de Galicia, así escritores e humanistas como Fernán Pérez de Oliva, Jerónimo Zurita[6], Lope de Vega, e viaxeiros como Bartolomé de Villalba y Estraña, Caumont, Claude de Bronseval, Arnold von Harff e outros, continuaron a considerar na súa obra ao Bierzo occidental como parte do reino de Galiza, aludindo a diferentes enclaves como galegos, (Ponferrada) llave e principio del reyno de Gallizia[7], (Vilafranca do Bierzo) tiene esta villa buena vega, aunque ya está en Galicia[8], mesmo afirmando que: Pont Ferrat (Ponferrada), fin d’Espagne, commencement de Galice (Ponferrada, fin de España e comezo de Galicia)[9].

Pois aquí está. Quizabes era mellor un chisquiño máis resumido... Alberte Si, dígame? 23:13, 5 xaneiro 2009 (UTC)

  • Acabo de fixarme que en territorio e concepto non hai moito sitio onde poñelo. Non sei se conpensa quita-la cronoloxía ou simplemente engadi-lo resumo como subsección de territorio e concepto. Alberte Si, dígame? 23:31, 5 xaneiro 2009 (UTC)
Polo de momento penso que debese agardar que Alexandre Vigo leve a cabo a estrutura que correspondelle o seu programa, é o único xeito para aproveitar o traballo incomparable que comezou. Logo podrase descutir para "esplotar" todo isto, introducción máis ampliada, abrir ou ampliar outros artigos, modificar un pouco o artigo etc.
Anticipando, penso que a sección sobre o Bierzo no Reino de Galicia non corresponde a entrar na sección Concepto e territorio, eu non entendo a sección Concepto e territorio como a descripción da evolución territorial do reino, entendo a sección como o xustificativo da continuidade historíca entre o mundo romano e a Idade Media. Vexo, pero falarase despois, duas cousas distintas. Por unha banda o tema do Bierzo e Galicia (que sexa a provincia romana e / ou o reino de Galicia) pode ser por si un artigo que non sei moito con cual titulo. Por outra banda, no artigo Reino de Galicia, sexa queda como subsección da historia coma vai agora, sexa poderia ser unha subsección dunha seccion que llamariase algo esi como Evolución do territorio.
O Modelo:Recadro pareceme que niste artigo o recadro debese reservar a citas da fontes tal como anda polo de agora.ElviraConversa comigo 02:20, 10 xaneiro 2009 (UTC)
Saudos compañeiros. Estiven lendo agora a última mensaxe, non te vira Elvire! :), moitas grazas como sempre por estar aqui. Ben, xa que isto ía sobre o do Bierzo, quería explicarvos como entendín ese capítulo, e o porqué de estar así e aí. Ben, está claro que o capítulo ten algo que ver co territorio e tamén coa evolución do territorio. Mais, cando aportei ese capítulo, realmente ía coa intención de que fose de caracter histórico, é dicir, reflexar un feito histórico, -que a finais do século XV e por decisión dos Reis Católicos, o Bierzo occidental deixaba de ser administrativamente do Reino de Galicia pasando a pertencer ao reino de León. Por iso puxen aí o capítulo, porque cronoloxicamente tocaballe ai, trala derrota final da nobreza galega ante os Reis de Castela e Aragón. Concordarei con vós posiblemente, en que o título non é o máis ilustrativo, e ben parece reflexar información territorial -e de feito o fai-, mais quixen plasmalo como unha medida política exercida por eses reis. E incluso, -facer isto-, tamén me abreu a mente cara un pequeno capítulo que explique a perda d´As Portelas (actual provincia de Zamora) do Reino de Galicia, e que debía poñerse a finais do século XVIII. Ben, pero aínda non toca iso, gustariame rematar co "Reino de Galicia e a historiografía española", xa que aquilo era a intro, e o que lle sigue é da máis suma importancia. De todos xeitos, mirade todo ben, e plasmade as deficiencias aqui, entre todos podemos acadar un artigo de calidade, estou seguro.--Alexandre Vigo 14:42, 14 xaneiro 2009 (UTC)

Notas[editar a fonte]

  1. López Carreira, 2005, p.246.
  2. Nunha lista de filiais de Cluny, sobre os séculos XI-XII apréciase: Prioratus Beatae Mariae de Cluniaco, de Villafrancha, alias de Valle Carceris, im Galicia, Asturicensis diocesis., incluíndo ás terras do Bierzo en Galicia. [1].
  3. A cifra foi aportada polo mesmo Conde a un criado seu, Ares de Rigueira, testemuña dobre no preito Tabera-Fonseca, "Las fortalezas de la Mitra composte­lana", p. 490.
  4. Pardo, 2000, p.428.
  5. Pardo, 2000, p. 428.
  6. ’’(...)por las novedades que sucedían en Galicia por la ocupación de Ponferrada que se tenía por don Rodrigo Osorio conde de Lemos(...)’’. Jerónimo Zurita. Annales de Aragón. Capítulo LXVII. [2].
  7. Sentencia de 1522, polo privilexio de exención de portaxe de Valencia de don Xoán contra Ponferrada.
  8. El peregrino curioso. Bartolomé Villalba y Estraña. 1577.
  9. Viguera/Corriente/Lacarra, 1981,I, p. 219.

Hidacio bispo da Gallaecia[editar a fonte]

Só un detalle : o cronicon de Idacio de Chaves esta titulado : HYDATII EPISCOPI CHRONICON nesta páxina, eu teño o cronicon publicdo en Francia por Alain Tranoy que ten texto en latin e texto en francés e que leva o titulo HYDATII GALLAECIAE EPISCOPI CHRONICON en latinn traducido ao francés por Tranoy CHRONIQUE D'HYDACE, ËVËQUE DE GALICE. Logo tamén se atopa : "Verum Hydatius, provinciae Gallaeciae natus in Lemica ciuitate, ..." Non sei de latin que rosa/rosae, dominus/domini e templum/templi, non sei dos diferentes manuscritos que esiten do texto do cronicon, pero sei que tiven coñocemente dos traballos de Tranoy polas referencias de libros de universitarios galegos. Sabendo que Hidacio sendo bispo de Chaves (bispo bracarense) é polo tanto bispo da Gallaecia ten que ser máis claro no texto diste artigo para o lector que Idacio é un personaxe propio na contiduidade historica, esto pareceme a mín e non sei se é necesario, nin sei como se pode meter. Que vos parece a todos e en particular a Alexandre Vigo ? ElviraConversa comigo 18:26, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Ola Elvire, pois a verdade é tes razón, é posible que a figura de Hidacio non apareza no texto ligada ao incipiente reino, é dicir, ao cambio que a Gallaecia sofre, de provincia romana a reino xermánico. Con todo, non sei exatamente onde radica o que dis, quero dicir, pensas que se debe facer maior fincapé nese dato, ou que tes pensado arredor disto? --Alexandre Vigo 21:14, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Ola Alexandre, eu só pretendía xustificar que nas fontes principaís e máis utilizadas polos historiadores sobre o coñocemento da historia de Galicia temos autores galegos, Paulo Osorio, Hydacio de Chaves e case Martiño de Dumio, ainda que non fose realmente galego por vir de fora e que o principal da súa obra sexa relixiosa. Polo tanto cando se fala dil penso que debe quedar claro para o lector que é galego ; galego = integrante do pobo galego, ó que defenda Roma (o cristianismo) contra os suevos non importa. De non ser asi, o lector (que non sexa mui perito de historia) queda co escema da historiografía tradicional, na cal toda a historia do noroeste da péninsula ibérica é historia de España ou historia de Portugal. Igual "historia" que non identifica Galicia é Estrabón que mestura os pobos preromanos dende a Lusitania ata Cantabira como se fosen o mesmo pobo, e agora, ainda cos textos de Estrabón sexan mui útiles sabese ben que nesa mestura habia xa diferencias importantes. Dende os ultimos anos do seculo XX recoñocese a nivel intenacional ca historia de Galicia e peculiar, o que a historia de Galicia alimente mitos é outro tema e non se deben confundir os temas, pero tampouco debese ter medo de recoller nas wikis o estado maís adiantado do coñocemento da comunidade cientifica. Non sei se o que che digo é claro ? ElviraConversa comigo 22:33, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Tes toda a razón Elvire, non é a primeira vez que vexo que mesmas personalidades galegas aparecen descritas como españolas ou portuguesas segundo a fonte, sendo moito anteriores á propia constitución de ditos estados, é un sen sentido. Estou dacordo en deixar a Hidacio como galego, pois xa existia esa diferenza. Tamén penso que debiamos fixar uns parametros sobre terminoloxía, e ver a nosa consideración de cada cousa en cada momento. Un exemplo perfecto é o dos personaxes, outra pode ser coas denominacións latinas, ah! e deixo caer algo, non estaria nada mal reformar o cadro de etapas da Historia de Galicia, porque podemos adaptalo entre todos mellor e facer desa boa idea unha máis rigorosa e práctica. Un saudo Elvire, - por certo, de que mitos falas? (é curiosidade).--Alexandre Vigo 00:02, 22 xaneiro 2009 (UTC)
Perdoa por contestar de forma lapidaria :
  1. para fixar uns parametros sobre terminoloxía e para reformar o cadro de etapas da Historia de Galicia concordo con ti. Eso é tarefa mui longo, que debe ser mui colaborativa e que abarca máis alá do artigo Reino de Galicia se queremos que ise traballo sexa produtivo para Galipedia considerando a sua importancia. Penso que non daña para co artigo sexa cualificado de artigo sobre Galicia na portada da Galipedia. Para artigo de calidade ...
  2. xa sabes que non concordo coa infobox e penso que a que está agora non é adecuada, nin siqueira para artigo sobre Galicia. Pero xa se conversou sobre o tema e penso que a conversa non chegou a rematar sobre o sentido que leva o contido do modelo escollido. Velaqui os dous elemetos de contido máis importantes que para mín semellan non ser enciclopedicos (non me gosta usar este termino tan xenerico, pero vai máis rapida a esplicación) :
    Capital Santiago de Compostela  : non lle vexo moita utilidade, onde esta o palacio dos reis suevos ? e porque non Ribadavia ?, A Coruña ? Lugo (ainda que se mencione) ? Ourense ? nos tempos da era compostelá, na esplendor do reino, tiña o rei de Galicia a sua corte en Santiago, xa que dise que é unha monarquía ? Santiago foi sede do poder politico galego durante moito tempo, pero é iso que se llama a capital dun reino ? Quero decir que ó de ter esta liña tan imperativa na infobox non reflexa o concepto diste reino e dalle un toco anachronico e desfasado.
    Lexislatura Xunta do Reino de Galicia se se quer considerar a Lexislatura (ainda co artigo da Galipedia non sexa moi completo polo de momento) da Xunta do Reino de Galicia, pois sabemos ben que isa lexislatura comezou cando o reino de Galicia estaba na sua decadencia de potencia politica, penso eu. Quero decir que ista liña tamén é anachronica e desfasada, non reflicta caracteriticas do reino, reflicta ideas contemporaneas aplicadas a historia.
  3. "de que mitos falas?" falei diso pola escrita na cabeceira do artigo es:Reino de Galicia, onde na mesma frase
También se emplea esta denominación para designar, dentro de su contexto, al reino suevo que gobernó entre los siglos V y VI, parte de los territorios que pertenecieron a las provincias romanas de Gallaecia, y del norte de la Lusitania,[4] y sobre el cual se han conformado algunos mitos historiográficos reivindicados por el galleguismo.[5] [6] [7]

mesturan dous temas (penso eu) : a formación do reino de Galicia, e a formación do nacionalismo galego, e só dan fontes para o segundo tema. Esas fontes son duas frases de Castelao que non é historiador da histria de Galicia e unha ligazón a Mitos de la historiografia galleguista.
Alexandre non lle des moita importancia a miña opinion, só pretendo aclararme. Saúdos e a ver se no febreiro 2009 adiantamos a Galipedia sobre outros artigos, ampliando uns e comezando outros ! ElviraConversa comigo 13:48, 24 xaneiro 2009 (UTC)

Ola de novo Elvire, sempre é un pracer lerte. Ben, no primeiro punto estou totalmente dacordo contigo, realmente non me refería unicamente a poñer o cadro de historia de Galicia no artigo, senón para toda a galipedia en xeral tal e coma ti o plantexas. Pareceume e me parece moi boa idea a do cadro de historia, e agora que podemos melloralo entre todos, pois penso que seria moi importante para toda a galipedia, e asi categorizar mellor. Logo, coido que sería bo plan levalo á taberna da galipedia, non?, hoxe mesmo levoo.
No segundo punto, sei que a infobox actual do reino non che gustaba moito, eu a verdade a vexo como unha ferramenta moi boa de esquematización, sen embargo, tes toda a razón, os datos non son aínda correctos de todo, e entre todos penso que podemos amañala, o de Santiago como capital non o vexo erróneo, pois os reis quedaban en Compostela cando estaban en Galicia (aínda se conserva o edificio onde quedaban) e de facto o era, o que si vexo erróneo -e penso que concordamos nisto- é que foron máis as capitais de Galicia, pode soar raro pero Braga, Tui, Oviedo e León están entre elas, en breve farei un pequeno cambio na infobox a ver se todos estamos dacordo.
O dos mitos pois era simple curiosidade, vaia que non entendía por onde ian os tiros, pero agora xa o pillei, en fin, é unha mágoa que a wikipedia en español lle dera unha orientación tan política na miña opinión, pero en fin, iso non me concerne. Claro que lle teño que dar importancia á túa opinión, e á de todos claro, entre todos podemos facer un artigo mellor e sobretodo, moitos artigos que ligar con este, eu vexoo como unha base que da para moito sobre a historia de Galicia. E máis nada, un saúdo moi grande Elvire.--Alexandre Vigo 20:21, 24 xaneiro 2009 (UTC)
A verdade é que iso de mito do galeguismo que puxeron na wikipedia hispanofalante paréceme algo ridículo, sen ánimo de ofender. O nacionalismo galego non converteu en mito, ou en berce da nación ó reino suevo. O máximo do que se pode falar, supoño, é de que canda o rexurdimento literario existe un ha conciencia propia da nosa historia, e algúns autores quixeron achegar luz ou chamar a atención sobre determinados temas esquecidos ou minusvalorados pola historiografía española (lembremos a Musset en 1973: si los suevos de España no hubiesen existido, la Historia no habría cambiado en nada importante). Así que non creo que o galeguismo reclame ningún mito, senón que os suevos existiron, e é normal que haxa interese en coñece-la nosa historia (todavía agora estase comezando a afondar neste tema). Ademais referencian o de que os suevos son un mito galeguista con unha cita de Castelao que non sei a que vén, xa que o que di Castelao é que os suevos foron "conquistados" pola poboación galaica, manténdose a forma de vida e cultura material herdada de época romana e castrexa, e polo que teño lido sobre o reino suevo semella que Castelao anda totalmente no certo. Pero bueno, o noso artigo non é, afortunadamente, o da wiki hispanofalante, e en boa medida debémolo a ti Alexandre. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 02:02, 25 xaneiro 2009 (UTC)

Reino de Galiza-Reino de Galicia[editar a fonte]

Ollando agora os ultimos cambios, e revertementos, queria dar a miña opinión ao respecto sobre o título do artigo. Entendo o título do artigo como o nome actual que se lle da a esta entidade histórica. Quero dicir con isto, que é imposible procurar e atopar un nome "histórico" para esta entidade posto que, en termos de lingua galega non existiu unha única nin oficial denominación, é certo que aparece "reino de Galiza", pero na mesma medida aparecen "reyno de galliza", "reino de galiça", "reyno de Galliçia", e un longo etc. Portanto, considero que o título non pode respostar a unha denominación única, porque nunca a tivo como dicía antes, por iso debemos valorala en termos actuais, e coido que se está aceptada a paridade Galiza/Galicia, é tan lexítimo o título de "reino de Galiza" como "reino de Galicia", aínda que persoalmente a uns nos poida gustar unha máis que outra, pero non se trata de gustos, trátase de rigor neste caso. Aqui a miña consideración.--Alexandre Vigo 22:28, 15 marzo 2009 (UTC)

Concordo con Alexandre.(Atobar 22:34, 15 marzo 2009 (UTC)).
Vale, pero na Galipedia houbo no seu día un proceso de discusión sobre Galiza e Galicia, onde se achegaron diversas posturas, se valoraron e se tomou a determinación de que, nos títulos, se optaría sempre por Galicia (a non ser, claro, que fose unha obra, unha revista, ou outra cousa onde non houbese lugar). É dicir, ninguén nega a posibilidade de empregar a palabra Galiza e Galicia indistintamente nos textos dos artigos, pois ambas as dúas son correctas, pero xa existe un acordo sobre que facer nos títulos. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:56, 15 marzo 2009 (UTC)

Mapas[editar a fonte]

  • Quero deixar aquí a ligazón a un vídeo no youtube sobre mapas medievais e o Reino de Galiza (Gallecia, Galicia...), que atopei curioseando. A verdade é que observei bastantes mapas co nome do reino. Aquí queda: [24] Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 14:15, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Hola, son o usuario Hermericus que fixo o vídeo de Youtube. Subín á Wikipedia Commons fotos de mapas que empreguei no vídeo, outros xa estaban subidos. Atopeinos todos na rede, moitas veces "ocultos" dentro de ficheiros pdf, polo que esquecín moitas das fontes onde os atopei, aínda que teño a certeza de que todos son auténticos, pois verifiquei a súa autenticidade en libros de Historia da Cartografía que se poden atopar na(s) Biblioteca(s) da Universidade de Santiago.

Espero poder solucionar o tema da mención da orixe dos mapas nos próximos días, porque se non podenos borrar. Mentres tanto, deixovos os nomes dos mapas, por se os queredes copiar antes de que os borren. Se alguén está interesado, tamén pode deixar aquí algunha dirección pra mandarllos por correo. Un saludo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Hermericus (conversacontribucións) 6 de agosto de 2010 ás 22:22

  • 1420 Sallust de Geneve.jpg
  • 1154 Tabula Rogeriana noroeste Peninsula Iberica Al Idrisi copia mas antigua.jpg
  • Imago Mundi de Honorius of Autum (editado por Henry of Mainz) 1190.PNG
  • Beato de Liebana Burgo de Osma 1086.jpg
  • Pirrus de Noha biblioteca apostolica vaticana 1410.png
  • Mapa de Borgia XV.jpg
  • 1475 Rudimentum Novitorum Lucas brandis.jpg
  • Abu-Reyhan Biruni (editado por Ernest Rhys 1912) 1030.jpg
  • 1448 Andreas Walsperger.jpg
  • 1250 Arnamagnaeanisches Institut Reykjavik.jpg
  • 1125 Lambert de Saint Omer Liber Floridus (Europa Mundi Pars Quarta).jpg

Ficheiros de detalle:

  • 1420 Salustio de Ginebra Peninsula Iberica.jpg
  • 1448 Andreas Walsperger peninsula iberica.jpg
  • 1475 Rudimentum Novitorum Lucas Brandis occidente europeo.jpg
  • Mapa de Borgia XV noroeste Peninsula Iberica.jpg
  • 1410 Pirrus de Noha biblioteca apostolica vaticana Mediterraneo.jpg
  • 1320 Pietro Vesconte (Liber Secretorum de Marino Sanuto) Norte Peninsula Iberica.jpg
  • 1265 Psalterio Londres Peninsula Iberica.jpg
  • 1250 Arnamagnaeanisches Institut Reykjavik occidente europeo.jpg
  • 1190 Imago Mundi Honorius of Autum (Henry of Mainz) Peninsula Iberica.jpg
  • 1125 Lambert de Saint Omer Liber Floridus Peninsula Iberica.jpg
  • 946 Etimologias isidorianas Real Academia de la Historia Peninsula Iberica.jpg
  • 1154 Tabula Rogeriana Al Idrisi transcripcion de Konrad Miller 1928 detalle.jpg
  • 1234 Convento de Ebstorfer Gervase of Tilbury Gallicia Regio.jpg
Infinitamente agradecido pola túa inestimábel achega Hermerico.--Alexandre Vigo 17:37, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Segar's Roll[editar a fonte]

Na ilustración tomada do Segar's Roll dise: "Escudo do Rei de Galiza segundo o armorial inglés Segar´s Roll, s.XIII. Esta é a primeira representación do escudo, nacido da confusión entre Galice —en lingua anglonormanda o nome do país— e calice." Tal confusión Galice-calice ten como única referencia un folleto da Consellería de Educación para a semana de Europa en Galicia 2007. Non creo que un documento así se poida considerar referencia válida, e menos tratándose dunha afirmación tan controvertida. Se non hai parecer en contra, suprimireina nos próximos días. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:20, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Listo, amañado o problema, agora esta afirmación está sustentada por unha referencia bibliográfica de primeira man, unha monografía sobre "Os símbolos de Galicia", editada polo Consello da Cultura Galega.--Alexandre Vigo 14:39, 27 de xuño de 2010 (UTC)
E xa correctamente adoptada ao formato de notas por ti polo que acabo de ver.--Alexandre Vigo 14:40, 27 de xuño de 2010 (UTC)