Contaminación por gránulos de plástico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granulado de plástico (nurdle) nunha praia de Aquitania, suroeste de Francia, 2011.

A contaminación por gránulos de plástico é a producida por partículas de granulado plástico usadas universalmente para fabricar plásticos a grande escala. No contexto da contaminación por plástico, este granulado[1] de preprodución coñécense en inglés como nurdle.[2] Estes microplásticos[3] créanse por separado dos plásticos que se funden, e a perda de gránulos pode ocorrer tanto durante as etapas de fabricación como de transporte.[4] Cando se liberan ao medio aberto, crean contaminación persistente tanto nos océanos como nas praias.[5] Crese que unhas 230.000 toneladas de granulado plásticos se depositan nos océanos cada ano, onde a miúdo as aves mariñas, peixes e outros animais confunden con alimento.[2] Debido ao seu pequeno tamaño, son notoriamente difíciles de limpar das praias e doutros lugares.[6]

Descrición[editar | editar a fonte]

O granulado é a segunda fonte de microplásticos no océano[7] Aproximadamente 27 millóns de toneladas son fabricados anualmente nos EUA.[8] Unha libra (cerca de medio quilo) de HDPE peletizado (polietileno de alta densidade) contén aproximadamente 25.000 nurdles ou granulado (aproximadamente 20 mg por nurdle). Normalmente teñen menos de 5 mm de diámetro.[9] En todo o mundo, pénsase que unhas 230.000 toneladas de granulado se depositan nos océanos cada ano.[10]

Un puñado de granulado, derramado desde un tren en Pineville, Luisiana, EUA. Aínda que boa parte se usa para os moldes de plásticos estándar e a maioría é inerte, non sempre se coñece a composición do material, por iso se recomenda o uso de luvas para a súa recollida.

Os gránulos de resina plástica clasifícanse como microplásticos primarios, o que significa que foron producidos intencionadamente en tamaños que van de 1 a 5 mm de diámetro (mentres que os microplásticos secundarios se crean mediante a fotodegradación e a intemperie de pezas de plástico máis grandes, como botellas de auga e redes de pesca).[11] [12] Os microplásticos primarios supoñen entre o 15 % e o 31 % da crecente contaminación por microplásticos mariños, que está relacionada coa expansión corporativa da produción de plástico a grande escala.[12] Do mesmo xeito que as microperlas, os gránulos de plástico de preprodución poden ser liberados directamente ao medio ambiente como unha forma de contaminación primaria por microplásticos.[12] A medida que se produce máis plástico, máis granulado se vai depositando nos cursos e corpos de auga.[13]

Un estudo sobre unha instalación de produción de polietileno en Suecia descubriu que entre 3 e 36 millóns de pezas de granulado de plástico entran no ambiente desde os lugares de produción cada ano.[2] Son derramados durante o transporte e a produción e debido a precaucións e regulamentos inadecuados, millóns de pezas de granulado de plástico acaban nas vías fluviais próximas e, finalmente, no océano.[2]

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

Os medios de comunicación en galego, en especial referíndose á vertedura de granulado de plástico de 2023, empregaron maioritariamente o anglicismo pellets,[14][15][16][17] e mesmo membros do Goberno galego se referiron ao granulado con ese termo,[18] se ben dita forma só se emprega para o granulado vexetal, non o plástico.[19][20]

Impacto ambiental[editar | editar a fonte]

From Pollution to Solution, a global assessment of marine litter and plastic pollution. Publicación das Nacións Unidas sobre a contaminación mariña por plásticos.

O granulado ou nurdle é un dos principais contribuíntes ao lixo mariño. Durante un estudo de tres meses sobre as praias do condado de Orange, os investigadores descubriron que eran o contaminante das praias máis común.[21] Segundo un estudo de 2019, os nurdles das praias de baño en East Lothian, Escocia, están cubertos con biopelículas de E. coli e Vibrio.[22] [23]

Os nurdles poden ser unha materia prima de produción de plástico ou partes de anacos máis grandes de plástico.[24] Os que escapan do proceso de produción de plástico ás vías navegables ou aos océanos convertéronse nunha fonte importante de contaminación plástica dos océanos e das praias. A contaminación de gránulos plásticos que foi monitorizada nos estudos atópase principalmente nos sedimentos e nas zonas de praia e adoita ser polietileno ou polipropileno, os dous principais polímeros plásticos que se atopan na contaminación por microplásticos.[25]

Atopáronse con frecuencia nurdles no tracto dixestivo de varias criaturas mariñas, causando danos fisiolóxicos pola lixiviación de plastificantes como os ftalatos. O granulado pode transportar dous tipos de microcontaminantes no medio mariño: aditivos plásticos nativos e contaminantes hidrófobos absorbidos da auga do mar. Por exemplo, atopouse que as concentracións de PCB e DDE en nurdles recollidos das augas costeiras xaponesas eran de até un millón de veces superiores aos niveis detectados na auga do mar circundante.[26]

As microperlas de plástico utilizadas en produtos cosméticos exfoliantes tamén se atopan na auga.

Incidentes[editar | editar a fonte]

2012[editar | editar a fonte]

Limpeza costeira da baía de San Francisco por múltiples verteduras de granulado.[27]

En Hong Kong, tras ser levados polo tifón Vicente o 24 de xullo de 2012, algúns colectores pertencentes ao xigante petroleiro chinés Sinopec que transportaban máis de 150 toneladas de granulado de plástico foron envorcados ao mar até as costas do sur de Hong Kong (Shek O., Cheung Chau, Ma Wan e illa Lamma). Aínda que os gránulos non eran tóxicos nin perigosos por si sós segundo Sinopec, [28] a vertedura perturbou a vida mariña e matou reservas de peixe nas piscifactorías costeiras.[29]

2017[editar | editar a fonte]

Unha vertedura duns dous mil millóns de anacos de granulado (49 toneladas) procedente dun contedor de envío no porto de Durban requiriu esforzos de limpeza prolongados.[30] Estas pezas de granulado tamén chegaron á costa de Australia Occidental.[31]

A Great Nurdle Hunt ("a gran caza de granulado") que tivo lugar entre o 2 e o 5 de xuño de 2017 en todo o Reino Unido, chamou a atención sobre o problema da contaminación por gránulos de plástico. Un programa iniciado por Fidra, unha organización benéfica ambiental escocesa, obtivo información de cidadáns utilizando fotos compartidas para comprender mellor a composición da contaminación nas praias británicas.[32] As "cazas de granulado" que se produciron a principios de 2017 determinaron que o 73 % das praias do Reino Unido tiñan contaminación por granulado.[33]

2018[editar | editar a fonte]

Un accidente de camión provocou a liberación de granulado de cor azul brillante en Pocono Creek e nas vías navegables do val de Lehigh, Pensilvania.[34]

2020[editar | editar a fonte]

Durante unha tormenta eléctrica o 20 de agosto, un contedor de 12m (40 pés) con 25 toneladas de granulado que chegaban de Asia caeu do barco CMA CGM Bianca ao río Mississippi en Nova Orleáns. Non houbo limpeza oficial. As verteduras de materiais perigosos están na xurisdición dos gardacostas, pero os nurdles non están clasificados como materiais perigosos no Estado. O Department of Environmental Quality non puido determinar quen foi o responsábel da limpeza da vertedura.[35]

2021[editar | editar a fonte]

O 2 de xuño de 2021 o buque de carga X-Press Pearl incendiouse e afundiu fronte ás costas de Sri Lanka, derramando produtos químicos e microplásticos e provocando o peor desastre ambiental da historia do país.[36]

2023[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2023, o goberno francés anunciou que tomará accións legais contra "persoas descoñecidas" en resposta á gran contaminación por granulado de plástico ao longo da costa de Bretaña que se pensa que se orixinou a partir de contedores de envío perdidos no océano Atlántico.[37]

Desde decembro de 2023, a costa galega enfróntase a unha crise ambiental debido á vertedura de millóns de diminutas bólas de plástico branco do barco polaco Toconao, de bandeira liberiana, que perdeu seis colectores de Maersk fronte a Viana do Castelo en Portugal.[38][39]

Progresos actuais e solucións[editar | editar a fonte]

Dos 300 millóns de toneladas de material plástico que se producen cada ano, máis de 14 millóns de toneladas acaban no océano e a produción de plástico segue a aumentar. O lixo mariño no seu conxunto está a impoñer ameazas ambientais aos ecosistemas mariños e as solucións políticas son fundamentais para mellorar o océano.[40]

  • A industria do plástico respondeu ao crecente interese e preocupación pola perda de granulado de plástico e as fontes de contaminación. A Operation Clean Sweep foi creada por SPI: The Plastics Industry Trade Association en 2001 e xunto co American Chemistry Council co obxectivo de cero perdas de granulado para os fabricantes de plástico.[41] Este programa de custodia voluntaria proporciona aos seus membros un manual que lles guía a través de formas en que poden reducir a perda de granulado nas súas propias instalacións e proporciona a formación necesaria.[42] [43] Porén, o programa non esixe que as empresas manteñan nin informen ningún dato sobre verteduras de granulado.[44]
  • En 2007, California aprobou a norma AB 258, que estableceu as medidas que os fabricantes de plásticos de preprodución debían seguir durante a produción e o transporte de granulado de plástico. [45] Esta medida preventiva inclúe inspeccións por parte do persoal da Regional and State Water Board (Xunta de Augas Rexional e Estatal) e a execución da produción e transporte ordenados de plástico de preprodución para minimizar a cantidade de verteduras de granulado de resina de plástico.[46]
  • En 2008, California aprobou unha "lei nurdle", que denomina especificamente o granulado de plástico de preprodución como contaminante.[47]
  • En 2015 aprobouse a Microbead-Free Waters Act (Lei de augas sen microperlas), que prohibe a fabricación e distribución de microperlas primarias de plástico para produtos cosméticos.[48] Esta prohibición suponse que reducirá a cantidade de gránulos de plástico que acaban nos océanos evitando que as partículas de microperlas se utilicen nos produtos de coidado cosmético.[48]
Letreiro en Plettenberg Bay, Suráfrica indicando como recoller nurdles para reducir o seu impacto negativo no medio ambiente.

Accións para crear conciencia[editar | editar a fonte]

O 11 de abril de 2013, para crear conciencia, a artista Maria Cristina Finucci fundou The Garbage Patch State na UNESCO [49] en París fronte á directora xeral Irina Bokova. É o primeiro dunha serie de eventos baixo o patrocinio da UNESCO e do Ministerio de Medio Ambiente de Italia.[50]

The Great Nurdle Hunt é un proxecto de ciencia cidadá que mapea a contaminación de granulado de plástico a nivel mundial.[51] Os datos recollidos utilízanse para colaborar activamente coa industria e os responsables políticos para desenvolver solucións para evitar unha maior contaminación por granulado.

Judith Selby Lang e Richard Lang como One Beach Plastic participan nunha ampla gama de accións artísticas coa intención de concienciar sobre os efectos da contaminación plástica nas praias do mundo. Moitos dos seus traballos abordan especificamente a contaminación por granulado.[52]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Galega (10 de xaneiro de 2024). ""Granulado/s" é o termo validado polo Servizo de Terminoloxía Galega para designar os conglomerados de resinas poliméricas que chegan estes días á nosa costa.". X.com - Twitter. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 McVeigh, Karen (2021-11-29). "Nurdles: the worst toxic waste you’ve probably never heard of". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  3. Aínda que existe un debate sobre a terminoloxía, acostúmanse a nomear "microplásticos" aos plásticos menores de 5mm.
  4. "What's resin pellet? :: International Pellet Watch". www.pelletwatch.org (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  5. Hammer, Jort; Kraak, Michiel H. S.; Parsons, John R. (2012). Whitacre, David M., ed. Plastics in the Marine Environment: The Dark Side of a Modern Gift. Reviews of Environmental Contamination and Toxicology (en inglés). New York, NY: Springer. pp. 1–44. ISBN 978-1-4614-3414-6. doi:10.1007/978-1-4614-3414-6_1. 
  6. Willsher, Kim (2023-01-23). "France to take legal action over ‘nightmare’ plastic pellet spill". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  7. Kunz, Alexander; Walther, Bruno A.; Löwemark, Ludvig; Lee, Yao-Chang (2016-10-15). "Distribution and quantity of microplastic on sandy beaches along the northern coast of Taiwan". Marine Pollution Bulletin 111 (1): 126–135. ISSN 0025-326X. doi:10.1016/j.marpolbul.2016.07.022. 
  8. "Take Part". Heal the Bay (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  9. "What's a nurdle". greenpeace.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2009. Consultado o 08 de xaneiro de 2024. 
  10. Willsher, Kim (2023-01-23). "France to take legal action over ‘nightmare’ plastic pellet spill". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  11. GESAMP (2015). "Sources, fate and effects of microplastics in the marine environment: a global assessment" (Kershaw, P. J., ed.). (IMO/FAO/UNESCO-IOC/UNIDO/WMO/IAEA/UN/UNEP/UNDP Joint Group of Experts on the Scientific Aspects of Marine Environmental Protection). Rep. Stud. GESAMP No. 90, 96 p.
  12. 12,0 12,1 12,2 Kavitha, R; Akshaya, T; Aarthi, Arul (abril de 2020). "Microplastics and Its Impacts" (PDF). International Research Journal of Engineering and Technology (IRJET) 07: 4259–4265. 
  13. Turra, Alexander; Manzano, Aruanã B.; Dias, Rodolfo Jasão S.; Mahiques, Michel M.; Barbosa, Lucas; Balthazar-Silva, Danilo; Moreira, Fabiana T. (2014-03-27). "Three-dimensional distribution of plastic pellets in sandy beaches: shifting paradigms". Scientific Reports (en inglés) 4 (1): 4435. ISSN 2045-2322. PMC 3967197. PMID 24670631. doi:10.1038/srep04435. 
  14. "Isto é o que sabían a Xunta e o Goberno central dos pellets de plástico que contaminan Galicia". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-01-10. 
  15. Diario, Nós (2024-01-07). "Cronoloxía da “crise dos pellets” na costa galega: isto é o que se sabe até o momento". Nós Diario. Consultado o 2024-01-10. 
  16. "Reforzan a limpeza de 'pellets' cara á fin de semana". G24. Consultado o 2024-01-10. 
  17. Galicia, Xunta de (2024-01-09). "A Xunta censura que o Estado non atallase a chegada dos pellets a Galicia pese a coñecer o suceso en Portugal desde o 8 de decembro". COPE (en castelán). Consultado o 2024-01-10. 
  18. Press, Europa (2024-01-09). "A Xunta estima que a partir do sábado chegarán máis pellets á costa e pide ao Goberno que actúe "dentro do mar"". www.europapress.es. Consultado o 2024-01-10. 
  19. "Visualización do concepto". bernal.cirp.gal. Consultado o 2024-01-10. 
  20. Real Academia Galega (10 de xaneiro de 2024). "Granulado/s" é o termo validado polo Servizo de Terminoloxía Galega para designar os conglomerados de resinas poliméricas que chegan estes días á nosa costa.". X.com - Twitter. 
  21. "Marine-Debris-Panel30oct02". mindfully.org; Plastic/Ocean. 2002. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 08 de xaneiro de 2024. 
  22. "The-major-source-of-plastic-pollution-youve-probably-never-heard-of". Fast Company; fastcompany.com (en inglés). 
  23. Rodrigues, Alyssa; Oliver, David M.; McCarron, Amy; Quilliam, Richard S. (2019-02-01). "Colonisation of plastic pellets (nurdles) by E. coli at public bathing beaches". Marine Pollution Bulletin 139: 376–380. ISSN 0025-326X. doi:10.1016/j.marpolbul.2019.01.011. 
  24. "Plastics 'poisoning world's seas'" (en inglés). 2006-12-07. Consultado o 2024-01-08. 
  25. GESAMP (2015). "Sources, fate and effects of microplastics in the marine environment: a global assessment" (Kershaw, P. J., ed.). (IMO/FAO/UNESCO-IOC/UNIDO/WMO/IAEA/UN/UNEP/UNDP Joint Group of Experts on the Scientific Aspects of Marine Environmental Protection). Rep. Stud. GESAMP No. 90, 96 p.2007, chapter 9, ISBN 978-0-312-34729-1
  26. Mato Y: "Plastic resin pellets as a transport medium for toxic chemicals in the marine environment", Environmental Science & Technology 35(2), páxs. 318–324, 2001
  27. Freese, Alicia. "Nurdles a big problem in coastal cleanup > Bay Nature". Bay Nature (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  28. "Hong Kong government criticized over plastic spill on beaches". Reuters (en inglés). 
  29. "Hong-Kong-plastic-spill". The Guardian; theguardian.com. 
  30. "Nurdles". Coast KZN; coastkzn.co.za. 
  31. "the-great-nurdle-disaster-what-to-do-if-you-find-nurdles". aquarium.co.za; Two Oceans Aquarium Cape Town, South Africa. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2024. 
  32. "Results" (PDF). nurdlehunt.org.uk; Nurdle Free Oceans. 
  33. Association, Press (2017-02-17). "Tiny plastic pellets found on 73% of UK beaches". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  34. Thompson, Carol (2018-04-06). "Thousands of plastic pellets have spilled into waterways in Poconos: ‘This is going to be extremely challenging’". The Morning Call (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  35. Baurick, Tristan (2020-08-18). "No cleanup planned as millions of plastic pellets wash up along Mississippi River and flow to the Gulf". NOLA.com (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  36. Ellis-Petersen, Hannah; correspondent, Hannah Ellis-Petersen South Asia (2021-05-31). "Sri Lanka faces disaster as burning ship spills chemicals on beaches". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  37. Willsher, Kim (2023-01-23). "France to take legal action over ‘nightmare’ plastic pellet spill". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  38. "Environmental Crisis On Galician Beaches". Euro Weekly News (en inglés). 2024-01-06. Consultado o 2024-01-08. 
  39. "Marea de voluntarios para loitar contra o "novo Prestige" dos microplásticos na costa galega". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-01-08. 
  40. "Resources". www.iucn.org ; IUCN (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  41. "Operation-Clean-Sweep-celebrates-25-years". In The Hopper: SPI's Business Blog. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o 08 de xaneiro de 2024. 
  42. "OCS Program Manual". Operation Clean Sweep (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  43. Entwistle, Dr Abigail; Fauna; International, Flora. "Why the fuss about nurdles?". phys.org (en inglés). Consultado o 2024-01-08. 
  44. "big-oil-evaded-regulation-and-plastic-pellets-kept-spilling". npr.org; NPR (en inglés). 
  45. Maruf, Maruf (2019-11-03). "Indonesia Response and Recent Development of Law and Policy in Addressing Marine Plastic Litter". Journal of Indonesian Legal Studies (en inglés) 4 (2): 167–188. ISSN 2548-1592. doi:10.15294/jils.v4i2.34757. 
  46. "State Water Resources Control Board". www.waterboards.ca.gov. Consultado o 2024-01-08. 
  47. Westervelt, Amy (2015-03-27). "It's taken seven years, but California is finally cleaning up microbead pollution". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-08. 
  48. 48,0 48,1 McDevitt, Jason P.; Criddle, Craig S.; Morse, Molly; Hale, Robert C.; Bott, Charles B.; Rochman, Chelsea M. (2017-06-20). "Addressing the Issue of Microplastics in the Wake of the Microbead-Free Waters Act—A New Standard Can Facilitate Improved Policy". Environmental Science & Technology (en inglés) 51 (12): 6611–6617. ISSN 0013-936X. doi:10.1021/acs.est.6b05812. 
  49. "The_garbage_patch_territory_turns_into_a_new_state". UNESCO.org. 
  50. "articolo". rivistasitiunesco.it. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2024. 
  51. "The Great Nurdle Hunt". nurdlehunt.org.uk (en inglés). 
  52. "Judith Selby Lang – Whirligig" (en inglés). 2019-11-16. Consultado o 2024-01-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]