Plásticos estándar
Os plásticos ou polímeros estándar, plásticos de mercadorías ou polímeros de produtos básicos (en inglés commodity plastics ou commodity polymers) son plásticos producidos en grandes cantidades para aplicacións nas que non se necesitan propiedades excepcionais dos materiais (como empaquetado, envases de alimentos ou xerais, produtos domésticos, etc.). En contraste cos plásticos de enxeñería (para aplicacións técnicas) e cos plásticos de alto rendemento (para aplicacións especiais), os plásticos básicos tenden a ser termoplásticos baratos de producir e presentan propiedades mecánicas relativamente débiles.
Exemplos
[editar | editar a fonte]A nivel mundial, os termoplásticos máis utilizados son o polipropileno e o polietileno[2].
Os plásticos estándar abranguen os cinco polímeros máis utilizados, que en conxunto constitúen o 66% do plástico utilizado en todo o mundo: polietileno (PE-LD/PE-LLD e PE-HD), polipropileno (PP), cloruro de polivinilo (PVC), o poli(metacrilato de metilo) e polistireno (PS)[3][4][5].
Usos
[editar | editar a fonte]Os produtos fabricados con plásticos inclúen todo tipo de empaquetado, bolsas, vasos e pratos desbotables, cintas fotográficas e magnéticas, roupa, bandexas sanitarias, etc.[3].
Problemática
[editar | editar a fonte]Varias investigacións suxiren que a cinética da degradación térmica dos plásticos básicos é importante para darse conta das complicacións que poden traer debido á temperatura pola que pasan no proceso de produción ou fabricación[6]. O plástico inclúe un alto peso molecular e queimalos é demasiado arriscado xa que interacciona co transporte de masa e enerxía, o que trae complicacións se non se investiga adecuadamente[7].Os plásticos estándar son tamén a maior fonte de microplásticos. O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) estima que entre un 70 e un 90% dos residuos acuáticos que se atopan nas praias son plásticos, e que cada ano circulan unhas 800.000 toneladas de bolsas deste material só na Unión Europea. A ONU estima que cada ano se envorcan aos mares e océanos 8 millóns de toneladas de plástico e que, de seguir así, no ano 2050 haberá máis plásticos que peixes nos océanos[8][9][10].
Reciclaxe
[editar | editar a fonte]A pesar das complicacións dos plásticos, algúns fabricantes tratan de reciclar para un novo crecemento xa que algúns países da Unión Europea, Xapón, Estados Unidos limitaron o uso de produtos feitos con plásticos[11] e tamén noutros lugares de América, África ou Oceanía desenvolveron normativa nese senso[12][13]. Implementar tácticas e estratexias de mercadotecnia para reciclar plásticos pode ser un incentivo e un bo investimento, xa que a xente tende a comprar máis os materiais reciclados. Varias empresas grandes como Procter & Gamble e Clorox utilizan produtos reciclados para fabricar produtos domésticos[14]. No Estado español, segundo ADEGA, só o 25% dos envases de plástico se recicla, o 50% quéimase e outro 25% reexpórtase á China[15]. En varias ocasións denunciouse que a reciclaxe de plásticos é moito menor do que afirman gobernos, organismos xestores e empresas[16][17][18].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Plastics_the_facts_2018_AF" (PDF). plasticseurope.org (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2019.
- ↑ Andrady, Anthony L.; Neal, Mike A. (2009-07-27). "Applications and societal benefits of plastics". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 364 (1526): 1977–1984. PMC 2873019. PMID 19528050. doi:10.1098/rstb.2008.0304.
- ↑ 3,0 3,1 "Kunststoffchemie für Ingenieure: Von der Synthese bis zur Anwendung". www.zvab.com (en alemán). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ Inc, VitalSource Technologies. "Makromoleküle, 6ª ed.; 9783527299621, 9783527626540". VitalSource (en alemán). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "Document request". plasticseurope.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015.
- ↑ Bockhorn, H.; Hornung, A.; Hornung, U.; Teepe, S.; Weichmann, J. (1996-08-01). "Investigation of the Kinetics of Thermal Degradation of Commodity Plastics". Combustion Science and Technology. 116-117 (1-6): 129–151. ISSN 0010-2202. doi:10.1080/00102209608935546.
- ↑ Bockhorn, H.; Hornung, A.; Hornung, U.; Teepe, S.; Weichmann, J. (1996-08-01). "Investigation of the Kinetics of Thermal Degradation of Commodity Plastics". Combustion Science and Technology. 116-117 (1-6): 129–151. ISSN 0010-2202. doi:10.1080/00102209608935546.
- ↑ "More Plastic than Fish in the Ocean by 2050: Report Offers Blueprint for Change". World Economic Forum (en inglés). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "The New Plastics Economy" (PDF). weforum.org/docs/ (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2022.
- ↑ "«Non podemos resignarnos a que no 2050 haxa máis plásticos que peixes»". LVG. 2020-12-21. Consultado o 2022-07-05.
- ↑ O'Sullivan, Dermot (1990-05-21). "German chemical giants join to recycle plastics". Chemical & Engineering News Archive (en inglés) 68 (21): 8. ISSN 0009-2347. doi:10.1021/cen-v068n021.p008a.
- ↑ UNO (2021-12-24). "La historia de la bolsa de plástico, desde su nacimiento hasta su prohibición". Naciones Unidas para Europa Occidental (en castelán). Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "Panamá, primer país de Centroamérica en prohibir las bolsas plásticas". EFEverde (en castelán). 2017-08-11. Consultado o 2022-07-05.
- ↑ O'Sullivan, Dermot (1990-05-21). "German chemical giants join to recycle plastics". Chemical & Engineering News Archive (en inglés) 68 (21): 8. ISSN 0009-2347. doi:10.1021/cen-v068n021.p008a.
- ↑ "As empresas envasadoras, detrás do lucrativo negocio da reciclaxe". Sermos Galiza. 17 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018. Consultado o 05 de xullo de 2022.
- ↑ "The great recycling LIE (what really happens to plastic)". Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "Recicladores de plástico acusados de fraude". ExpokNews (en castelán). 2018-10-25. Consultado o 2022-07-05.
- ↑ "A reciclaxe é unha fraude? ; Consumer". 2012-02-19. Consultado o 2022-07-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plásticos estándar |