Lago Neagh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago Neagh
Loch nEathach (en irlandés)
Loch Neagh (en escocés do Ulster)
Lago Neagh Loch nEathach (en irlandés) Loch Neagh (en escocés do Ulster)
O lago Neagh dende o espazo.
LocalizaciónIrlanda do Norte
Coordenadas54°37′06″N 6°23′43″O / 54.61833, -6.39528Coordenadas: 54°37′06″N 6°23′43″O / 54.61833, -6.39528
Superficie392 km²
Lonxitude30 km (máximo)
Ancho15 km (máximo)
Profundidade25 m
Prof. media9 m
AfluentesRío Upper Bann, río Six Mile Water, río Glenavy, río Crumlin, río Blackwater, río Moyola, río Ballinderry e río Main
Desauguesrío Bann

O lago Neagh (en irlandés: Loch nEathach, en scots: 'Loch Neagh', en inglés: Lough Neagh) é o meirande lago de auga doce da illa de Irlanda e tamén do conxunto das illas Británicas. O seu nome provén do irlandés loch nEachach, que significa "lago de Eachaidh", aínda que hoxe en día escríbese loch nEathach en irlandés moderno[1]. O lago é propiedade do conde de Shaftesbury.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase a 30 km ao oeste de Belfast e mide un máximo 30 km de longo e 15 km de ancho. Con 392 km² é décimo quinto lago de auga doce por superficie da Unión Europea e o trixésimo primeiro de Europa. A pesar do seu tamaño é moi pouco profundo, xa que a súa profundidade media é de tan só 12 metros e a máxima de 25 metros[2].

Condados[editar | editar a fonte]

Cinco dos seis condados de Irlanda do Norte teñen costa no lago (o único que non é o condado de Fermanagh), e a súa área repártese tamén entre eles. Os condados son os seguintes:

Repartición do lago nos condados de Irlanda do Norte.
  1. Antrim (costa leste e norte)
  2. Down (unha pequena parte no sueste)
  3. Armagh (sur)
  4. Tyrone (oeste)
  5. Derry (noroeste)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Deirdre Flanagan e Laurance Flanagan (1994). Gill & Macmillan Ltd, ed. Irish Placenames. 
  2. "Lough Neagh". Consultado o 12 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wood, R.B.; Smith, R.V., eds. (1993). Lough Neagh: The Ecology of a Multipurpose Water Resource. Monographiae Biologicae 69. Springer. ISBN 9780792321125.