Calzada do Xigante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calzada do Xigante
Causeway-code poet-4.jpg
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Irlanda do Norte
Reino Unido
Localización 55°14′27″N 6°30′42″O / 55.24083, -6.51167
Tipo Cultural
Criterios (vii, viii)
Inscrición 1986
Rexión da UNESCO Europa
Identificador 369

A Calzada do Xigante (en inglés Giant's Causeway) é a designación dada a un conxunto dunhas 40 000 columnas prismáticas de basalto, encaixadas coma se formasen unha enorme calzada de pedras xigantescas, formadas pola disxunción prismática dunha grande masa de lava basáltica resultante dunha erupción volcánica ocorrida hai preto de 60 millóns de anos. A formación atópase na costa da Irlanda do Norte, preto de tres quilómetros ao norte da vila de Bushmills, no condado de Antrim, Irlanda do Norte. Foi declarada como Patrimonio da Humanidade pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en 1986 so o nome de "Calzada do Xigante e súa Costa", e como Reserva Natural en 1987.