Saltar ao contido

Comunidade do Caribe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaComunidade do Caribe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°49′N 58°07′O / 6.82, -58.12
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa
lingua castelá
lingua neerlandesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación4 de xuño de 1973 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de

Sitio webcaricom.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: caricomorg Twitter: CARICOMorg Souncloud: caricomorg Editar o valor en Wikidata

A Comunidade do Caribe (CARICOM, polas súas siglas en inglés) (en castelán: Comunidad del Caribe, en francés: Communauté Caribéenne, en inglés: Caribbean Community, en neerlandés: Caribische Gemeenschap) é unha organización internacional para o fortalecemento das relacións na rexión do Caribe cuxa sede atópase en Georgetown, Güiana. Foi fundada en 1973 polo Tratado de Chaguaramas (Trinidad e Tobago) e substituíu a Asociación Caribeña de Librecambio que fora creada en 1965.

É unha organización de 15 nacións do Caribe (principalmente do Caribe anglófono) e dependencias británicas. Os membros de pleno dereito son: Antiga e Barbuda, Barbados, Belize, Dominica, Granada, Güiana, Haití, Xamaica, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Suriname e Trinidad e Tobago (as Illas Virxes Británicas e as Illas Turks e Caicos son membros asociados). As Bahamas pertencen á Comunidade pero non ao mercado común creado no seu seo, mentres que Aruba, Colombia, Curaçao, México, Porto Rico, República Dominicana, San Martiño e Venezuela son países observadores. A sede da CARICOM atópase en Georgetown, Güiana.

A comunidade do Caribe desenvolve tres actividades principais: a cooperación económica a través do Mercado Común do Caribe, a coordinación da política exterior e a colaboración en campos como a agricultura, a industria, o transporte ou as telecomunicacións.

Os principais obxectivos da CARICOM son: promover a integración económica e a cooperación entre os seus membros, así como asegurar que os beneficios da integración se distribúan equitativamente, e coordinar a política exterior. As súas principais actividades inclúen a coordinación das políticas económicas e a planificación do desenvolvemento, a elaboración e a institución de proxectos especiais para os países menos desenvolvidos dentro da súa xurisdición; funcionar como un mercado rexional único para moitos dos seus membros (Mercado Único da CARICOM), e a resolución de conflitos comerciais rexionais.

Dende a creación da Comunidade do Caribe, o inglés é o idioma oficial da organización. A CARICOM converteuse en plurilingüe na práctica coa adición de Suriname, de fala neerlandesa, o 4 de xullo de 1995, e Haití, onde se falan francés e crioulo haitiano, o 2 de xullo de 2002.

O 5 de xullo de 2001 en Nassau, Bahamas, os Xefes de Goberno asinaron o Tratado Revisado de Chaguaramas na súa Viséxima Segunda Reunión da Conferencia, preparando así o camiño para a transformación do Mercado Común da CARICOM no Mercado e Economía Única da CARICOM. Parte do tratado revisado entre os estados membros inclúe o establecemento e a aplicación da Corte de Xustiza do Caribe.

Georgetown, sede da Comunidade do Caribe.

Precedentes históricos

[editar | editar a fonte]

A Comunidade do Caribe, que orixinalmente se chamou Comunidade do Caribe e Mercado Común, foi establecida polo Tratado de Chaguaramas, que entrou en vigor o 1 de agosto de 1973. Os catro primeiros signatarios foron Barbados, Xamaica, Güiana e Trinidad e Tobago. A CARICOM substituíu a Asociación de Libre Comercio do Caribe (CARIFTA) en funcionamento entre 1965 e 1972, que fora organizada para proporcionar un enlace económico continuo entre os países de fala inglesa do Caribe tras a disolución da Federación das Indias Occidentais, en funcionamento dende o 3 de xaneiro de 1958 ao 31 de maio de 1962.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Os obxectivos da CARICOM son:

  • A integración económica dos estados membros a través do establecemento dun réxime de Mercado Común.
  • A coordinación das políticas exteriores dos estados membros.
  • Promover a cooperación nos ámbitos educativos, culturais e industriais.

Órganos principais

[editar | editar a fonte]
  • Conferencia de Xefes de Estado
  • Consello de Ministros

Os órganos principais son asistidos por 4 consellos, 3 comisións e unha secretaría que constitúe o principal órgano administrativo.

Consellos

[editar | editar a fonte]
  • Consello de finanzas e planificación (COFAP, polas súas siglas en inglés)
  • Consello de comercio e desenvolvemento económico (COTED, polas súas siglas en inglés)
  • Consello de Relacións Internacionais (COFCOR, polas súas siglas en inglés)
  • Consello de desenvolvemento humano e social (COHSOD, polas súas siglas en inglés)
  • Comité de asuntos legais: dá asistencia legal aos órganos e comités.
  • Comité de orzamento: examina o orzamento e traballa no programa da secretaría, tamén dá recomendacións ao consello de ministros.
  • Comité banco central de gobernadores: dá recomendacións ao consello de finanzas e planificación en materia monetaria e fiscal.

Institucións derivadas

[editar | editar a fonte]

Algunhas institucións foron creadas de iure baixo os auspicios da comunidade, como é o caso do Instituto Meteorolóxico e Hidrolóxico do Caribe (CIMH, polas súas siglas en inglés), a Organización Meteorolóxica do Caribe (CMO, polas súas siglas en inglés), o Instituto de Investigación e Desenvolvemento Agrícola do Caribe (CARDI, polas súas siglas en inglés), a Organización Caribeña de Administradores de Impostos (COTA, polas súas siglas en inglés) e o Instituto para a Alimentación e a Nutrición do Caribe (CFNI, polas súas siglas en inglés). Outras institucións asociáronse formalmente coa Comunidade: o Banco de Desenvolvemento do Caribe (CDB, polas súas siglas en inglés), a Universidade de Güiana, a Universidade das Indias Occidentais e a Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS, polas súas siglas en inglés).

Estados membros

[editar | editar a fonte]
Países membros e Zonas Económicas Exclusivas da CARICOM. A superficie total do CARICOM alcanza os 2 300 297 km².

Os membros plenos na actualidade son:

Os membros asociados son:

  • Anguila (xullo de 1999) (territorio británico de ultramar).
  • Bermudas (2 de xullo de 2003) (territorio británico de ultramar).
  • Illas Caimán Illas Caimán (16 de maio de 2002) (territorio británico de ultramar).
  • Turks e Caicos (xullo de 1991) (territorio británico de ultramar).
  •  Illas Virxes Británicas (xullo de 1991) (territorio británico de ultramar).

A lingua española na Comunidade do Caribe

[editar | editar a fonte]

Aínda que a lingua inglesa é oficial na maioría dos seus membros, en 2003 a Comunidade do Caribe acordou facer do castelán o seu segundo idioma oficial e recoñeceu a necesidade de popularizalo na rexión, para o que solicitou a axuda de Cuba e da Organización de Estados Americanos. Segundo declarou o 9 de outubro dese ano a súa subsecretaria xeral, Lolita Applewhaite, os xefes de estado da comunidade tomaron esa decisión para axudar a reducir as distancias culturais e de comunicación que a separan dos seus veciños latinoamericanos.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]