Celia Recarey
Celia Recarey | |
---|---|
Nacemento | 1977 |
Lugar de nacemento | Dodro |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo e Universidade de Salamanca |
Ocupación | tradutora e editora literaria |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Celia Recarey Rendo, nada en Dodro en 1977, é unha tradutora galega.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Tradución e Interpretación na Facultade de Tradución da Universidade de Vigo, onde se licenciou. Así mesmo, fixo un máster en edición na Universidade de Salamanca.
É confundadora canda a Carlos Valdés da editorial Irmás Cartoné.[2] Traduciu ao galego dende a lingua orixinal obras de autores como Virginia Woolf, Sherwood Anderson, Jane Austen, Rudyard Kipling ou Katherine Mansfield.
Obra[editar | editar a fonte]
Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017.
- Quince relatos, de Rudyard Kipling, 2002, Ir Indo. ISBN 84-7680-411-3.
- Orlando. Unha biografía, de Virginia Woolf, 2014, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-01.
- Hadrián VII, de Frederick Rolfe, 2014, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-1-8.
- O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-3-2 (traducido xunto con Carlos Valdés García).
- Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-4-9 (traducido xunto con Carlos Valdés García).
- O gozo das damas, de Émile Zola, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-7-0.
- Ethan Frome, de Edith Wharton, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-8-7.
- Ruar. Unha aventura londiniense, de Virginia Woolf, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-5-6.
- Silas Marner. O tecelán de Raveloe, de George Eliot, 2016, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-945411-0-0.
- Persuasión, de Jane Austen, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-945411-3-1.
- Kipps, de H. G. Wells, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-945411-4-8.
- Canción de solpor, de Lewis Grassic Gibbon, 2018, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-0-8.
- A señora Dalloway, de Virginia Woolf, 2018, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-2-2.
- O conto da criada, de Margaret Atwood, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-3-9 (traducido xunto con Carlos Valdés García).
- O inferno, de Henri Barbusse, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-4-6.
- David Golder, de Irène Némirovsky, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-5-3.
- Martin Eden de Jack London, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-7-7.
- Plasticus maritimus, unha especie invasora, 2020, Kalandraka. ISBN 978-84-1343-016-4.
- O sorriso do coñecemento, 2021, Kalandraka. ISBN 978-84-1343-095-9[3]
- O Grande Hotel Babylon, Arnold Bennett, Irmás Cartoné (traducida xunto con Carlos Valdés)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Celia Recarey: “A falta de traducións fai que a cultura galega estea coxa”, entrevista en Biosbardia o 11 de maio de 2015
- ↑ «Irmás Cartoné, libros para “xente de a pé”» Arquivado 19 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 20 de xullo de 2015
- ↑ "O sorriso do coñecemento". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26.