Saltar ao contido

Cercartetus caudatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cercartetus caudatus
Pósum pigmeo de rabo longo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Superfamilia: Phalangeroidea
Familia: Burramyidae
Xénero: Cercartetus
Especie: C. caudatus
Nome binomial
Cercartetus caudatus
(Milne-Edwards, 1877)
Área de distribución de Cercartetus caudatus
Área de distribución de Cercartetus caudatus

Área de distribución de Cercartetus caudatus
Subespecies
  • Cercartetus caudatus caudatus
  • Cercartetus caudatus macrura
Sinonimia
  • Dromicia caudata Milne-Edwards, 1877

Cercartetus caudatus é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos burramíidos,[2][3] unha das catro que integran o xénero Cercartetus,[4][5] que vive na illa de Nova Guinea e nunha paquena zona do nordeste de Queensland, en Australia.[6]

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas do pósum pigmeo de rabo longo son:[7][8][9][10]

  • Os adultos teñen unha lonxitude de cabeza e tronco duns 10,6 cm. A cola é moi longa, xa que pode acadar case unha vez e media esta lonxitude, xa que pode medir entre os 12,8 e os 15,1 cm; a cola, con moi pouco pelo, é prénsil (o que lle serve ao animal para pendurase a apañar as flores e os brotes que se atopan lonxe).
  • O seu corpo é repoludo. A cor da súa pelaxe é gris ou beixe, cun cículos negros ao redos dos ollos. Estes son redondos, grandes, moi escuros e saltóns. As orellas son semellantes ás dos ratos. O marsupio ábrese cara á diante (como nos didélfidos). As súas mans, de aparencia algo humana, pero coas xemas de cada dedo presentando dous lóbulos ensanchados. O dedo polgar da man está moi desenvolvido, non remata en garra e é opoñíbel.
  • Outras características son as de teren amplas almofadas nos extremos dos dedos, e un cranio amplo, con moas cuadrituberculares e tres incisivos superiores e un incisivo inferior agrandados e porcumbentes.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

O pósum pigmeo de rabo longo encóntrase principalmente nas terras altas da illa de Nova Guinea, tanto en Papúa Nova Guinea como na parte pertencenta a Indonesia, e nunha pequena zona das terras baixas e nas selvas altas do nordeste de Queensland, entre Paluma e Cooktown, en Australia, e nas pequenas illas circundantes.[6][11][12]

Vive en selvas húmidas tropicais temperados, a altitudes de até os 3 450 m en Nova Guinea e desde o nivel do mar até o 1 600 m de altura en Australia.[11][12]

Moi poucos espécimes de Cercartetus caudatus puidéronse observar en estado salvaxe, pero se estudaron varios niños. Os seus niños son máis ou menos esféricos e están constrídos con follas de árbores ou con frondes de fieitos. As femias lactantes comparten o niño cos seus fillos, pero non con outros adultos. Tamén se encontraron varios machos compartindo un niño, así como varias femias non lactantes. Algúns niños albergan catro ou cinco animais, mentres que noutros vive só un. Con respecto aos hábitos alimentarios, os individuos desta especie xeralmente aliméntanse sos, pero tamén se viron grupos de até catro xuntos. Tamén se sabe que esta especie é arborícola e nocturna. Na época fría, C. caudatus hiberna, aparecendo ríxido e frío ao tacto, coos labios cara a atrás, sobre os dentes, parecendo que está morto. Non se sabe o significado adaptativo deste costume.[9]

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Obsesrvouse que Cercartetus caudatus en catividade come néctar e insectos, e que pode consumir pole en vez de insectos para satisfacer as súas necesidades de proteínas na natureza. A morfoloxía dentaria de C. caudatus (con molares cuadrituberculares) é consonte coa compoñente insectívora da súa dieta. Os incisivos centrais inferiores son similares en dimensión aos de Gymnobellideus leadbeateri, da familia dos petáuridos, que utiliza os seus incisivos inferiores como un escapelo ou unha gubia, o que suxiren que C. tamén utiliza os seus incisivos centrais inferiores para labrar a madeira, na busca de insectos. Aínda que non se sabe moito sobre este animal, a morfoloxía dos dentes, así como o exame do contido estomacal de varios espécimes, demostrou que o pósum pigmeo de rabo longo é predominantemente insectívoro.[13]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O pósum pigmeo de rabo longo parece reproducirse dúas veces ao ano, nacendo as crías en xaneiro e febreiro e tamén desde finais de agosto a principios de novembro. Un aumento no tamaño dos testículos dos machos observados dúas veces ao ano (presumindo que se produce nas épocas de celo) parece apoiar esta observación. A femia pare dunha a catro crías por camada e ten catro mamas para aliemntalas. O período de xestación é descoñecido, pero sábese que os xuvenís deixa a bolsa marsupial cando teñen uns 45 días de idade e pesan entre 5 e 7 g.[9]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1818 polo médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards, en C. R. Acad. Sci. Paris, 85: 1079,[2] baixo o nome de Dromicia caudata.[14][15]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Nesta especie recoñécense as dúas subespecies seguintes:[2][3]

  • Cercartetus caudatus caudatus Milne-Edwards, 1877
  • Cercartetus caudatus macrura Mjöberg, 1916

Para algús autores estas dúas subespecies deberían considerarse como especies separadas.[1]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica desde o ano 2008 o estado desta especie como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla distribución, poboación grande e estábel, á súa presenza en varias áreas protexidas e porque non hai grandes ameazas sobre ela.[1]

A maior ameaza para o pósum pigmeo de rabo longo é a destrución das selvas tropicais, o seu hábitat natural. Tamén, porque esta especie non ten presenza xeneralizada en toda Australia, calquera destrución do bosque húmido na súa área de dispersión pode ter un grande impacto na abundancia deste animal. Porén, a presenza desta especie é ampla en Nova Guinea e non parece estar en perigo alí.[12]

  1. 1,0 1,1 1,2 Aplin, K.; Dickman, C.; Salas, L.; Burnett, S. & Winter, J. (2008): Cercartetus caudatus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6 de xuño de 2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 Cercartetus caudatus en MSW.
  3. 3,0 3,1 Cercartetus caudatus (Milne-Edwards, 1877) no ITIS.
  4. Cercartetus en MSW,
  5. Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
  6. 6,0 6,1 Collins, L. R. (1973): Monotremes and Marsupials. Washington, DC: Smithsonian Institution Press.
  7. Ride, W. D. L. (1970): A Guide to the Native Mammals of Australia. 2ª ed. Melbourne, New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1955-0252-3.
  8. Walker, E. P. (1975).
  9. 9,0 9,1 9,2 Strahan, R. (1983): The Australian Museum Complete Book of Australian Mammals. Angus and Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-4454-7.
  10. Vaughan, T. A. (1986).
  11. 11,0 11,1 Flannery, T. F. (1995) The Mammals of New Guinea, 2nd edition. Reed Books, Sydney, Australia.
  12. 12,0 12,1 12,2 Maxwell, S.; Burbidge, A. A. & Morris, K. (1996): The 1996 Action Plan for Australian Marsupials and Monotremes. Australasian Marsupial and Monotreme Specialist Group, IUCN Species Survival Commission, Gland, Switzerland.
  13. Smith, A. P. (1986): "Stomach Contents of Cercartetus caudatus". Australian Mammalolgy. 9 (2).
  14. Cercartetus caudatus (Milne-Edwards, 1877) en GBIF.
  15. Cercartetus caudatus (Milne-Edwards, 1877) Arquivado 21 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]