Didélfidos
Didélfidos Didelphidae Rango fósil: cretáceo superior - actualidade | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||||||||
|
A dos didélfidos (Didelphidae) é unha familia de mamíferos marsupiais, a única con especies vivas na actualidade dentro da orde dos didelfimorfos.
Apareceron no Cretáceo superior,[1] e a familia comprende especies nativas de toda América, pero especialmente de América Central e do Sur,[2] coñecidas como sarigüeias[3] ou sarigüés.[4]
Características
[editar | editar a fonte]As sarigüeias son animais que, polo xeral, son de tamaño mediano e de hábitos tanto terrestres como arborícolas.
Distínguense polo seu longo fociño, o seu cranio oblongo, unha crista ósea que percorre lonxitudinalmente o centro do mesmo e uns dentes pouco especializados.
Excepcionalmente, entre os mamíferos que non son primates, posúen un dedo opoñíbel nas patas traseiras provisto dunha uña (non unha garra). Teñen ademais unha cola prénsil que os axuda a desprazárense nas ramas das árbores, e que é utilizada polos exemplares xuveníes para aferrárense ao corpo da nai.
Colonizan a maior parte dos ecosistemas da rexión neotropical, desde praderías e zonas arbustivas até a selva tropical, e desde o nivel do mar até os 3.000 m de altitude. Por regra xeral son polo menos parcialmente arborícolas, coa excepción da especie Chironectes minimus, de hábitos basicamente acuáticos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 308.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Didelphidae está formado, como é norma, pola unión á raíz do nome do xénero tipo da familia, Didelphis, co elemento do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di-, calco do grego δι- 'dous' e o termo do grego antigo δελφύς delphýs 'útero'.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome que lle deu Gray, e actualmente válido, a familia coñeceuse polo sinónimo Didelphidia.[5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A clasificación da familia en xéneros e especies non está terminada de aclarar, existindo algúns taxons de clasificación incerta.
Dúas das máis prestixiosas bases de datos, o MSW e o ITIS, dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:
Clasificación do MSW
[editar | editar a fonte]- Familia Didelphidae Gray, 1821 [5]
- Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
- Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900
- Xénero Caluromysiops Sanborn, 1951
- Xénero Glironia Thomas, 1912
- Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
- Xénero Chironectes Illiger, 1811
- Xénero Didelphis Linnaeus, 1758
- Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989
- Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001
- Xénero Lestodelphys Tate, 1934
- Xénero Lutreolina Thomas, 1910
- Xénero Marmosa Gray, 1821
- Xénero Marmosops Matschie, 1916
- Xénero Metachirus Burmeister, 1854
- Xénero Micoureus Lesson, 1842
- Xénero Monodelphis Burnett, 1830
- Xénero Philander Brisson, 1762
- Xénero Thylamys Gray, 1843
- Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
- Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
Clasificación do SIIT
[editar | editar a fonte]- Familia Didelphidae Gray, 1821 [6]
- Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
- Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900
- Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
- Xénero Chironectes Illiger, 1811
- Xénero Didelphis Linnaeus, 1758
- Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989
- Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001
- Xénero Lestodelphys Tate, 1934
- Xénero Lutreolina Thomas, 1910
- Xénero Marmosa Gray, 1821
- Xénero Marmosops Matschie, 1916
- Xénero Metachirus Burmeister, 1854
- Xénero Micoureus Lesson, 1842
- Xénero Monodelphis Burnett, 1830
- Xénero Philander Brisson, 1762
- Xénero Thylamys Gray, 1843
- Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003
- Subfamilia Caluromyinae Kirsch, 1977
Como vemos, entre elas só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae
Clasificación de Voss e Jansa
[editar | editar a fonte]No ano 2009, Robert S. Voss e Sharon A. Jansa reclasificaron a familia, que dividiron en 4 subfamilias, e que comprenden os seguintes xéneros:[7]
- Subfamilia Glironiinae Voss & Jansa, 2009
- Xénero Glironia Thomas, 1912 (1 especie)
- Subfamilia Caluromyinae Kirsch & Reig, 1977
- Xénero Caluromys J. A. Allen, 1900 (3 especies)
- Xénero Caluromysiops Sanborn, 1951 (1 especie)
- Subfamilia Hyladelphinae Voss & Jansa, 2009
- Xénero Hyladelphys Voss, Lunde & Simmons, 2001 (1 especie)
- Subfamilia Didelphinae Gray, 1821
- Tribo Marmosini Hershkovitz, 1992
- Xénero Marmosa Gray, 1821 (15 especies)
- Xénero Monodelphis Burnett, 1830 (22 especies)
- Xénero Tlacuatzin Voss & Jansa, 2003 (1 especie)
- Tribo Metachirini Hershkovitz, 1992
- Xénero Metachirus Burmeister, 1834 (1 especie)
- Tribo Didelphini Gray, 1821
- Xénero Chironectes Illiger, 1811 (1 especie)
- Xénero Didelphis Linnaeus, 1758 (6 especies)
- Xénero Lutreolina Thomas, 1910 (1 especie)
- Xénero Philander Brisson, 1762 (7 especies)
- Tribo Thylamyini Hershkovitz, 1992
- Xénero Chacodelphys Voss, Jansa & Gardner, 2004 (1 especie)
- Xénero Cryptonanus Voss, Lunde & Jansa, 2005 (5 especies)
- Xénero Gracilinanus Gardner & Creighton, 1989 (6 especies)
- Xénero Lestodelphys Tate, 1934 (1 especie)
- Xénero Marmosops Matschie, 1916 (15 especies)
- Xénero Thylamys Gray, 1843 (10 especies)
- Tribo Marmosini Hershkovitz, 1992
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francisco Goin; Alejandra Abello; Eduardo Bellosi; Richard Kay; Richard Madden; Alfredo Carlini (2007). "Los Metatheria sudamericanos de comienzos del Neógeno (Mioceno Temprano, Edad-mamífero Colhuehuapense). Parte I: Introducción, Didelphimorphia y Sparassodonta". Ameghiniana 44 (1): 29–71.
- ↑ BOLD Systems: Taxonomy Browser - Didelphinae {subfamily}
- ↑ sarigüeia no ILG Tesouro Informatizado da Lingua Galega.
- ↑ BUSCatermos sarigüé
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Didelphidae no MSW.
- ↑ Didelphidae Gray, 1821 no ITIS.
- ↑ R. S. Voss e S. A.Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Didélfidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Didélfidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1.
- Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8.
- Rodríguez de la Fuente, F. (1970): "Diminutos gigantes de la expansión ocológica", en Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo 8. Suramérica (Región Neotropical). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 67–77.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Family Didelphidae Gray 1821 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Didelphidae na ADW. Con abundantísima información, imaxes e abundante bibliografía (en inglés).
- Didelphidae na EOL. Con abundantísima información, imaxes e abundante bibliografía (en inglés).
- American opossums. Didelphidae en BioKIDS Critter Catalog. Con abundante información e bibliografía (en inglés).