Illescas
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
| Provincia | provincia de Toledo | ||||
| Capital | Illescas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 33.301 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 57 km² | ||||
| Altitude | 583 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Manuel Tofiño (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 45200 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 45081 | ||||
| Sitio web | illescas.es | ||||
Illescas é un municipio de Castela-A Mancha, pertencente á provincia de Toledo. En 2008 tiña 19.167 habitantes, nunha superficie de 57 km², sendo a densidade para o mesmo ano de 277,7 hab/km².
Toponimia
[editar | editar a fonte]Segundo Nieto Ballester, o topónimo Illescas podería ter orixe prerromana, de aspecto celta. Segundo García Sánchez, podería derivarse do topónimo Egelesta, nomeado por Tolomeo en Geographías Hyphégesis, segunido o proceso Egelesta > Elesta > Elesca(s) > Ilescas > Iliescas > Illescas[1].
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado na comarca de La Sagra, nunha ampla chaira. Limita ao norte cos municipios de Casarrubuelos, Cubas de la Sagra, Torrejón de la Calzada e Torrejón de Velasco (da Comunidade de Madrid), ao leste con Yeles, ao sur con Numancia de la Sagra e Yuncos, e ao oeste con Cedillo del Condado, El Viso de San Juan, Carranque e Ugena.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 1561 había 12.000 habitantes, cifra que iría diminuíndo nos séculos posteriores. A mediados do século XVIII, segundo a información que ofrece o catastro de Ensenada, Illescas converteuse nun núcleo cunha importante presenza de hidalgos e clérigos. A súa poboación en 1752 era 1.481 habitantes.
Coa chegada do século XX comezou unha lenta recuperación demográfica, que culminou nunha verdadeira explosión demográfica nos anos 60. En 1956 a súa poboación era de 2.325 habitantes e no ano 2001, de 12.234, superándose por primeira vez a cifra de poboación máxima que Illescas tivo desde o século XVI. Na actualidade é o terceiro municipio máis habitado da provincia, só por detrás de Talavera de la Reina e Toledo.
Historia
[editar | editar a fonte]Na zona atopáronse restos arqueolóxicos que testemuñan a existencia de asentamentos desde a época prehistórica. Nas escavacións realizadas no sitio de El Cerrón atopáronse os restos dun poboado celtibero, habitado entre finais do século V a. C. ao II a. C., Trala romanización, tamén estivo un tempo habitado.
Durante a época árabe construíuse un alcázar e algunhas fortificacións, tomadas en 1085 durante a reconquista de Toledo por Afonso VI de León, que ordenou a súa reconstrución. Máis tarde a poboación foi doada á diocese de Toledo, para converterse de novo en territorio reguengo en 1124.
En 1154 Afonso VII de León concedeu a carta puebla e catro anos máis tarde a vila volveu pertencer ao señorío arcebispal até 1575, en que pasou definitivamente á xurisdición real. Durante estes séculos foron frecuentes os litixios entre a vila e o cabido catedralicio.
Serviu de lugar de recreo para os reis, pero chegou a perder o favor real a causa da Guerra das Comunidades de Castela, onde o illescano Francisco de Guzmán foi capitán do exército comuneiro das compañías de Juan de Padilla.
A principios do século XIX, as tropas francesas desmantelaron un mosteiro de franciscanos descalzos.
Segundo o dicionario de Pascual Madoz, a mediados dese século o concello tiña 300 casas e o orzamento municipal ascendía a 30.000 reais, dos que 4.400 eran para pagar o secretario. A partir de entón iniciouse un lento desenvolvemento, ao que contribuíu a chegada do ferrocarril en 1876.
Na década de 1960 iniciouse a expansión do casco urbano, cun gran desenvolvemento industrial e do sector servizos.
Política e goberno
[editar | editar a fonte]| Lexislatura | Nome | Partido |
|---|---|---|
| 1979-1983 | Luis Gamboa Conde | independente |
| 1983-1987 | José Vicente Inogés Parra | PSOE |
| 1987-1991 | José Vicente Inogés Parra (14/01/1988) Carlos Gómez García |
PSOE PSOE |
| 1991-1995 | Felipe Delgado Redondo | Independente |
| 1995-1999 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
| 1999-2003 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
| 2003-2007 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
| 2007-2011 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
| 2011-2015 | Fernando Javier Cabanes Ordejón | PP |
| 2015-2019 | José Manuel Tofiño Pérez | PSOE |
| 2019-2023 | n/d | n/d |
| 2023- | n/d | n/d |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Sánchez, J. J.: Toponimia mayor de la provincia de Toledo (zonas central y oriental). Toledo, Instituto provincial de investigaciones y estudios toledanos, 2004. Pax 204 - 205. ISBN 84-95432-05-6
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.illescas.es Arquivado 11 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán).
