"Yuncler" é un topónimo mozárabe, derivado de "junko", que significa en mozárabe "xunco". En documentos dos séculos XII e XIII aparece cos nomes "Ocner", "Yunquer" e "Yuncler".
Os primeiros poboadores coñecidos son de orixe mozárabe, cando Yuncler se coñecía como Ocner, e aparece mencionado en documentos mozárabes de 1179, 1197 e 1212. Logo aparecerá mencionado nos documentos dos séculos XII e XIII, como Yunquer ou Yuncler.
Antiga casa de labor de finais do século XIX, consagrada patrimonio artístico, e restaurada conservando as súas características e fachada intactas, convertida en hotel e restaurante (Casa Grande).
Igrexa de Santa María Magdalena, tamén declarada patrimonio artístico. Xunto coa Casa Grande e a Casa do Concello, de construción moderna, configuran a Praza da Igrexa.