Yuncos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yuncos
Escudo de Yuncos (Toledo).svg
Localización
Yunclillos.png
PaísEspaña
Comunidade AutónomaCastela-A Mancha
ComarcaLa Sagra
Xeografía
Altitude551 msnm
Superficie15 km²
Demografía
Poboación9.700 hab. (2010)
Densidade646,67 hab./km²
XentilicioYunquero, ra
Yunqueño, ña.
Outros datos
Código postal45411
AlcaldeGregorio Rodríguez Martín (PP) (2011)
www.yuncos.es

Yuncos é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O termo "Yuncos" deriva do latín ivucos, xunco. Segundo informacións de 1788 chamouse anteriormente "Las Ventas de Unco", por ser unha zona onde se daban moitos xuncos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio áchase na comarca de La Sagra e linda coas poboacións de Illescas polo norte, Numancia de la Sagra polo leste, Yuncler polo sur, e Cedillo del Condado polo oeste, todas de Toledo. É un dos 122 municipios toledanos que forman parte da Denominación de Orixe queixo manchego, como tamén da de cordeiro manchego.

Historia[editar | editar a fonte]

A fundación de Yuncos é posterior á da de "Palomeque" ou "Palomequejo", un territorio adxacente a Yuncos onde se asentou o primeiro núcleo de poboación que acabou desaparecendo. Aparece citada por primeira vez a alquería de Yuncos nun documento mozárabe de venda de 1181, onde residía un home chamado Martín Raimundo, que tiña unha viña en Cobisa.

Polo ano 1488, os Reis Católicos venderon unhas terras de Yuncos e Palomequejo a Pedro de Castela e á súa dona Isabel Laso. En Yuncos por privilexio real non pagaban alcabala á Coroa. En 1634, Yuncos separouse de Toledo.

En 1789 o académico José Carnide, cita nunha das súas obras a Yuncos, referíndose así: "Se duerme en el lugar de Yuncos cuyo mesón parece que sólo se hizo para Bestias y Caleseros mas carece de toda provisión y sus camas son infelices, por esto aconsejo al que quiera hacer este viaje que procure no dormir en el camino".

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Yuncos desde 1900.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Destacan a Casa de Ciriaco e a igrexa parroquial de San Xoán Bautista, as Casas da Fidalguía do século XVIII e unha necrópole da Idade de Bronce. A igrexa de San Xoán é do século XVI. De estilo renacentista, alberga un retablo tras o altar maior que representa a degolación do santo.

Festas[editar | editar a fonte]

  • 3 de febreiro: San Brais: 3 días de festa.
  • Semana do 8 ao 14 de setembro: Virxe do Consolo (unha semana de festas). Nas festas de Yuncos existen touros (encerros e corridas), como tamén músicas e outras actividades lúdicas, como é a súa tradicional charanga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]