Ribeira da Cadaveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ribeira da Cadaveira
Leito da ribeira no Val da Cadaveira.
PaísPortugal
DesembocaduraOceáno Atlántico en São João do Estoril
Lonxitude da cadea fluvial4 km

A ribeira da Cadaveira é un pequeno curso de auga costeiro, encanado no seu treito final, que desauga na zona entre as praias da Poza e do Tamariz, en São João do Estoril.[1] Está clasificada segundo a metodoloxía do Instituto da Auga portugués como «Moi Poluída».

O étimo «cadaveira» refírese a un terreo de cádavos, palabra de orixe galega que designa os paus de toxo queimados que ficaban en pé tras unha queimada.[2]

A ribeira estaba no centro dunha dita popular na zona onde desembocaba:[2]

Cando o mar bate na Cadaveira, chove, mesmo que Deus non queira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Administração da Região Hidrográfica do Tejo e Oeste (2013). "Perfil de Água Balnear da Poça" (PDF). [Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 Correia, J. Diogo (1964). Toponímia do Concelho de Cascais (PDF). Cascais: Câmara Municipal de Cascais. p. 24–25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]