Galiza, Estoril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galiza, Estoril
Galiza, centro. 04-18 (04).jpg
Localización
LocalCascais.svg
PaísPortugal Portugal
RexiónLisboa
SubrexiónGrande Lisboa
DistritoLisboa
ConcelloCascais

Galiza é unha aldea localizada na unión das freguesías de Cascais e Estoril, no distrito e área metropolitana de Lisboa, Portugal. Pertenceu ata 1915 á freguesía de Alcabideche, sendo desanexada desta para formar a nova freguesía do Estoril. Recibe o seu nome, á semellanza doutras localidades portuguesas, por ser poboada orixinalmente por galegos. Inclúe os sitios do Monte Leite, Bairro Novo do Pinhal e Alto dos Gaios.

Limita a norte coa localidade de Pau Gordo, a nascente coa Alapraia, a sur con São João do Estoril e a poñente co Estoril. A pesar da súa antiguidade, a notoriedade e desenvolvemento de São João do Estoril levan a que, na actualidade, se inclúa xeograficamente mentres parte desta localidade.

Na aldea celebrouse, en 1957, o V Congreso do Partido Comunista Portugués, que aprobou o primeiro programa e estatutos do partido e recibiu saúdos doutros partidos comunistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]