Okondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°9′13″N 3°1′35″O / 43.15361, -3.02639

Okondo
Okondoko paisaia.jpg
Panorámica de Okondo.
Localización
Okondo en País Vasco
Okondo
Okondo
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaFlag of the Basque Country.svg País Vasco
ProvinciaÁraba
CuadrillaAiara
Xeografía
Altitude277 msnm
Superficie29,90 km²
Demografía
Poboación1.158 hab. (2014)
Densidade38,73 hab/km²
XentilicioOkondarra
Outros datos
Código postal01409
AlcaldeSergio Tato Eguren (Bildu)

Okondo é un concello da provincia de Áraba, Euskadi.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Dende a súa primeira mención escrita en 1257, este val recibiu en castelán o nome de Oquendo. Este foi o nome oficial do concello até hai pouco, xa que o castelán era a lingua da administración, aínda que a lingua falada pola xente fose o éuscaro. Segundo o INE en 1842 chamábase Uquendo e en 1857, Valle de Oquendo.

Existen menos referencias escritas sobre o seu nome en éuscaro. Estas baséanse principalmente nos escritos deixados por José Pablo de Ulibarri, que era natural da zona; en vasco, de comezos do século XIX. Ulibarri deixoi transcrito o nome en éuscaro do val baixo as formas Okondo e Ukondo. Ao longo do século XIX o éuscaro deixouse de falar en Okondo e estas formas deixaron de empregarse.Mais, en 1980, o concello decidiu recuperar a forma Okondo como nome oficial do municipio e dende que foi publicado no BOE en 1989 é o único nome do concello a tódolos efectos.

Sobre o significado etimolóxico de Okondo podería pensarse na palabra ukondo que significa cóbado en vasco, co significado de cóbado dun río, aínda que os filólogos pensan máis ben que o nome estaría derivado de oka+ondo, orixe que explicaría mellor tanto a variante castelán como unha das vascas do nome. A verba -ondo está moi estendida pola toponimia vasca e significa xunto a. Mais o significado de oka é incerto. Hai moitos lugares que teñan ese topónimo ou formen parte del. Segundo Federico Barrenengoa, especialista en toponomástica, oka significaría río. Para Alfonso Irigoyen, sería unha palabra de orixe céltica que antigamente tomou prestado o éuscaro.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: Okondo desde 1991 ata 2014

1991 1996 2001 2004 2014

705 770 876 1004 1158

Política[editar | editar a fonte]

Casa do concello.

Eleccións municipais 2011[editar | editar a fonte]

Okondoko udalbatza

Partido Concelleiro Votos[1]
Bildu
5
411 (%50,99)
OB
2
193 (%23,95)
Euzko Alderdi Jeltzalea (EAJ)
2
188 (%23,33)
Alderdi Popularra (PP)
-
12 (%1,49)
Euskadiko Alderdi Sozialista (PSE-EE(PSOE))
-
2 (%0,25)

Notas[editar | editar a fonte]