Pino del Río
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Castela e León | |||
| Provincia | provincia de Palencia | |||
| Capital | Pino del Río | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 162 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 52 km² | |||
| Altitude | 990 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Santo padrón | Pedro | |||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | José Miguel Martín Novoa | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 34110 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 34129 | |||
| Sitio web | pinodelrio.dip-palencia.es | |||
Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).
Historia
[editar | editar a fonte]Idade antiga
[editar | editar a fonte]Na localidade atopáronse restos de épocas romana e visigoda.
Fundación
[editar | editar a fonte]A fundación da propia localidade situaríase nos mediados do século IX ou os comezos do seguinte, xa que foi nese tempo cando se repobou a zona das ribeiras do río Carrión.
Toponimia
[editar | editar a fonte]No Becerro de las Presentaciones de León, que data dos séculos XIII-XVI, aparece Pinno (do latín pinnus), que designaría aos piñeiros, que noutrora puideron abundar na zona. A segunda parte do topónimo ven claramente do río Carrión.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello sitúase na comarca de Vega-Valdavia, sita ao oeste da provincia de Palencia. Está atravesado de norte a sur polo río Carrión. A capital do concello está a 990 msnm. A principal estrada é a CL-615, que a comunica as localidades de Palencia e Riaño.
Distancias ás principais localidades:
| Localidade | Distancia (km) |
|---|---|
| Saldaña (PA) | 18 |
| Guardo (PA) | 19 |
| Riaño (LE) | 55 |
| Palencia (PA) | 81 |
| Valladolid (VA) | 145 |
Demografía
[editar | editar a fonte]Hoxe no municipio viven 211 persoas (INE 2011) pero en 1950 eran 669 e en 1900 eran 592; polo que a poboación descendeu moito.
Goberno
[editar | editar a fonte]O alcalde de Pino del Río é José Miguel Martín Novoa, do PP. Nas eleccións municipais de 2011, o resultado foi o seguinte:
| Partido | Votos | Porcentaxe de voto | Escanos |
|---|---|---|---|
| PP | 88 | 54,66% | 4 |
| AIR | 39 | 24,22% | 1 |
| PSOE | 18 | 11,18% | 0 |
