Saltar ao contido

Casa Lleó Morera

Casa Lleó Morera.

A Casa Lleó Morera é un edificio modernista do arquitecto Lluís Domènech i Montaner situado no número 35 do Passeig de Gràcia de Barcelona. O proxecto foi unha encarga feita en 1902 por Francesca Morera para reformar a antiga Casa Rocamora construída en 1864. Á súa morte, no ano 1904, o seu fillo Albert Lleó i Morera continuou coas obras e deulle nome ó edificio. A obra rematou o 10 de marzo de 1905.

É un dos tres edificios feitos por grandes arquitectos modernistas -Gaudí, Puig i Cadafalch, Domènech i Montaner- que forman parte da chamada Mansana de la Discòrdia, xunto coa Casa Batlló e a Casa Amatller. A Casa Lleó i Morera é a única que conseguiu o premio do Concurs anual d'edificis artístics outorgado polo Concello de Barcelona, en concreto na edición de 1906.

Trátase dunha obra modernista que Lluís Permanyer cualificou como «un Palau de la Música Catalana a escala reducida».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]