Josep Puig i Cadafalch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Josep Puig i Cadafalch
Audouard-PuigCadafalch-0316.jpg
Nacemento 17 de outubro de 1867
  Mataró
Falecemento 23 de decembro de 1956
  Barcelona
Soterrado sen etiquetar
Nacionalidade España
Educado en ETSEIB, Universidade de Madrid, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e Universidade Politécnica de Cataluña
Ocupación arquitecto, historiador da arte, político e profesor
Pai Joan Puig i Bruguera
Nai Teresa Cadafalch i Bogunyà
Cónxuxe Àngels Macià i Monserdà
Coñecido/a por Casa Amatller, Casa de les Punxes e Casaramona
Premios doutor honoris causa, honorary doctorate of Barcelona University, doutor honoris causa, doutor honoris causa e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Josep Puig i Cadafalch, nado en Mataró (Maresme) en 1867, e finado en Barcelona en 1956, foi un arquitecto, historiador da arte e político catalán.

A súa obra máis coñecida é a Casa de les Punxes (1903-1905). Era un especialista en arte románica de fama internacional e promoveu as escavacións de Empúries.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Mataró o ano 1867. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo Renaixença. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En 1891 acabou os seus estudos de arquitectura en Barcelona. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de Barcelona, onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, implicándose en actividades catalanistas.

Discípulo de Domènech i Montaner foi o último representante do modernismo e o primeiro do Noucentisme (Novecentismo).

Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:

En 1917 foi nomeado presidente da Mancomunidade de Cataluña (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado Enric Prat de la Riba, creando durante o seu mandato escolas e institucións culturais, favorecendo a mellora das infraestruturas e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral Primo de Rivera, durante a ditadura militar, disolveu a Mancomunitat (20 de marzo de 1925) e temtou desfacer a obra realizada.

Ademais das actividades descritas, tamén desenvolveu un enorme traballo como historiador da arte, especialmente da arte románica, sobre a cal escribiría unha obra fundamental: L'arquitectura romànica a Catalunya e mais outros títulos.

Foi membro da Real Academia Catalá de Belas Artes de Sant Jordi e en 1942 foi nomeado presidente do Institut d'Estudis Catalans, o equivalente catalán das academias lingüísticas, presidencia que ocupou até a súa morte en 1956.

Principais obras[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]