Carrapucho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carrapucho

A-D Chondrus crispus; E-F Gigartina mamillosa
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Archaeplastida
División: Rhodophyta
Clase: Florideophyceae
Orde: Gigartinales
Familia: Gigartinaceae
Xénero: Chondrus
Especie: C. crispus
Nome binomial
Chondrus crispus
Stackh.
Carrapucho, cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía205 kJ (49 kcal)
12.29 g
Azucres0.61 g
Fibra alimentaria1.3 g
0.16 g
1.51 g
VitaminasCantidade
%DV
Riboflavina (B2)
39%
0.466 mg
Niacina (B3)
4%
0.593 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.176 mg
Vitamina B6
5%
0.069 mg
Ácido fólico (B9)
46%
182 μg
Vitamina C
4%
3 mg
Vitamina E
6%
0.87 mg
Vitamina K
5%
5 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
7%
72 mg
Ferro
68%
8.9 mg
Magnesio
41%
144 mg
Manganeso
18%
0.37 mg
Fósforo
22%
157 mg
Sodio
4%
61 mg
Cinc
21%
1.95 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O carrapucho[1] ou pata de galiña[1] (Chondrus crispus) é unha alga vermella (filo Rhodophyta) moi abundante, que en ocasións forma céspedes, sempre sobre superficies rochosas. Atópase en todas as costas atlánticas de Europa e Norteamérica.

Trátase dunha especie con valor económico. Aprovéitanse os polisacáridos complexos da súa mucilaxe, que forman a maior parte do seu peso logo de deshidratadas. En medicamento emprégase como emoliente e laxante, consumida en infusión. Empréganse como emulsionantes pola industria alimentaria e tamén na cociña doméstica.

Propiedades[editar | editar a fonte]

As algas córtanse a rentes do chan, lávanse con auga doce e déixanse secar ao aire libre póndose pálidas co sol. Cando o musgo está seco ponse en auga e quéntase, e desaparece nesta, e ao arrefriar calla nunha xelea.

Decocción: unha cullerada de sobremesa por cunca. Ferver cinco minutos, dúas ou tres cuncas ao día.

Para combater a tose, férvese unha onza de regalicia durante media hora nun litro de auga, cóase e ponse de novo ao lume; engádenselle cinco gramos de musgo e déixase ferver cinco minutos máis.

Para o estrinximento crónico, ponse a remollo (auga fría) media onza de musgo cortado en anaquiños. Ponse a ferver 15 gramos de ameixas nun litro de auga durante 15 minutos; quítanselle os ósos e as peles e a polpa feita papa ponse ao lume con dúas ou tres culleradas de mel e o musgo a remollo até conseguir unha xelea clara. Tomar unha boa cunca antes de deitarse ou despois das comidas se non é suficiente.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Forma recomendada no bUSCatermos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vanaclocha B, Cañigueral S. (2003). Vademécum de prescrición. Barcelona: Elsevier-Masson.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]