Regalicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regalicia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Galegeae
Xénero: Glycyrrhiza
Especie: G. glabra
Nome binomial
'Glycyrrhiza glabra'
L.
Sinonimia
  • Glycyrrhiza hirsuta
  • Glycyrrhiza echinata
  • Glycyrrhiza pallida
  • Glycyrrhiza ofocinalis
  • Glycyrrhiza lachochoevis
  • Glycyrrhiza viscosa
  • Glycyrrhiza vulgaris[1]
Glycyrrhiza glabra

A regalicia (Glycyrrhiza glabra) é unha planta da orde das fabáceas nativa da Europa mediterránea e de Asia Menor. Atópase cultivada en moitos lugares, téndose naturalizado en moitos deles en sitios húmidos, coma leitos de ríos, cavorcos, valgadas etc.

A raíz desta planta é un dos condimentos máis antigos. Ten un sabor anisado e agridoce. Úsase moito en confeitaría, sobremesas, tortas e en bebidas, como a cervexa irlandesa (Irish Guinness), tamén se fan caramelos, comprimidos e tiras de oblea de venda en farmacias e postos de lambetadas polo seu característico e agradábel sabor e polas súas propiedades para eliminar o mal alento. É un ingrediente do tabaco recendente de pipa que se caracteriza polo seu doce cheiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.