Reino de Francia (1791-1792)
| Lema | «A Nação, a Lei, o Rei (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Capital | París | ||||
| Poboación | |||||
| Lingua oficial | lingua francesa | ||||
| Relixión | Constituição Civil do Clero (pt) | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 4 de setembro de 1791 | ||||
| Disolución | 21 de setembro de 1792 | ||||
| Sucedido por | Primeira República Francesa | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | Alfortville | ||||
| • Rei | Lois XVI de Francia | ||||
| Órgano lexislativo | Asemblea Lexislativa , | ||||
| Moeda | assignat (pt) | ||||
O Reino de Francia (en francés: Royaume de France) foi un curto período de monarquía constitucional que estivo vixente en Francia desde o 3 de setembro de 1791 ata o 21 de setembro de 1792. Lois XVI dos franceses (anteriormente Lois XVI de Francia) foi o único rei dos franceses desde a creación do estado ata a súa caída. O reino dos franceses foi a primeira monarquía constitucional que estivo vixente en Francia. O predecesor deste reino foi unha monarquía absoluta. A Asemblea Lexislativa suspendeu a monarquía o 11 de agosto un día despois de que se producira o asalto ó palacio das Tullerias.[1] Esta Asemblea Lexislativa, puxo o destino da monarquía en mans da Asemblea Nacional Constituínte elixida por sufraxio universal masculino. A recentemente elixida Asemblea Nacional Constituínte aboliu a monarquía o 21 de setembro de 1792, poñendo fin a 203 anos de goberno da dinastía da Casa de Borbón en Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fraser, 454
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
