Saltar ao contido

Carlos III o Gordo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos o Gordo»)
Modelo:BiografíaCarlos III o Gordo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Charles le Gros
(de) Karl der Dicke Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento839 Editar o valor en Wikidata
Neudingen (Imperio Carolinxio) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 888 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Neudingen (Francia orientalis) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbbey of Reichenau (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca da Francia Occidental
xuño de 885 – novembro de 887
← Carlomán IIEudes I de Francia →
Rei de Francia Oriental
882 – 887
← Lois III de AlemañaArnulfo de Carintia →
Emperador carolinxio
12 de febreiro de 881 – novembro de 887 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRicarda da Suábia (862 (Gregoriano)–888 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosBernard Editar o valor en Wikidata
PaisLois o Xermánico Editar o valor en Wikidata  e Emma da Baviera Editar o valor en Wikidata
IrmánsLois III de Alemaña
Carlomán de Baviera
Hildegarda
Ermengarda de Chiemsee
Berta
Gisla
Verona
Veronus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Carolingian-190

Carlos III o Gordo, nado o 13 de xuño de 839 en Neudingen (no actual Land alemán de Baden-Württemberg) e finado na mesma cidade o 13 de xaneiro de 888, foi un nobre franco que foi rei de Italia de 879 a 888, rei da Francia Occidentalis de 885 a 888, rei da Francia Orientalis de 876 a 887, e emperador de Occidente de 881 a 887.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Imperio de Carlos III no ano 887. Comprendía os reinos da Francia Occidentalis e da Francia Orientalis, de Italia e de Borgoña.

Carlos era fillo de Lois o Xermánico, e recibiu en herdanza o reino de Xermania.

Tras a abdicación do seu irmán Carlomán de Baviera obtivo o reino de Italia.

Foi coroado emperador en 881 polo papa Xoán VIII en agradecemento pola súa axuda contra Guido de Spoleto, que estaba invadindo os Estados Pontificios.

No ano seguinte morreu o seu outro irmán, Lois III, herdando como resultado o reino da Francia Orientalis.

Ao falecer o seu primo Carlomán II, herdou tamén o reino da Francia Occidentalis. Deste xeito, o Imperio franco quedaba reunificado, aínda que por breve tempo.

Carlos tivo de facer fronte a numerosas incursións viquingas. Unha das máis importantes foi a que mantivo sitiada a cidade de París, preferindo os viquingos pactar a súa retirada a cambio de cuantiosas sumas de diñeiro, o cal desgustou a gran parte da poboación, que o considerou un monarca incapaz, covarde e despreocupado.

Durante o seu reinado estalaron rebelións por todo o Imperio. Unha das máis importantes foi a do conde de París, enormemente popular polo seu labor na defensa de dita cidade ante o ataque viquingo.

Ao non ter fillos lexítimos, tratou de nomear como sucesor un bastardo concibido por unha das súas concubinas, pero a oposición dos bispos fíxolle abandonar a idea. Carlos padecía continuamente enfermidades (probabelmente fora epiléptico) e foi deposto en 887 pola Dieta de Tribur, co que o Imperio carolinxio se disgregou para sempre. Faleceu semanas máis tarde.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Carlos casou no ano 862 co Ricarda de Suabia (ca. 840 - ca. 895). Non tiveron descendencia.

O único fillo coñecido de Carlos foi Bernardo (?- 891 ou 892), froito da súa unión cunha concubina.

Antepasados de Carlos III o Gordo

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
Lois o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lois o Xermánico
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ermengarda de Hesbaye
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos o Gordo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Welf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Emma de Altdorf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hedwiga de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Lois o Xermánico
Rei da Francia Orientalis
Xunto a Carlomán de Baviera (876–879)
e Lois II o Mozo (876—882)

876 - 882
Sucesor:
El mesmo como
Rei único da Francia Orientalis
Predecesor:
Lois II o Mozo
Rei da Francia Orientalis
882 - 887
Sucesor:
Arnulfo de Carintia
Predecesor:
Carlomán de Baviera
Rei de Italia
879[1]888[2][3][4]
Sucesor:
Berengario de Friúl
Predecesor:
Carlomán II
Rei da Francia Occidentalis
885 - 888[2][3][4]
Sucesor:
Eudes de Francia
Predecesor:
Carlos II
Emperador Occidental
881887
Sucesor:
Guido de Spoleto
  1. Gregorovius, Ferdinand (1895): History of the City of Rome in the Middle Ages. Volume 3. Reimpresión en New York: Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-01502-8.
  2. 2,0 2,1 Goldberg, Eric Joseph (2006): Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876. Ithaca and London: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-3890-5.
  3. 3,0 3,1 Reuter, Timothy (1992): The Annals of Fulda. Ninth-century Histories Volume 2 Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-3458-9.
  4. 4,0 4,1 Bower, Archibald (1754): The History of the Popes: From the Foundation of the See of Rome to the Present Time. Volume 4. Reimpresión en 1999, Elibron Classics, ISBN 978-1-4021-7184-0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ademais dos textos citados nas notas:

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]