Monumenta Germaniae Historica
Os Monumenta Germaniae Historica (frecuentemente abreviado MGH nas bibliografías e nos elencos de fontes) é unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do Imperio Romano ata o século XVI, atentamente preparadas e publicadas para o estudo da historia de Alemaña.
O instituto MHG
[editar | editar a fonte]O instituto (Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters) que xestiona a serie fundouno o político e reformista prusiano Heinrich Friedrich Karl vom Stein en 1819 en Berlín, e o primeiro volume apareceu no 1826. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar manuscritos e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, Sanctus amor patriae dat animum ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do nacionalismo romántico coa erudición.
O instituto tamén publica a revista de historia Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters (DA).
O instituto trasladouse a Múnic no ano 1949.
A serie dos presidentes é a seguinte:
- Georg Heinrich Pertz (1823-1873)
- Georg Waitz (1875-1886)
- Ernst Dümmler (1888-1902)
- Reinhold Koser (1906-1914)
- Michael Tangl (1914-1919)
- Paul Fridolin Kehr (1919-1935)
- Wilhelm Engel (1936-1937)
- Edmund Ernst Stengel (1937-1942)
- Theodor Mayer (1942-1945)
- Friedrich Baethgen (1947-1958)
- Herbert Grundmann (1958-1970)
- Horst Fuhrmann (1971-1994)
- Rudolf Schieffer (1994- )
A serie MGH
[editar | editar a fonte]A colección articúlase en cinco grandes áreas: Antiquitates, Diplomata, Epistolae, Leges e Scriptores. Tamén existe unha sección Necrologia. Abríronse tamén moitas áreas subsidiarias, mesmo unha serie de volumes máis compactos para uso escolar (Scriptores in usum scholarum) e unha serie de estudos especiais (MGH Schriften).
O proxecto, un dos meirandes esforzos colectivos de estudos históricos, continúa no século XXI. No 2004 os MGH, co apoio da Deutsche Forschungsgemeinschaft, deron un paso adiante significativo: todas as súas publicacións que se editaran había máis de cinco anos poden lerse en liña nunha reprodución fotodixital, no sitio web dos MGH.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio do MGH (en alemán).
- Sitio dixital do MGH (en alemán).