Miguel Castelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Castelo
Nacemento20 de abril de 1946
 Freás de Eiras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e cineasta
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Castelo Agra, nado en Freás de Eiras (Ramirás) o 20 de abril de 1946, é un xornalista e cineasta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Comezou no audiovisual nos anos setenta realizando curtametraxes. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou a distribuidora Rula Difusora Cultural Galega e despois a produtora Video Trama (1983). Dirixiu para TVE o primeiro programa dedicado ao cine de Galicia, Do cinema galego (1984), e colaborou en diversos espazos da TVG. Ten exercido a docencia de medios audiovisuais na ETS de Arquitectura da Coruña.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • A tola (1974), de Miguel Gato (como foto-fixa).
  • Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón (como foto-fixa)
  • Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro.
  • O herdeiro (1976), de Miguel Gato.

Como director[editar | editar a fonte]

  • O pai de Migueliño (1977).
  • Macana de dote, ché (1991).
  • O desexo (1992), adaptación do conto de Rafael Dieste "O vello que quería ver o tren".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]