Campionato de España de ciclismo en ruta de 1993

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Campionato de España de ciclismo en ruta de 1993 foi a XCII edición do Campionato de España de ciclismo en ruta, que se disputou en Vigo o 27 de xuño de 1993, cun percorrido de 259 quilómetros. Dos 105 corredores que iniciaron a carreira, só 56 lograron rematala. Tratábase dun circuíto bastante selectivo, con varias dificultades, a última delas a dez quilómetros de meta.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A carreira presentábase como un duelo entre o gran favorito e anterior campión Miguel Indurain e os bloques do CLAS e do Amaya. A proba rompeu a metade de camiño cunha escapada de 26 corredores, con homes importantes do pelotón como Pedro Delgado, Fernando Escartín ou Eduardo Chozas. O equipo Banesto deixou demasiada vantaxe á fuga, que chegou a contar con máis de cinco minutos que quedarían nun e medio na base da última ascensión. Naquel momento a fuga era un rosario de corredores, comandados por un sorprendente Ignacio García Camacho, que resistía na cabeza. Indurain lanzouse en persecución e foi superando a todos os fuxidos, excepto a García Camacho.

Finalmente na mesma liña de meta, García Camacho tivo escasos segundos de vantaxe sobre Miguel Indurain, ao que lle faltaron poucos segundos e un pouco de estratexia de equipo para revalidar a súa camisola de campión de España. Terceiro en meta foi Fernando Escartín.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

1992 << Campionato de España 1993 >> 1994
1 Ignacio García Camacho Kelme 6h 21' 15"
2 Miguel Indurain Banesto a 7"
3 Fernando Escartín CLAS m.t.
4 Santos Hernández Mapei m.t.
5 Miguel Ángel Martínez ONCE m.t.
6 Ramón González Arrieta Lotus m.t.
7 Ángel Edo Kelme a 35"
8 Herminio Díaz Zabala ONCE m.t.
9 Peio Ruiz Cabestany Gatorade m.t.
10 Jon Unzaga CLAS m.t.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 05 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]