O pobo da noite é unha antoloxía poética, publicada por Manuel Rivas no ano 1996 coa Editorial Xerais, conxuntamente cun CD onde o autor recita 12 dos poemas que contén dita obra.
Consiste nunha selección realizada polo propio Rivas da poesía publicada por el entre os anos 1980 e 1995, acompañada pola música de César Morán. Concretamente, os poemas que podemos atopar nesta obra pertencen ás seguintes obras:
Libro do Entroido (1980). O poema "Pra escarnho e mal dizer" foi Premio de Poesía Nova do Facho.